Uncategorized
Segunda reunión transnacional do proxecto AI-Acting in Adult Education (AAA) en Atenas

Segunda reunión transnacional do proxecto AI-Acting in Adult Education (AAA) en Atenas

Os pasados 6 e 7 de outubro de 2026 celebrouse en Atenas (Grecia) a segunda xuntanza transnacional do proxecto europeo AI-Acting in Adult Education (AAA). Durante dúas xornadas de traballo conxunto, acollidas e organizadas de xeito impecable polos nosos socios de ReadLab, o consorcio do proxecto reuniuse para revisar os avances acadados, coordinar a fase actual e planificar os vindeiros fitos que abordaremos de aquí a xaneiro de 2027.

Segunda TPM do proxecto AI-Acting in Adult Education en Atenas
Socios do consorcio AI-Acting in Adult Education durante a TPM en Atenas.

No encontro participaron representantes de todas as entidades socias do consorcio: die Berater (coordinadores do proxecto), ReadLab, Syncnify, Headway, FIPL e o CESGA.


Principais focos de traballo da xuntanza

O obxectivo central desta TPM (Transnational Partner Meeting) foi aliñar as estratexias técnicas, metodolóxicas e de xestión para meirande impacto do proxecto na formación de adultos sobre Intelixencia Artificial.

1. Estado de situación e calidade (WP1 e WP2)

A primeira xornada comezou cun repaso da xestión xeral e a coordinación do proxecto a cargo de die Berater, seguido das presentacións de Syncnify sobre a garantía de calidade (WP1) e o estado da tradución e publicación dos materiais desenvolvidos no paquete de traballo WP2.

2. Co-creación e grupos focais (WP3)

Liderado por Headway, gran parte do primeiro día dedicouse ao WP3. Abordouse o cronograma de execución para os focus groups, a elaboración do informe de síntese e as dinámicas de co-creación que nos permitirán refinar as necesidades formativas do profesorado e alumnado de educación de adultos.

3. Difusión e comunicación (WP5)

Para rematar a primeira sesión, FIP e die Berater presentaron os avances nas accións de difusión, a estratexia en redes sociais, os vindeiros boletíns informativos e os preparativos para os eventos finais do proxecto.

O papel do CESGA e a construción do currículo (WP4)

A segunda xornada, celebrada o 7 de outubro, estivo plenamente orientada ao WP4, coordinado conxuntamente por ReadLab e o CESGA:

  • Deseño curricular e contidos interactivos: Definimos as liñas mestras da estrutura modular dos cursos, así como a creación de recursos interactivos adaptados ao ámbito da educación de adultos.
  • Manual para formadores e definición da plataforma: Avanzamos na elaboración do Trainer Handbook, peza clave para guiar aos educadores na implementación práctica, e acordamos as bases da infraestrutura tecnolóxica que utilizaremos para dar soporte á plataforma de aprendizaxe.

Vindeiros pasos cara a 2027

O encontro concluíu cunha sesión de planificación a cargo do equipo coordinador de die Berater, onde fixamos o calendario detallado de entregables, responsabilidades e tarefas clave para os vindeiros meses.

Agradecemos a ReadLab pola súa fantástica organización en Atenas, así como a todos os socios polo ambiente de colaboración produtiva. ¡Seguimos avanzando para integrar a IA na educación de adultos de forma accesible e rigurosa!