Día Internacional das Rapazas nas TIC

Día Internacional das Rapazas nas TIC

O día 27 de abril de 2023 celebrarase o Día Internacional das rapazas nas TIC, e como dende o 2013 celebrarémolo dende o Centro de Supercomputación de Galicia!

Ese día teremos moitas actividades! 

Pola mañá teremos un coloquio mediante multiconferencia web na que participarán 4 profesionais galegas que traballan a diario coas tecnoloxías, que contarán, dun xeito ameno e polo miúdo oa súa traxectoria, no que traballan, e o que a tecnoloxía pode aportar en diversos campos para mellorar a vida de tod@s. Dende os centros escolares de primaria e secundaria, rapazas e rapaces poderán enviarlles  as súas preguntas e inquedanzas en directo para poder ter ese diálogo directo con elas.

Pola tarde, teremos varios obradoiros tecnolóxicos dirixidos a rapazas e rapaces de entre 10 a 16 anos no CESGA, ademáis de xogos e visitas ao noso superordenador FinisTerrae III. As plazas serán limitadas, así que non deixedes a inscripción para o último día.

Non sabedes o que é o Día Internacional das Rapazas nas TIC? É unha celebración a nivel internacional, orientada a motivar ás novas xeracións de mozas para que consideren o ámbito das TIC para o seu desenvolvemento académico, investigador e profesional.  Aquí está toda a información do movemento a nivel internacional.

Para saber máis o que é o CESGA (Centro de Supercomputación de Galicia) e a supercomputación, mira este vídeo.

Participantes do coloquio do Día das Rapazas nas TIC 2023

Este ano teremos a honra de contar coas seguintes referentes TIC galegas:

Mariamo Mussa Juane di que estudiou física por preguntona e doutoruse en física de sistemas complexos por curiosa. Ambas teimas vencéllrona a Santiago de Compostela. A palabra complexidade significa cualidade do enteiramente enredado. Unha formiga, unha papoula, un terremoto, unha nube, ou mesmo unha computadora, todos eles, son sistemas complexos. Na actualidade, traballa no CESGA. Coordina un grupo de computación cuántica, un paradigma novo da computación baseado na mecánica cuántica. Adicáse a crear algoritmos cuánticos que esixen novas maneiras de ollar. Que terá que ver a física dos sistemas complexos coa computación cuántica?
Esther Medina é a xefa de Innovación no Entorno Dixital da Corporación RTVG. Estudou Enxeñería de Telecomunicacións, fixo un máster en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións orientado a Internet na USC. Tamén é MBA e Doutora pola U. Vigo no Programa de Doutoramento en Análise Económica e Estratexia Empresarial. Actualmente tamén forma parte da Cátedra Afaga-Atendo Idadismo UVigo. Defende a tecnoloxía como parte da evolución natural. É unha apaixonada do momento que estamos a vivir a nivel de transformación dixital. Durante a súa traxectoria profesional dirixiu, deseñou e executou multitude de proxectos vinculados sempre ao ámbito tecnolóxico, dixital e audiovisual. Nestes momentos, dous dos proxectos que lidera están relacionados co Big Data e coa futura OTT da Corporación RTVG.
Alba Meijide, nada na Coruña, é licenciada en Intelixencia Artificial pola Universidade de Manchester, onde posteriormente completou os seus estudos co Máster of Engineering en IA. A súa actividade laboral comezou coa coordinación e xestión no congreso internacional «Mundos Digitales», e desenvolve a súa actividade profesional como consultora e deseñadora de proxectos baseados en Intelixencia Artificial, para empresas tanto nacionais como internacionais en sectores moi variados. Estes proxectos foron compaxinados recentemente co cargo de Comisaria da exposición «AI: More than Human» na Coruña, unha exposición sen precedentes dos desenvolvementos creativos e científicos da Intelixencia Artificial, onde tamén se encargou do deseño do único desenvolvemento nacional incluído na mostra.
Carmela Troncoso é unha enxeñeira de telecomunicacións galega que, tras estudiar na Universidade de Vigo, doutorouse na universidade KU Leuven en Bélxica en Enxeñaría de Telecomunicacións. Actualmente é profesora na Escola Politécnica Federal de Lausana, Suiza, e dirixe o Laboratorio SPRING, especializado en privacidade e seguridade, na mesma universidade. Ten recibido múltiples galardóns e recoñecementos ao longo da súa carreira, como  o de Mellor docente de ciencias da computación do EPFL (2022) e a Revista Fortune incluíuna no 2020 no prestixioso grupo das 40 líderes emerxentes   polo seu papel principal na construción do sistema de rastrexo de proximidade descentralizado para preservar a privacidade ou DP-3T, que foi é a unha aplicación de rastrexo que serve para frear a propagación da enfermidade en Suíza.

Podes seguir e difundir toda a información do evento e as nosas actividades nesta web ou en:

Axenda:

Xornada de mañá

10:45 – 11:00 Benvida e presentación institucional da Xornada

11:00 – 12:30 Coloquio virtual das 4 relatoras invitadas e roldas de preguntas dende os centros educativos inscritos.

12:30 – 13:30 Peche da charla virtual e visita guiada ao novo superordenador FinisTerrae III áos/ás escolares e relatoras presentes no CESGA

Xornada de tarde

17:00 – 19:00 Obradoiros presenciais sobre tecnoloxías orientados para rapazas e rapaces de 10 a 16 anos.

Para inscribirse:

Ambas actividades, de mañá e de tarde, requiren inscripción previa.

A actividade dos obradoiros presenciais ten un número de prazas limitado a 50 persoas.


INSCRIBIRSE NAS ACTIVIDADES DA MAÑÁ


INSCRIBIRSE NAS ACTIVIDADES DA TARDE

Organiza

Centro de Supercomputación de Galicia (dependente de GAIN e CSIC), Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e Colexio Profesional de Enxeñaría Informática (CPEIG).

Imaxe da cabeceira creada por pikisuperstar – www.freepik.es

{:}{:es}

El 22 de abril de 2021 será el Día Internacional de las niñas en las TIC, y ¡lo celebraremos por todo lo alto en el CESGA!

Este año lo celebraremos mediante  multiconferencia web, debido a la situación derivada de la pandemia por COVID-19. Tendremos oportunidad de conocer de cerca el trabajo y trayectoria de unas jóvenes gallegas que compartirán en primera persona lo que la tecnología les aporta en diversos campos para mejorar la vida de todos.

¿No sabes lo que es el Día  Internacional de las niñas en las TIC? Es una celebración de ámbito internacional para motivar a las nuevas generaciones de jóvenes a considerar las TIC para el desarrollo académico, investigador y profesional.  Aquí está toda la información del movimiento a nivel internacional.

Participantes

En esta edición tenemos el honor de contar con cuatro fantásticas referentes TIC gallegas:

Beatriz Paz Santalla. Ingeniera de telecomunicaciones por la Universidad de Vigo, Máster en seguridad de información y  Administración de Empresas. Co-fundadora de la empresa GDI, empresa gallega pionera en ofrecer soluciones de videoconferencia, telepresencia y movilidad. Beatriz Paz
Ana Freire es ingeniera y doctora en informática por la UDC. Actualmente es investigadora y docente en la U. Pompeu Fabra (Barcelona), onde trabaja aplicando la inteligencia Artificial a diversas necesidades sociales como la salud mental.
Es la directora del Centro de Estudios de Sostibilidad UPF y lidera Wisibilízalas, un concurso internacional para romper estereotipos de género asociados a estudios científico-tecnológicos. Cuenta con numerosos recocimientos por el impacto social de su investigación, entre los que destaca el Premio al Talento Joven Femenino Investigador, otorgado por la Fundación Real Academia das Ciencias y el premio Ada Byron, otorgado por la Universidad de Deusto.
Úrsula Martínez Álvarez. Graduada en Ingeniería Aeroespacial, finalizando o máster en Ingeniería Areonáutica, especializada en vehículos espaciales. Su trabajo se centra en proyectos sobre diseño, fabricación y ensayo de sistemas y experimentos en el espacio. Desde hace 11 anos forma parte del proyecto de educación ambiental Climántica.
Verónica Verónica Bolón Canedo. Ingeniera y doctora en Informática de la UDC. Investigadora centrada en Inteligencia Artificial, especialmente en Aprendizaje Automático para Big Data. Responsable del nodo INSPIRA STEAM en A Coruña.

Puedes seguir y difundir toda a información del evento y nuestras actividades en esta web o en:

Organizan

Centro de Supercomputación de Galicia (dependiente da GAIN e CSIC) e a Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia

Colaboran

  • Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Consellería de Educación, Universidade e FP, Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Xunta de Galicia)

  • Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia (CPEIG)

  • Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas, sección Galicia (AMIT-Gal)

  • Asociación .GAL

  • Facultade de Ciencias da Educación, Woman Emprende e Oficina de Igualdade da USC

  • Facultade de Informática da UDC

  • Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da UVigo

  • GalsTech, Hello Sisters! 

Inscribirse na xornada