Blog

Seminarios Online sobre Aula Cesga

Os días 18 e 25 de novembro 2020 celebramos dous webminars gratuitos (seminarios online) dirixidos a usuarios noveles e avanzados da plataforma Aula Cesga, (https://aula.cesga.es) onde damos un repaso ás principais ferramentas. Mércores 18 novembro (17:00-18:00). Primeiros pasos en Aula Cesga.  Creación e xestión básica de cursos na plataforma Xestión de usuarios e roles (inscripción, estatísticas, etc.) Creación e xestión […]

Gravación de reunións ou clases por videoconferencia

Algunhas veces pode interesarnos grabar a sesión de videoconferencia / clase online que organizamos para poder facilitar o acceso a alumnado que non pode participar en vivo. Hai ferramentas de videoconferencia que xa incorporan opcións de gravación, pero noutros casos, temos que facelo empregando outros métodos. Aquí vos ensinamos algúns dos máis sinxelos para Windows ou Mac, así como para […]

Segunda competición internacional de Boats4Schools

O pasado 13 de febreiro celebrouse en Treviso, Italia, a terceira competición educativa no marco do proxecto europeo Boats4Schools. Participantes de equipos de Italia, Portugal e España (CPI O Cruce) compitiron coas súas creacións de acordo ás normas establecidas no marco do concurso, onde se valora non so o seu desempeño na auga, senon tamén moitos outros elementos, como o […]

Evento de formación e difusión do proxecto Oceans na UDC

Onte o día 8 de febreiro celebramos un evento formativo na facultade de Ciencias da Educación da UDC para difundir e debatir os desenvolvementos xurdidos do proxecto europeo OCEANS. No evento participaron mestras e mestres en formación, mestres en exercicio e profesorado especialista en tecnoloxía educativa. A xornada foi organizada xunto coa profesora e doctora Pilar Couto Cantero, da UDC, […]

II Concurso #ApuntasTech? 2020

Aberto o II Concurso #ApuntasTech? para promoción de vocación tecnolóxicas femininas O obxectivo principal do concurso #ApuntasTech? é xerar un catálogo de propostas concretas que alenten as vocacións tecnolóxicas temperás, principalmente entre as rapazas entre 10 a 15 anos (último ciclo de primaria e primeiro de secundaria). Por tanto trátase de escoitar e recoller as ideas das e dos protagonistas […]

Comeza o noso proxecto Educational Knowledge Transfer

O CESGA participa a próxima semana no lanzamento do proxecto europeo “Mellora da innovación educativa, a competitividade e a calidade da educación superior a través da colaboración entre a Universidade e as empresas. (Educational Knowledge Transfer -EKT-)”, que baixo a coordinación do Grupo de Tecnoloxía Educativa da Fac. de Educación da USC, reúne tres institucións de 7 países europeos durante […]

Xornada informativa sobre o Proxecto OCEANS

Onte celebramos unha xornada dirixida a interesados nas TIC e educación, mestres/as, educadores, etc. sobre o noso Proxecto europeo Ocean Connections. O proxecto Oceans ten como obxectivo explorar as posibilidades das ferramentas dixitais (en concreto a Realidade Virtual e Aumentada) e as pedagoxías dialóxicas e creativas para a mellora da aprendizaxe da alfabetización mariña nas aulas de primaria e secundaria. […]

Reunión de arranque do proxecto Oceans

A pasada semana traballamos en Exeter en colaboración con socios de Gran Bretaña e Dinamarca do novo proxecto “Ocean Connections: Developing Ocean Literacy through Creative Digital Pedagogies“, coordinado pola Universidade de Exeter, no que participan 9 institucións: de educación superior, acuarios e escolas de primaria e secundaria. Por parte española, o proxecto ten tres socios: o CESGA, o Aquarium Finisterrae […]

Zooniverse

Botádelle un ollo a https://www.zooniverse.org/ se estades á procura de que os vosos alumnos participen nun proxecto de ciencia cidadá a nivel global, onde tamén podedes crear o voso proxecto!