Blog
Seminarios Aula Cesga 2022

Seminarios Aula Cesga 2022

Seminarios Aula CESGA

Os días 23 e 24 de novembro 2022 celebramos dous seminarios en formato blended-learning (mixto), con posibilidade de asistencia presencial no CESGA ou ben a través da nosa plataforma de webinars. Están dirixidos a usuarios/as noveles e avanzados da plataforma Aula Cesga, (https://aula.cesga.es) onde daremos un repaso ás principais ferramentas e funcionalidades.

Mércores 23 novembro (16:00-17:00)
Primeiros pasos en xestión de cursos Aula Cesga.

Imparte: Salvador Tabares, María José R. Malmierca.

  • Creación e xestión básica de cursos na plataforma
  • Xestión de usuarios e roles (inscripción, estatísticas, etc.)
  • Creación e xestión de contidos: Documentos, ligazóns, tests, anuncios, tarefas
  • Interacción cos usuarios: foros, chat, videoconferencias

Xoves 24 novembro (16:00-17:00)
Opcións avanzadas de Aula Cesga.

Imparte: María José R. Malmierca, Salvador Tabares.

  • Creación de leccións (itinerarios formativos)
  • Uso de grupos nun curso
  • Wikis e blogs de aula
  • Mantemento e reutilización do curso (backups, copia, eliminación…)
  • Rede Social de Aula Cesga
Aula Cesga

Estes dous webminars están dirixidas ao profesorado e administradores/as de cursos na plataforma de e-learning Aula Cesga, así como a aquelas persoas que estean interesadas en empregar Aula Cesga no futuro.

Ambas sesións teñen 50 prazas dispoñibles, para poder facer preguntas e compartir dúbidas sobre o uso de Aula Cesga con nos en directo.

Para inscribirse, por favor, cubra o formulario na web do CESGA antes do 21 de novembro indicando en cal das sesións está interesado/a en participar (ou en ambas!) e enviaremoslle as instrucións de acceso á sesión.