Webinar para escolares: A supercomputación na túa vida
O Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), en colaboración coa G-Night (noite galega das persoas investigadoras https://gnight.gal/) organiza un webinar dirixido á rapaces e rapazas de 4º, 5º, e 6º de educación primaria, para introducir que son e como se aplican a Intelixencia Artificial e o Big Data, e como estas tecnoloxías impactan no noso día a día.
O webinar terá un formato ameno e práctico, con propostas dirixidas a facilitar a comprensión destes conceptos relativos ao uso dos supercomputadores, e contará coa participación de persoal técnico e educador do Centro de Supercomputación de Galicia.
Cando: Venres 24 de setembro de 11:00 h a 11:50 h
Para participar: so é preciso contar cunha conexión a Internet desde a aula participante, un computador con proxector/TV e sistema de son.
*(Opcionalmente, é recomendable contar cun micrófono / webcam, aínda que non é imprescindible para participar).
Enviaránselle ao profesor/a os datos da conexión e as instrucións para a participación, unha vez se rexistre na actividade.
Máis información e inscricións de centros educativos en: https://www.cesga.es/g-night-noite-galega-das-persoas-investigadoras/
Para resolver calquera dúbida contacta con nos en: e-learning@cesga.es