Blog

Reunión de Proxecto FabLabs

Os pasados días 3 ao 6 de febreiro, visitamos O Porto para participar nunha reunión do proxecto FabLabs no que participamos. O encontro celebrouse nas instalacións de CATIM, onde gozamos dun excelente ambiente de traballo e dun trato impecable por parte dos nosos anfitrións. Durante estes días, avanzamos significativamente nos diferentes aspectos do proxecto. Realizamos unha sesión de “Train the […]

Comeza o proxecto Radiography4Future

En decembro de 2024 comezamos a traballar no proxecto educativo europeo Radiography4Future (KA220-HED-815CAAB1) “Lifelong learning among radiographers on artificial intelligence”, centrado no desenvolvemento dunha serie de cursos, basados en micro-credenciais, que axuden aos radiógrafos a coñecer as novas ferramentas que a intelixencia artificial ven a aportar no seu eido de aplicación. O proxecto conta con institucións de 4 países (Dinamarca, […]

Participación do CESGA en Edutec24

Nos días 20 ao 22 de novembro participamos no Congreso Internacional de Tecnoloxía Educativa Edutec24 “Tecnología Educativa para una sociedad multimodal”. No congreso presentamos dúas comunicacións, unha sobre o proxecto europeo WrAIte “Creative writing with AI. Methodologies and approaches for implementing digital and AI-assisted creative writing in adult education” así como sobre o desenvolvemento da ferramenta de e-portfolio elaborada no […]

Comeza o proxecto europeo WrAIte

En novembro de 2024 comezamos a traballar no proxecto educativo europeo WrAIte (2024-1-AT01-KA220-ADU-000255667) ” “Creative writing with AI. Methodologies and approaches for implementing digital and AI-assisted creative writing in adult education” centrado na experimentación sobre a IA xerativa e os seuspotencial como ferramenta con fins educativos na escritura creativa de adultos, cun interese específico nas súas posibilidades de mellora da […]

Peneira colabora co proxecto europeo OUT-DOOR

A vindeira semana participaremos na reunión do consorcio europeo do proxecto Erasmus Plus OUT–DOOR.Nela presentaremos a nosa ferramenta didáctica de ciencia participativa Peneira e formaremos ás investigadores/as e docentes participantes no seu uso.O día 3 está prevista unha proba piloto nas Illas Cíes para validar o seu uso e potencialidade no contexto do proxecto, que propón diferentes metodoloxías educativas para […]

Reunión de proyecto FabLabs en Treviso

A pasada semana participamos na reunión de seguimento do proxecto FabLabs IoT en Treviso, Italia. Na mesma presentamos o borrador dos materiais de aprendizaxe desenvolvidos sobre Big Data e Intelixencia Artificial, que contan con vídeos interactivos, textos, exercicios de repaso e prácticas adaptadas para a aprendizaxe flexible, para que poidan ser empregados en diferentes situacións e modalidades: autoaprendizaxe online, reforzo […]

O CESGA na Feira Cullerciencia

O día 8 de xuño participaremos cun stand na Feira científica Cullerciencia, organizada polo Club de Ciencia do CEIP Ría do Burgo, xunto con outras 50 institucións e centros educativos, para axudar na difusión da ciencia e dos proxectos e iniciativas educativas que levamos a cabo no CESGA. Haberá tamén múltiples charlas e demostracións relacionadas coas actividades de cada institución. […]

Curso sobre Intelixencia Artificial para educación

O noso departamento está a colaborar co grupo de Tecnoloxía Educativa “TecnoEduc” da Facultade de Ciencias da Educación da USC na formación do profesorado co título Intelixencia artificial e ensino-aprendizaxe na educación superior [DPP.23T-19] Dito curso de Formación Continua do Profesorado ten como obxectivo presentar unha visión introductoria da intelixencia artificial (especialmente a xerativa) e as súas potencialidades nos procesos […]

XII Día das Rapazas nas TIC

O día 25 de abril de 2024 foi o Día Internacional das Rapazas nas TIC (International Girls in ICT Day), e como dende o 2013, celebrámolo dende o Centro de Supercomputación de Galicia con moitas actividades orientadas a rapazas e rapaces de primaria e secundaria. Este ano participaron nas actividades máis de 600 estudantes! Neste vídeo podedes ver algunha delas, […]