Ursula

O próximo 11 de febreiro de 2021, ás 16:30, a iniciativa Climántica, co apoio do CESGA, celebra o Día da Muller e da Nena na Ciencia cunha charla de Úrsula Martínez Álvarez, unha xoven graduada en Ingeniería Aeroespacial, especializada en vehículos espaciais, e participante no Campus Climántica dende os seus estudos de secundaria. Esta charla enmárcase tamén dentro do ciclo “Sabiduría juvenil. Una salud: pandemias y cambio climático”.

Ursula

Animámosvos a participar nesta interesante charla virtual en directo co voso alumnado. Toda a información aquí (PDF) e enlace directo ao formulario de inscrición.

O Proxecto de Educación Ambiental Climántica conta co apoio da UNESCO e está activo dende 2006. Maís información, aquí: http://climantica.org/