Blog
Reunión de arranque do proxecto Oceans

Reunión de arranque do proxecto Oceans

A pasada semana traballamos en Exeter en colaboración con socios de Gran Bretaña e Dinamarca do novo proxecto “Ocean Connections: Developing Ocean Literacy through Creative Digital Pedagogies“, coordinado pola Universidade de Exeter, no que participan 9 institucións: de educación superior, acuarios e escolas de primaria e secundaria. Por parte española, o proxecto ten tres socios: o CESGA, o Aquarium Finisterrae de Coruña, e o CPI O Cruce, de Cerceda.

Logo Ocean connections

O proxecto Oceans comezou oficialmente no pasado mes de novembro,  e estará activo ata final de xuño de 2021.

O proxecto desenvolverá:

– un informe sobre o uso de VR/AR a nivel escolar, as pedagoxías creativas na educación en ciencias, así como a alfabetización mariña na escola.

– unhas propostas prácticas de uso de ferramentas AR/VR para o ensino, vinculando tres acuarios e as escolas participantes.

– Un kit OCEANS que conteña todo o aprendido no proxecto para que outras escolas poidan traballar coas ferramentas e estratexias didácticas traballadas.

No proxecto tamén está prevista a visita de estudiantes para a avaliación de experiencias piloto de Gran Bretaña, Dinamarca e España (CPI O Cruce, Galicia).