Actividades
XII Día das Rapazas nas TIC

XII Día das Rapazas nas TIC

O día 25 de abril de 2024 foi o Día Internacional das Rapazas nas TIC (International Girls in ICT Day), e como dende o 2013, celebrámolo dende o Centro de Supercomputación de Galicia con moitas actividades orientadas a rapazas e rapaces de primaria e secundaria. Este ano participaron nas actividades máis de 600 estudantes!

Neste vídeo podedes ver algunha delas, pero tedes todo o detalle na web do Día das Rapazas nas TIC.