Proxectos E-learning
Probas de campo do proxecto eInnoEduCO2

Probas de campo do proxecto eInnoEduCO2

O pasado 1 de abril celebrouse o primeiro piloto de observación de campo na zona de Testal, Noia. Dous grupos de estudantes de secundaria dos institutos participantes de Outes e Noia, acompañados dos seus profesores e profesoras estiveron tomando mostras e recollendo datos sobre a situación da zostera nas diferentes zonas da marea.

recollida de datos

Durante estas probas empregouse por primeira vez a app de recollida de datos elaborada polo CESGA, que servirá para axudar no proceso de análise posterior dos mesmos.

A app permite ao profesorado participante crear proxectos de observación de datos xeolocalizados, e recoller todo tipo de información: numérica, textual, imaxes ou vídeos, etc. e asocialo a unha observación concreta de cada estudante. Despois, estes datos póndense descargar e empregar para analizar mediante ferramentas como follas de cálculo, programas de XIS, etc.