
Reunión de proyecto FabLabs en Treviso
A pasada semana participamos na reunión de seguimento do proxecto FabLabs IoT en Treviso, Italia. Na mesma presentamos o borrador dos materiais de aprendizaxe desenvolvidos sobre Big Data e Intelixencia Artificial, que contan con vídeos interactivos, textos, exercicios de repaso e prácticas adaptadas para a aprendizaxe flexible, para que poidan ser empregados en diferentes situacións e modalidades: autoaprendizaxe online, reforzo de sesións cara a cara, etc. O contido incorpora competencias técnicas específicas dun xeito moi práctico, así como soft skills, sendo elaborado tamén con perspectiva inclusiva, para facer esta proposta formativa máis atractiva a sectores que tradicionalmente non se achegan aos mesmos. En dito proxecto, dende España participamos o CESGA e a Universidade de Vigo.
Este material será validado por docentes destas especialidades e expertos de formación da Consellería de Educación da Xunta de Galicia, para despois preparar unha formación piloto, que incorporará a proposta e materiais elaborado polo resto de socios do proxecto sobre IoT básico e avanzado e Blockchain.
