Reunión de inicio do proxecto InnoEduCO2
O 3 de xuño celébrase en Outes a reunión de inicio do proxecto europeo InnoEduCO2 “School science e-learning ONE HEALTH”, na que o CESGA participa como socio tecnolóxico, baixo a coordinación do Consello de Outes, e a participación da Fac. De Ciencias da Educación da USC.
Este consorcio conta coa participación de socios europeos de Portugal, Polonia e Romanía: Universidade de Aveiro (Fábrica de Ciencias Vivas) e Agrupamento de Escolas de Aveiro de Portugal, Liceo XXVI de Lodz de Polonia e a Universidade de Iasi en Romanía.
O principal obxectivo do proxecto é desenvolver un modelo pedagóxico STE(A)M – TIC que permita compensar o aumento das deficiencias da UE na educación profesional (FP) adaptando a formación telemática da época COVID-19 á necesidades curriculares de experimentación científica. A experimentación deste modelo está dirixida a estudantes do último ciclo da ESO e Bacharelato.
O CESGA colaborará no deseño dunha proposta de apoio telemático para un laboratorio escolar virtual e na súa utilización en diferentes situacións: presencial, en liña, mixta, así como na adaptación ou desenvolvemento de ferramentas de apoio para o desenvolvemento da ciencia escolar para o proxecto.