Reunión de consorcio do proxecto Schools21C na USC

Onte e hoxe celébrase unha reunión do consorcio do proxecto europeo Schools for 21st Century na Facultade de Ciencias da Educación da USC na que se fará un resumo das actividades formativas desenvolvidas polos centros nos catro países participantes: Italia, Lituania, Portugal e España. As actividades estaban orientadas á formación mediática do profesorado e alumnado, e supoñen a aprendizaxe e […]

Concurso de radio escolar Schools21C

O proxecto europeo Schools21C, no que participamos dende o CESGA, que busca a mellora da competencia en medios audiviosuais do profesorado e alumnado, convoca un concurso escolar de radio para escolas de infantil, primaria e secundaria (obligatoria, bacharelato e FP). O concurso consiste na elaboración dun programa de radio (en formato podcast ou Youtube) de duración libre, e temática aberta […]

Reunión do proxecto Schools21C en Italia

Os pasados 23 e 24 de setembro, celebramos a reunión de consorcio -posposta por mor da pandemia- en Pagani, Italia, na que se revisaron os contidos e resultados dos cursos de formación para a mellora das competencias mediáticas do profesorado europeo. O CESGA realizó a presentación da APP para a autoavaliación destas competencias, basado no marco europeo de DigiCompEdu (European […]

Webinar para escolares: A supercomputación na túa vida

O Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), en colaboración coa G-Night (noite galega das persoas investigadoras https://gnight.gal/) organiza un webinar dirixido á rapaces e rapazas de 4º, 5º, e 6º de educación primaria, para introducir que son e como se aplican a Intelixencia Artificial e o Big Data, e como estas tecnoloxías impactan no noso día a día. O webinar […]

Reunión de inicio do proxecto InnoEduCO2

O 3 de xuño celébrase en Outes a reunión de inicio do proxecto europeo InnoEduCO2 “School science e-learning ONE HEALTH”, na que o CESGA participa como socio tecnolóxico, baixo a coordinación do Consello de Outes, e a participación da Fac. De Ciencias da Educación da USC. Este consorcio conta coa participación de socios europeos de Portugal, Polonia e Romanía: Universidade […]

Mergullando en 360º co proxecto Ocean Connections

No marco do proxecto europeo Ocean Connections onte participamos na instalación dun biohut (unha especie de niño para protexer ás crías de especies mariñas da zona costeira) no piscinarium do acuario Finisterrae, en colaboración co acuario e co CPI O Cruce, ambos tamén socios do proxecto europeo.  O biohut compónse dun sistema de xaulas e un núcleo de pedra volcánica […]

Schools for XXI Century, formación TIC para o profesorado

O CESGA está a participar dende o fin do 2019 nun proxecto europeo liderado pola USC, para a mellora de competencias en multimedia e comunicación, que se consideran esenciais no mundo educativo do noso tempo, así como na representación de valores personais e da cidadanía. Os socios do proxecto contan, na parte española/galega coa USC (coordinación), Radio Coruña, CPI O […]

Webinar Climántica: Día da Muller e a Nena na Ciencia

O próximo 11 de febreiro de 2021, ás 16:30, a iniciativa Climántica, co apoio do CESGA, celebra o Día da Muller e da Nena na Ciencia cunha charla de Úrsula Martínez Álvarez, unha xoven graduada en Ingeniería Aeroespacial, especializada en vehículos espaciais, e participante no Campus Climántica dende os seus estudos de secundaria. Esta charla enmárcase tamén dentro do ciclo […]

Evento multiplicador do proxecto Oceans

Onte o día 24 celebramos un evento formativo na facultade de Ciencias da Educación da USC para difundir e debatir os desenvolvementos xurdidos do proxecto europeo OCEANS. No evento participaron mestras e mestres en formación, mestres en exercicio e profesorado especialista en tecnoloxía educativa. A xornada foi organizada xunto coa investigadora principal do grupo TecnoEdu da USC, a doctora Beatriz […]

Seminarios Online sobre Aula Cesga

Os días 18 e 25 de novembro 2020 celebramos dous webminars gratuitos (seminarios online) dirixidos a usuarios noveles e avanzados da plataforma Aula Cesga, (https://aula.cesga.es) onde damos un repaso ás principais ferramentas. Mércores 18 novembro (17:00-18:00). Primeiros pasos en Aula Cesga.  Creación e xestión básica de cursos na plataforma Xestión de usuarios e roles (inscripción, estatísticas, etc.) Creación e xestión […]