Inicio

O día 27 de abril de 2023 celebrarase o Día Internacional das rapazas nas TIC, e como dende o 2013 celebrarémolo dende o Centro de Supercomputación de Galicia!

Ese día teremos moitas actividades! 

Pola mañá teremos un coloquio mediante multiconferencia web na que participarán 4 profesionais galegas que traballan a diario coas tecnoloxías, que contarán, dun xeito ameno e polo miúdo oa súa traxectoria, no que traballan, e o que a tecnoloxía pode aportar en diversos campos para mellorar a vida de tod@s. Dende os centros escolares de primaria e secundaria, rapazas e rapaces poderán enviarlles  as súas preguntas e inquedanzas en directo para poder ter ese diálogo directo con elas.

Pola tarde, teremos varios obradoiros tecnolóxicos dirixidos a rapazas e rapaces de entre 10 a 16 anos no CESGA, ademáis de xogos e visitas ao noso superordenador FinisTerrae III. As plazas serán limitadas, así que non deixedes a inscripción para o último día.

Non sabedes o que é o Día Internacional das Rapazas nas TIC? É unha celebración a nivel internacional, orientada a motivar ás novas xeracións de mozas para que consideren o ámbito das TIC para o seu desenvolvemento académico, investigador e profesional.  Aquí está toda a información do movemento a nivel internacional.

Para saber máis o que é o CESGA (Centro de Supercomputación de Galicia) e a supercomputación, mira este vídeo.

Participantes do coloquio do Día das Rapazas nas TIC 2023

Este ano teremos a honra de contar coas seguintes referentes TIC galegas:

Mariamo Mussa Juane di que estudiou física por preguntona e doutoruse en física de sistemas complexos por curiosa. Ambas teimas vencéllrona a Santiago de Compostela. A palabra complexidade significa cualidade do enteiramente enredado. Unha formiga, unha papoula, un terremoto, unha nube, ou mesmo unha computadora, todos eles, son sistemas complexos. Na actualidade, traballa no CESGA. Coordina un grupo de computación cuántica, un paradigma novo da computación baseado na mecánica cuántica. Adicáse a crear algoritmos cuánticos que esixen novas maneiras de ollar. Que terá que ver a física dos sistemas complexos coa computación cuántica?
Esther Medina é a xefa de Innovación no Entorno Dixital da Corporación RTVG. Estudou Enxeñería de Telecomunicacións, fixo un máster en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións orientado a Internet na USC. Tamén é MBA e Doutora pola U. Vigo no Programa de Doutoramento en Análise Económica e Estratexia Empresarial. Defende a tecnoloxía como parte da evolución natural. É unha apaixonada do momento que estamos a vivir a nivel de transformación dixital. Durante a súa traxectoria profesional dirixiu, deseñou e executou multitude de proxectos vinculados sempre ao ámbito tecnolóxico, dixital e audiovisual. Nestes momentos, dous dos proxectos que lidera están relacionados co Big Data e coa futura OTT da Corporación RTVG.
Alba Meijide, nada na Coruña, é licenciada en Intelixencia Artificial pola Universidade de Manchester, onde posteriormente completou os seus estudos co Máster of Engineering en IA. A súa actividade laboral comezou coa coordinación e xestión no congreso internacional «Mundos Digitales», e desenvolve a súa actividade profesional como consultora e deseñadora de proxectos baseados en Intelixencia Artificial, para empresas tanto nacionais como internacionais en sectores moi variados. Estes proxectos foron compaxinados recentemente co cargo de Comisaria da exposición «AI: More than Human» na Coruña, unha exposición sen precedentes dos desenvolvementos creativos e científicos da Intelixencia Artificial, onde tamén se encargou do deseño do único desenvolvemento nacional incluído na mostra.
Carmela Troncoso é unha enxeñeira de telecomunicacións galega que, tras estudiar na Universidade de Vigo, doutorouse na universidade KU Leuven en Bélxica en Enxeñaría de Telecomunicacións. Actualmente é profesora na Escola Politécnica Federal de Lausana, Suiza, e dirixe o Laboratorio SPRING, especializado en privacidade e seguridade, na mesma universidade. Ten recibido múltiples galardóns e recoñecementos ao longo da súa carreira, como  o de Mellor docente de ciencias da computación do EPFL (2022) e a Revista Fortune incluíuna no 2020 no prestixioso grupo das 40 líderes emerxentes   polo seu papel principal na construción do sistema de rastrexo de proximidade descentralizado para preservar a privacidade ou DP-3T, que foi é a unha aplicación de rastrexo que serve para frear a propagación da enfermidade en Suíza.

Podes seguir e difundir toda a información do evento e as nosas actividades nesta web ou en:

Axenda:

Xornada de mañá

Lugar: Sala «Día das Rapazas nas TIC» por streaming dende o CESGA.

10:45 – 10:50 Benvida á encontro virtual por parte da Directora da Axencia Galega de Innovación e presidenta do  Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), Patricia Argerey Vilar.

10:50 – 11:00 Intervención da Conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, María Jesús Lorenzana Somoza.

11:00 – 11:50 Visión e experiencia de catro galegas que traballan, emprenden e investigan empregando as TIC. Modera: María José Rodríguez Malmierca, coordinadora da área de e-learning do CESGA.

11:50 – 12:30  Roldas de preguntas e dúbidas plantexadas or parte das/dos estudantes participantes conectadas/os.

12:30  Peche do coloquio.

12:30 – 13:30 Visita guiada ao superordenador Finis Terrae III e obradoiro tecnolóxico coas rapazas e rapaces presentes no CESGA.
Xornada de tarde

Lugar: Centro de Supercomputación de Galicia.

17:00 – 19:00 Obradoiros tecnolóxicos, actividades e visitas guiadas para estudantes de primaria e secundaria de 10 a 16 anos ao FinisTerrae, o Superordenador do CESGA.

A sesión da tarde será iniciada polo grupo de 5Girls4Techno, 4 mozas galegas de 1º da ESO, apaixoadas das tecnoloxías, que desenvolveron unha app para facilitar o acceso ás persoas maiores e obtiveron o galardón de mellor app europea no concurso Technovation Girls no ano 2022.

Para inscribirse:

Ambas actividades, de mañá e de tarde, requiren inscripción previa.

A actividade dos obradoiros presenciais ten un número de prazas limitado a 50 persoas.


INSCRIBIRSE NAS ACTIVIDADES DA MAÑÁ


INSCRIBIRSE NAS ACTIVIDADES DA TARDE

Organiza

Centro de Supercomputación de Galicia (dependente de GAIN e CSIC), Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e Colexio Profesional de Enxeñaría Informática (CPEIG).

Imaxe da cabeceira creada por pikisuperstar – www.freepik.es