Blog
Concurso de radio escolar Schools21C

Concurso de radio escolar Schools21C

O proxecto europeo Schools21C, no que participamos dende o CESGA, que busca a mellora da competencia en medios audiviosuais do profesorado e alumnado, convoca un concurso escolar de radio para escolas de infantil, primaria e secundaria (obligatoria, bacharelato e FP).

podcast

O concurso consiste na elaboración dun programa de radio (en formato podcast ou Youtube) de duración libre, e temática aberta no caso da categoría infantil-primaria, ou sobre algún dos seguintes temas para a categoría de secundaria: cidadanía europea, habilidades ecolóxicas / obxectivos de desenvolvimiento sostible (ODS), como marco de desenvolvemento das competencias TIC, de investigación, pensamento crítico, traballo en equipa e comunicación do alumnado. O concurso consta de diversos premios por categoría.

Data límite: 1 novembro 2021

Información e envío: https://www.schools21cproject.eu/school-competition/

Animádevos a participar!

Calquera dúbida, contactade con nos en e-learning@cesga.es