E-learning Projects
Reunión de consorcio do proxecto Schools21C na USC

Reunión de consorcio do proxecto Schools21C na USC

Onte e hoxe celébrase unha reunión do consorcio do proxecto europeo Schools for 21st Century na Facultade de Ciencias da Educación da USC na que se fará un resumo das actividades formativas desenvolvidas polos centros nos catro países participantes: Italia, Lituania, Portugal e España. As actividades estaban orientadas á formación mediática do profesorado e alumnado, e supoñen a aprendizaxe e posterior creación de materiais educativos en diversos formatos e grados de interactividade con ferramentas abertas e web.