Schools for XXI Century, formación TIC para o profesorado
O CESGA está a participar dende o fin do 2019 nun proxecto europeo liderado pola USC, para a mellora de competencias en multimedia e comunicación, que se consideran esenciais no mundo educativo do noso tempo, así como na representación de valores personais e da cidadanía. Os socios do proxecto contan, na parte española/galega coa USC (coordinación), Radio Coruña, CPI O Cruce e o CESGA.
Neste primeiro ano de proxecto traballouse no deseño e creación de contidos dun curso piloto para o profesorado, que estase a impartir na actualidade, empregando a nosa plataforma Aula Cesga. en 5 idiomas, nos 4 do proxecto: español, portugués, lituano e italiano, máis en inglés.
O curso conta cuns 150 docentes participando no mesmo, e é impartido polos socios locais do proxecto. Os resultados do mesmo axudarán a determinar as mellores estratexias de aprendizaxe para empregar co alumnado para conseguir unha formación de calidade, de materiais e redunde en maiores logros nos estudantes.