Comeza o proxecto Radiography4Future
En decembro de 2024 comezamos a traballar no proxecto educativo europeo Radiography4Future (KA220-HED-815CAAB1) “Lifelong learning among radiographers on artificial intelligence”, centrado no desenvolvemento dunha serie de cursos, basados en micro-credenciais, que axuden aos radiógrafos a coñecer as novas ferramentas que a intelixencia artificial ven a aportar no seu eido de aplicación.
O proxecto conta con institucións de 4 países (Dinamarca, Noruega, Finlandia e España), baixo a coordinación do University College of Northern Denmark (UCN).
O CESGA ten, entre outras tarefas, a responsabilidade de deseñar e implementar a infraestructura que permita realizar os cursos online así como todo o framework de servizos que permita a emisión, almacenamento, verificación e visualización dos micro-credenciais emitidos ao alumnado do curso, de forma interoperable entre as institucións participantes.
Durante os días 29 e 30 de xaneiro, tivo lugar en Copenhague a reunión internacional de comezo do proxecto, onde puidemos coñecernos todos os socios e realizar unha primeira de sesión de traballo para establecer os primeiros pasos a dar nos distintos paquetes de traballo
Radiography4future ten unha duración de 36 meses, ata final do ano 2027.