
Presentamos o proxecto WRAITE nas xornadas ArteCiencia
As xornadas ArteCiencia, que rematan hoxe, foron o escenario elixido para presentar o proxecto europeo WRAITE (Writing, Art & AI for Teacher Education). Esta iniciativa busca analizar e experimentar coas posibilidades da Intelixencia Artificial Xerativa como ferramenta de apoio na educación de adultos, en concreto, na escritura creativa, promovendo un uso ético e crítico da tecnoloxía nas aulas.
Neste marco, presentouse a ferramenta específica desenvolvida polo CESGA para o proxecto. Trátase dunha plataforma deseñada para proporcionar un espazo seguro e pedagóxico para a experimentación en escritura. O obxectivo é que a tecnoloxía non substitúa a creatividade humana, senón que actúe como unha ferramenta de soporte para novas formas de expresión escrita, no marco educativo da educación de adultos.
- Web oficial do proxecto: WRAITE Project
- Programa do evento: ArteCiencia 2026