![Probas de campo do proxecto eInnoEduCO2 Probas de campo do proxecto eInnoEduCO2](https://e-learning.cesga.es/wp-content/uploads/2022/04/PXL_20220401_081036887-1024x768.jpg)
Probas de campo do proxecto eInnoEduCO2
O pasado 1 de abril celebrouse o primeiro piloto de observación de campo na zona de Testal, Noia. Dous grupos de estudantes de secundaria dos institutos participantes de Outes e Noia, acompañados dos seus profesores e profesoras estiveron tomando mostras e recollendo datos sobre a situación da zostera nas diferentes zonas da marea.
![recollida de datos](http://e-learning.cesga.es/wp-content/uploads/2022/11/PXL_20220401_090539836-1024x768.jpg)
Durante estas probas empregouse por primeira vez a app de recollida de datos elaborada polo CESGA, que servirá para axudar no proceso de análise posterior dos mesmos.
A app permite ao profesorado participante crear proxectos de observación de datos xeolocalizados, e recoller todo tipo de información: numérica, textual, imaxes ou vídeos, etc. e asocialo a unha observación concreta de cada estudante. Despois, estes datos póndense descargar e empregar para analizar mediante ferramentas como follas de cálculo, programas de XIS, etc.