Mergullando en 360º co proxecto Ocean Connections
No marco do proxecto europeo Ocean Connections onte participamos na instalación dun biohut (unha especie de niño para protexer ás crías de especies mariñas da zona costeira) no piscinarium do acuario Finisterrae, en colaboración co acuario e co CPI O Cruce, ambos tamén socios do proxecto europeo.
O biohut compónse dun sistema de xaulas e un núcleo de pedra volcánica no que se refuxian os pequenos seres vivos que chegan ao acuario dende a Bahía de A Coruña.
Unha vez instalado, poderase seguir a actividade mariña mediante a inmersión dunha cámara de 360º para capturar a actividade na súa contorna.
O alumnado participante no proxecto, tanto do CPI o Cruce, como dos centros daneses e británicos participantes, poderá observar e aprender desta experiencia. Despois tamén poderán empregar estas imaxes para xenerar esceas interactivas inmersivas en 360 graos coa ferramenta que creamos dende o CESGA no proxecto.