Presentamos AI Act(ing) in Adult Education no congreso ICON 2026

Hoxe presentamos en Alicante os primeiros resultados da fase de análise inicial do proxecto no marco do ICON 2026 “Congreso Internacional Educación y Conocimiento”, nunha comunicación na liña temática de Formación do Profesorado co título “Alfabetización en IA en la educación de personas adultas: Análisis de necesidades y desafíos. Proyecto AI Act(ing) in Adult Education“.

Presentamos o proxecto WRAITE nas xornadas ArteCiencia

As xornadas ArteCiencia, que rematan hoxe, foron o escenario elixido para presentar o proxecto europeo WRAITE (Writing, Art & AI for Teacher Education). Esta iniciativa busca analizar e experimentar coas posibilidades da Intelixencia Artificial Xerativa como ferramenta de apoio na educación de adultos, en concreto, na escritura creativa, promovendo un uso ético e crítico da tecnoloxía nas aulas. Neste marco, […]

O CESGA e a Investigación en Tecnoloxía Educativa no Sistema Universitario Galego:

Construíndo Redes para o Futuro da Aprendizaxe Virtual en Galicia O 11 de marzo, o CESGA acolleu a un grupo de expertas en tecnoloxía educativa das Facultades de Educación do Sistema Universitario Galego (SUG). O obxectivo era dobre: ​​abrir as nosas portas para mostrar o motor tecnolóxico que impulsa a aprendizaxe virtual en Galicia e, o máis importante, escoitar a […]

Peneira presente en SIMO 25

O Centro de Innovación Educativa Dixital (CIEDIX) participou en SIMO EDUCACIÓN, a Exposición Internacional de Tecnoloxía e Innovación Educativa, celebrada do 28 ao 30 de outubro. Alí, presentou, entre outros proxectos, Peneira, a ferramenta de Ciencia Participativa creada polo CESGA. Peneira é unha ferramenta aberta e flexible deseñada por expertos en tecnoloxía educativa do departamento de aprendizaxe virtual do CESGA. […]

CESGA e Universidade de Vigo acollen a última xuntanza do proxecto europeo FabLabs

Do 20 ao 22 de maio de 2025, o CESGA e o centro atlanTTIC da Universidade de Vigo fomos sede da última reunión do consorcio do proxecto europeo FabLabs – Digital Fabrication Laboratories in Education, unha iniciativa Erasmus+ na que participamos desde 2022, e que promove o uso dos laboratorios de fabricación dixital como recurso innovador no ensino superior. Durante […]

Participación do CESGA en Edutec24

Nos días 20 ao 22 de novembro participamos no Congreso Internacional de Tecnoloxía Educativa Edutec24 “Tecnología Educativa para una sociedad multimodal”. No congreso presentamos dúas comunicacións, unha sobre o proxecto europeo WrAIte “Creative writing with AI. Methodologies and approaches for implementing digital and AI-assisted creative writing in adult education” así como sobre o desenvolvemento da ferramenta de e-portfolio elaborada no […]

Comeza o proxecto europeo WrAIte

En novembro de 2024 comezamos a traballar no proxecto educativo europeo WrAIte (2024-1-AT01-KA220-ADU-000255667) ” “Creative writing with AI. Methodologies and approaches for implementing digital and AI-assisted creative writing in adult education” centrado na experimentación sobre a IA xerativa e os seuspotencial como ferramenta con fins educativos na escritura creativa de adultos, cun interese específico nas súas posibilidades de mellora da […]

Peneira colabora co proxecto europeo OUT-DOOR

A vindeira semana participaremos na reunión do consorcio europeo do proxecto Erasmus Plus OUT–DOOR.Nela presentaremos a nosa ferramenta didáctica de ciencia participativa Peneira e formaremos ás investigadores/as e docentes participantes no seu uso.O día 3 está prevista unha proba piloto nas Illas Cíes para validar o seu uso e potencialidade no contexto do proxecto, que propón diferentes metodoloxías educativas para […]