Blog
Seminarios Online sobre Aula Cesga

Seminarios Online sobre Aula Cesga

Os días 18 e 25 de novembro 2020 celebramos dous webminars gratuitos (seminarios online) dirixidos a usuarios noveles e avanzados da plataforma Aula Cesga, (https://aula.cesga.es) onde damos un repaso ás principais ferramentas.

  • Mércores 18 novembro (17:00-18:00). Primeiros pasos en Aula Cesga. 
    • Creación e xestión básica de cursos na plataforma
    • Xestión de usuarios e roles (inscripción, estatísticas, etc.)
    • Creación e xestión de contidos: Documentos, ligazóns, tests, anuncios, tarefas
    • Interacción cos usuarios: foros, chat, videoconferencias

-> Ver a grabación da sesión en diferido

  • Mércores 25 novembro (16:30-17:30). Opcións avanzadas de Aula Cesga.
    • Creación de leccións (itinerarios formativos)
    • Uso de grupos nun curso
    • Wikis e blogs de aula
    • Mantemento e reutilización do curso (backups, copia, eliminación…)
    • Rede Social de Aula Cesga

-> Ver a grabación da sesión en diferido

Estes dous webminars están dirixidas ao profesorado e administradores/as de cursos en Aula Cesga, así como a aquelas persoas que estean interesadas en empregar Aula Cesga no futuro.

Ambas sesións teñen 50 prazas dispoñibles, para poder facer preguntas e compartir dúbidas sobre o uso de Aula Cesga con nos en directo.

Para inscribirse, por favor, prema na seguinte ligazón antes do 17 de novembro indicando en cal das sesións está interesado/a en participar (ou en ambas!) e enviaremoslle as instrucións de acceso á sesión.

Formularios de inscrición nos seminarios