II Concurso #ApuntasTech? 2020
Aberto o II Concurso #ApuntasTech? para promoción de vocación tecnolóxicas femininas
O obxectivo principal do concurso #ApuntasTech? é xerar un catálogo de propostas concretas que alenten as vocacións tecnolóxicas temperás, principalmente entre as rapazas entre 10 a 15 anos (último ciclo de primaria e primeiro de secundaria). Por tanto trátase de escoitar e recoller as ideas das e dos protagonistas para gozar o TIC na aula de forma transversal, variada e inclusiva. Búscanse propostas divertidas, apaixonantes, innovadoras, que fagan uso do TIC de forma creativa e transversal, tanto con software como hardware, onde o uso da tecnoloxía non sexa unicamente o seu obxectivo final, senón un medio.
O concurso conta con 4 categorías, 2 para estudantes (primaria, secundaria e bacharelato) e 2 para adultos (centros educativos e outros centros/institucións). Cada categoría conta cun premio principal e dous accésits.
Toda a información sobre o mesmo pódese obter na nosa páxina web: www.ictgogirls.eu/apuntastech
Este concurso enmárcase dentro das actividades para celebrar o VII “Día das rapazas nas TIC” (International Girls in ICT Day) o próximo 23 de abril, día no que se fará pública a decisión do xurado do concurso. Toda a información e instrucións para participar no evento está publicada en https://ictgogirls.eu/dia-rapazas-nas-tic/
A iniciativa organízase en colaboración coa Secretaría de Igualdade da Xunta de Galicia, e costa coa colaboración do Colegio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia, a Asociación de Mujeres Investigadoras y Tecnólogas – Nodo Galicia, a Asociación GAL.
de Galicia, la Asociación de Mujeres Investigadoras y Tecnólogas – Nodo Galicia, y la Asociación .GAL.