Blog
Xornada informativa sobre o Proxecto OCEANS

Xornada informativa sobre o Proxecto OCEANS

Onte celebramos unha xornada dirixida a interesados nas TIC e educación, mestres/as, educadores, etc. sobre o noso Proxecto europeo Ocean Connections. O proxecto Oceans ten como obxectivo explorar as posibilidades das ferramentas dixitais (en concreto a Realidade Virtual e Aumentada) e as pedagoxías dialóxicas e creativas para a mellora da aprendizaxe da alfabetización mariña nas aulas de primaria e secundaria.

Á mesma asistiron máis de 30 persoas, e estivemos presentándolles as partes principais do proxecto, as tecnoloxías a empregar nas probas piloto, e a ferramenta Oceans VR Creator que estamos a desenvolver no marco do mesmo.

A xornada foi organizada en conxunto cos nosos socios do proxecto Aquarium Finisterrae, onde se celebrou, e o CPI O Cruce.

foto 1 foto 2