O CESGA na Feira Cullerciencia

O día 8 de xuño participaremos cun stand na Feira científica Cullerciencia, organizada polo Club de Ciencia do CEIP Ría do Burgo, xunto con outras 50 institucións e centros educativos, para axudar na difusión da ciencia e dos proxectos e iniciativas educativas que levamos a cabo no CESGA. Haberá tamén múltiples charlas e demostracións relacionadas coas actividades de cada institución. […]

XII Día das Rapazas nas TIC

O día 25 de abril de 2024 foi o Día Internacional das Rapazas nas TIC (International Girls in ICT Day), e como dende o 2013, celebrámolo dende o Centro de Supercomputación de Galicia con moitas actividades orientadas a rapazas e rapaces de primaria e secundaria. Este ano participaron nas actividades máis de 600 estudantes! Neste vídeo podedes ver algunha delas, […]