Blog
Curso sobre Intelixencia Artificial para educación

Curso sobre Intelixencia Artificial para educación

O noso departamento está a colaborar co grupo de Tecnoloxía Educativa “TecnoEduc” da Facultade de Ciencias da Educación da USC na formación do profesorado co título Intelixencia artificial e ensino-aprendizaxe na educación superior [DPP.23T-19]

Dito curso de Formación Continua do Profesorado ten como obxectivo presentar unha visión introductoria da intelixencia artificial (especialmente a xerativa) e as súas potencialidades nos procesos de transformación dixital da Educación Superior. Ofrécese un acercamento ao uso educativo desta tecnoloxía emerxente como recurso didáctico de apoio ao desenvolvemento de metodoloxías didácticas activas que promoven novos procesos no ensino e na aprendizaxe.

Este curso formativo desenvólvese durante os días 22 ao 31 de maio de 2024.