Participación do CESGA en Edutec24

Nos días 20 ao 22 de novembro participamos no Congreso Internacional de Tecnoloxía Educativa Edutec24 “Tecnología Educativa para una sociedad multimodal”. No congreso presentamos dúas comunicacións, unha sobre o proxecto europeo WrAIte “Creative writing with AI. Methodologies and approaches for implementing digital and AI-assisted creative writing in adult education” así como sobre o desenvolvemento da ferramenta de e-portfolio elaborada no […]

Comeza o proxecto europeo WrAIte

En novembro de 2024 comezamos a traballar no proxecto educativo europeo WrAIte (2024-1-AT01-KA220-ADU-000255667) ” “Creative writing with AI. Methodologies and approaches for implementing digital and AI-assisted creative writing in adult education” centrado na experimentación sobre a IA xerativa e os seuspotencial como ferramenta con fins educativos na escritura creativa de adultos, cun interese específico nas súas posibilidades de mellora da […]

Peneira colabora co proxecto europeo OUT-DOOR

A vindeira semana participaremos na reunión do consorcio europeo do proxecto Erasmus Plus OUT–DOOR.Nela presentaremos a nosa ferramenta didáctica de ciencia participativa Peneira e formaremos ás investigadores/as e docentes participantes no seu uso.O día 3 está prevista unha proba piloto nas Illas Cíes para validar o seu uso e potencialidade no contexto do proxecto, que propón diferentes metodoloxías educativas para […]

O CESGA na Feira Cullerciencia

O día 8 de xuño participaremos cun stand na Feira científica Cullerciencia, organizada polo Club de Ciencia do CEIP Ría do Burgo, xunto con outras 50 institucións e centros educativos, para axudar na difusión da ciencia e dos proxectos e iniciativas educativas que levamos a cabo no CESGA. Haberá tamén múltiples charlas e demostracións relacionadas coas actividades de cada institución. […]

XII Día das Rapazas nas TIC

O día 25 de abril de 2024 foi o Día Internacional das Rapazas nas TIC (International Girls in ICT Day), e como dende o 2013, celebrámolo dende o Centro de Supercomputación de Galicia con moitas actividades orientadas a rapazas e rapaces de primaria e secundaria. Este ano participaron nas actividades máis de 600 estudantes! Neste vídeo podedes ver algunha delas, […]