Xornada informativa sobre o Proxecto OCEANS

Onte celebramos unha xornada dirixida a interesados nas TIC e educación, mestres/as, educadores, etc. sobre o noso Proxecto europeo Ocean Connections. O proxecto Oceans ten como obxectivo explorar as posibilidades das ferramentas dixitais (en concreto a Realidade Virtual e Aumentada) e as pedagoxías dialóxicas e creativas para a mellora da aprendizaxe da alfabetización mariña nas aulas de primaria e secundaria. […]

Reunión de arranque do proxecto Oceans

A pasada semana traballamos en Exeter en colaboración con socios de Gran Bretaña e Dinamarca do novo proxecto “Ocean Connections: Developing Ocean Literacy through Creative Digital Pedagogies“, coordinado pola Universidade de Exeter, no que participan 9 institucións: de educación superior, acuarios e escolas de primaria e secundaria. Por parte española, o proxecto ten tres socios: o CESGA, o Aquarium Finisterrae […]