O CESGA na Feira Cullerciencia
O día 8 de xuño participaremos cun stand na Feira científica Cullerciencia, organizada polo Club de Ciencia do CEIP Ría do Burgo, xunto con outras 50 institucións e centros educativos, para axudar na difusión da ciencia e dos proxectos e iniciativas educativas que levamos a cabo no CESGA. Haberá tamén múltiples charlas e demostracións relacionadas coas actividades de cada institución. […]