boats4schools

O pasado 13 de febreiro celebrouse en Treviso, Italia, a terceira competición educativa no marco do proxecto europeo Boats4Schools.

Participantes de equipos de Italia, Portugal e España (CPI O Cruce) compitiron coas súas creacións de acordo ás normas establecidas no marco do concurso, onde se valora non so o seu desempeño na auga, senon tamén moitos outros elementos, como o proxecto feito, o equipo de traballo, a súa exposición ante o xurado, elementos artísticos, etc.

O CESGA estivo acompañando ao grupo galego, que disfrutaron e acadaron éxito a partes iguais.