Blog

Probas de campo do proxecto eInnoEduCO2

O pasado 1 de abril celebrouse o primeiro piloto de observación de campo na zona de Testal, Noia. Dous grupos de estudantes de secundaria dos institutos participantes de Outes e Noia, acompañados dos seus profesores e profesoras estiveron tomando mostras e recollendo datos sobre a situación da zostera nas diferentes zonas da marea. Durante estas probas empregouse por primeira vez […]

App para a recollida de datos de campo en ciencia escolar. Proxecto eInnoEduCO2

No proxecto europeo eInnoEduCO2, o CESGA presta o soporte tecnolóxico para o desenvolvemento de ferramentas e solucións para a mellora das propostas de ciencia escolar en contextos como o da pandemia COVID-19, onde os escenarios presenciais, remotos, a recollida de datos científicos para proxectos escolares e outras actividades que implicaran a colaboración en tempo real supoñen un reto. Así, no […]

Artigo sobre proxecto EKT na revista Sustainability

O pasado 21 de decembro publicouse un artigo científico no que participaron tanto a área de e-elearning do CESGA como o grupo de Tecnoloxía Educativa da USC na revista Sustainability, de MDPI Open Access. O título do artigo é “Adaptive Learning Supported by Learning Analytics for Student Teachers’ Personalized Training during in-School Practices” e pode ser consultado na seguintes URL: […]

Derradeira reunión do proxecto Schools21C en Barcelos

Hoxe e mañá celébrase unha reunión do consorcio do proxecto europeo Schools for 21st Century no Agrupamento Escolar de Barcelos, na que se traballarán os resultados finais do proxecto, e as actividades desenvolvidas polos centros nos catro países participantes: Italia, Lituania, Portugal e España. As actividades estaban orientadas á formación mediática do profesorado e alumnado, e supoñen a aprendizaxe e […]

Reunión de consorcio do proxecto Schools21C na USC

Onte e hoxe celébrase unha reunión do consorcio do proxecto europeo Schools for 21st Century na Facultade de Ciencias da Educación da USC na que se fará un resumo das actividades formativas desenvolvidas polos centros nos catro países participantes: Italia, Lituania, Portugal e España. As actividades estaban orientadas á formación mediática do profesorado e alumnado, e supoñen a aprendizaxe e […]

Concurso de radio escolar Schools21C

O proxecto europeo Schools21C, no que participamos dende o CESGA, que busca a mellora da competencia en medios audiviosuais do profesorado e alumnado, convoca un concurso escolar de radio para escolas de infantil, primaria e secundaria (obligatoria, bacharelato e FP). O concurso consiste na elaboración dun programa de radio (en formato podcast ou Youtube) de duración libre, e temática aberta […]

Reunión do proxecto Schools21C en Italia

Os pasados 23 e 24 de setembro, celebramos a reunión de consorcio -posposta por mor da pandemia- en Pagani, Italia, na que se revisaron os contidos e resultados dos cursos de formación para a mellora das competencias mediáticas do profesorado europeo. O CESGA realizó a presentación da APP para a autoavaliación destas competencias, basado no marco europeo de DigiCompEdu (European […]

Webinar para escolares: A supercomputación na túa vida

O Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), en colaboración coa G-Night (noite galega das persoas investigadoras https://gnight.gal/) organiza un webinar dirixido á rapaces e rapazas de 4º, 5º, e 6º de educación primaria, para introducir que son e como se aplican a Intelixencia Artificial e o Big Data, e como estas tecnoloxías impactan no noso día a día. O webinar […]

Reunión de inicio do proxecto InnoEduCO2

O 3 de xuño celébrase en Outes a reunión de inicio do proxecto europeo InnoEduCO2 “School science e-learning ONE HEALTH”, na que o CESGA participa como socio tecnolóxico, baixo a coordinación do Consello de Outes, e a participación da Fac. De Ciencias da Educación da USC. Este consorcio conta coa participación de socios europeos de Portugal, Polonia e Romanía: Universidade […]