Peneira
Proxectos de Ciencia Cidadá ao alcance da túa investigación, ou da túa escola!
Peneira (https://peneira.cesga.es) é unha robusta plataforma de software desenvolvida polo Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) na súa liña de innovación en tecnoloxía educativa da área de e-learning. Peneira ofrece un marco tecnolóxico avanzado para o desenvolvemento e implementación de proxectos de ciencia cidadá e investigación no ámbito educativo.

Esta aplicación móbil multi-plataforma destaca pola súa versatilidade e interface intuitiva, facilitando a recollida sistemática de datos de campo por parte dos participantes empregando dispositivos móbiles. A plataforma soporta diversos formatos multimedia, a xeolocalización precisa, a integración de sensores avanzados e a incorporación de información xeográfica e ambiental relevante para a análise e interpretación dos resultados.

Peneira pode ser unha ferramenta de alto valor para o profesorado interesado en integrar metodoloxías de ciencia cidadá nos seus programas educativos, desde a educación primaria en adiante. A súa interface amigable e as súas funcionalidades avanzadas permiten deseñar actividades de aprendizaxe significativas e promover a participación activa do alumnado en procesos de investigación reais usando móbiles ou incluso tablets sen conexión de datos.
Para grupos de investigación, Peneira ofrece un entorno flexible para a xestión de proxectos colaborativos e a recollida eficiente de datos (de imaxes, videos, numéricos, sonoros, ligazóns ou dende sensores externos) a grande escala, con posibilidade de recoller información precisa de sensores externos por Bluetooth, así como empregando mapas detallados (MBtiles).
Actualmente, Peneira está dispoñible en inglés, español e galego. Se quere empregar Peneira no marco dun proxecto de ciencia cidadá ou educativa, escriba ao noso correo e-learning@cesga.es para solicitar unha conta, ou ben, dende a propia interface da plataforma: https://peneira.cesga.es
