Blog

Presentamos AI Act(ing) in Adult Education no congreso ICON 2026

Hoxe presentamos en Alicante os primeiros resultados da fase de análise inicial do proxecto no marco do ICON 2026 “Congreso Internacional Educación y Conocimiento”, nunha comunicación na liña temática de Formación do Profesorado co título “Alfabetización en IA en la educación de personas adultas: Análisis de necesidades y desafíos. Proyecto AI Act(ing) in Adult Education“.

Presentamos o proxecto WRAITE nas xornadas ArteCiencia

As xornadas ArteCiencia, que rematan hoxe, foron o escenario elixido para presentar o proxecto europeo WRAITE (Writing, Art & AI for Teacher Education). Esta iniciativa busca analizar e experimentar coas posibilidades da Intelixencia Artificial Xerativa como ferramenta de apoio na educación de adultos, en concreto, na escritura creativa, promovendo un uso ético e crítico da tecnoloxía nas aulas. Neste marco, […]

O CESGA e a Investigación en Tecnoloxía Educativa no Sistema Universitario Galego:

Construíndo Redes para o Futuro da Aprendizaxe Virtual en Galicia O 11 de marzo, o CESGA acolleu a un grupo de expertas en tecnoloxía educativa das Facultades de Educación do Sistema Universitario Galego (SUG). O obxectivo era dobre: ​​abrir as nosas portas para mostrar o motor tecnolóxico que impulsa a aprendizaxe virtual en Galicia e, o máis importante, escoitar a […]

Celebrada a Reunión de Lanzamento do Proxecto Erasmus+ AAA (AI-Acting): Impulsando a IA Responsable en la Educación de Adultos

O proxecto “AI Act(ing) in Adult Education” (AAA), unha Asociación de Cooperación financiada polo programa Erasmus+, ten como obxectivo principal mellorar a alfabetización en Intelixencia Artificial (IA) entre os educadores de adultos. A iniciativa busca proporcionar aos profesionais as competencias necesarias para integrar a IA de forma responsable nos seus métodos de ensino. Con isto, AAA apoia a transformación dixital […]

Peneira presente en SIMO 25

O Centro de Innovación Educativa Dixital (CIEDIX) participou en SIMO EDUCACIÓN, a Exposición Internacional de Tecnoloxía e Innovación Educativa, celebrada do 28 ao 30 de outubro. Alí, presentou, entre outros proxectos, Peneira, a ferramenta de Ciencia Participativa creada polo CESGA. Peneira é unha ferramenta aberta e flexible deseñada por expertos en tecnoloxía educativa do departamento de aprendizaxe virtual do CESGA. […]

O CESGA, anfitrión en Santiago de Compostela da 2ª Reunión Transnacional do proxecto wrAIte

O Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) tivo a honra de acoller a segunda Reunión Transnacional de Proxecto (TPM) do proxecto europeo wrAIte os días 22, 23 e 24 de setembro de 2025. O proxecto wrAIte é unha iniciativa fundamental que busca explorar o potencial e os retos da escritura creativa asistida por Intelixencia Artificial (IA) no ámbito da educación […]

CESGA e Universidade de Vigo acollen a última xuntanza do proxecto europeo FabLabs

Do 20 ao 22 de maio de 2025, o CESGA e o centro atlanTTIC da Universidade de Vigo fomos sede da última reunión do consorcio do proxecto europeo FabLabs – Digital Fabrication Laboratories in Education, unha iniciativa Erasmus+ na que participamos desde 2022, e que promove o uso dos laboratorios de fabricación dixital como recurso innovador no ensino superior. Durante […]

Participación no FP Innova 2025

O pasado 26 de marzo, o noso departamento participou no evento PF Innova 2025, organizado pola Xunta de Galicia, un encontro centrado na innovación e internacionalización na Formación Profesional. Ás 18:45h tivo lugar a mesa redonda titulada “Innovación e Internacionalización”, na que interveu a nosa compañeira María José Rodríguez Malmierca. Durante a súa intervención, presentou o proxecto FabLabs, no que […]

Do mundo real ao virtual: Xemelgos Dixitais con Ray-Ban Meta e Gaussian Splatting

English version of this post. No laboratorio de XR do departamento de e-learning do CESGA, estivemos a explorar formas innovadoras de crear xemelgos dixitais aproveitando o material tecnolóxico recentemente adquirido. Tradicionalmente, este o proceso de creación de xemelgos dixitais requiría fotogrametría complexa, modelado 3D manual ou instrumentación específica para recoller datos físicos. Porén, os avances actuais en visión artificial e […]