Día Internacional das Rapazas nas TIC

Girls in ICT Day 2017O próximo 27 de abril de 2017 é o Día Internacional das rapazas nas TIC, e celebrámolo por todo o alto no CESGA!

Non sabedes o que é o día das Rapazas nas TIC? É unha celebración a nivel internacional, orientada a motivar ás novas xeracións de mozas para que consideren o ámbito das TIC para o seu desenvolvemento académico, investigador e profesional.  Aquí está toda a información do movemento a nivel internacional.

Teremos un programa moi completo:

Pola mañá, ás 11:00 am celebraremos un coloquio virtual dende os centros educativos por multiconferencia con 4 destacadas galegas emprendedoras, investigadoras e tecnólogas no eido das TIC, ás que o alumnado participante dos centros galegos de secundaria poderá coñecer o seu día a día, preguntar calquera dúbida sobre este eido profesional ou as motivacións persoais que as levaron a traballar neste eido. A duración da actividade será de 1:30 horas, ata ás 12:30.

Esta charla virtual contará coa presenza e apoio das institucións que promoven a proposta: Xunta de Galicia: Secretaría Xeral de Igualdade (que presidirá o acto), GAIN, AMTEGA, Consellería de Cultura, Educación, e Ordenación Universitaria, así como o Colexio Profesional de Enseñaría en Informática de Galicia.

Participantes

  • Carmen Cotelo Queijo. Licenciada en Física pola Universidade de Santiago de Compostela. Traballa dende 1999 no Centro de Supercomputación de Galicia, onde é analista informática senior e coordina a participación do CESGA no proxecto europeo Fortissimo 2. Ten unha longa experiencia en proxectos de I+D en diferentes ámbitos como: comercio electrónico, computación de altas prestacións e grid, aplicacións científicas e soporte a empresas para a incorporación de HPC aos seus procesos.
  • Nieves R. Brisaboa. Doutora en Computación e Psicoloxía. Catedrática da área de Linguaxes e Sistemas Informáticos, creou en 1996 o Laboratorio de Bases de Datos (LBD,) declarado grupo de investigación de excelencia pola Xunta de Galicia. Foi xestora do Plan Nacional de investigación en Informática entre 2010 e 2014. Recibiu no 2016, do Colexio de Enxeñaría de Informática, o premio Ada Byron, pola promoción da Informática entre as mulleres. Impulsa tanto a investigación de excelencia como a transferencia  de tecnoloxía.
  • Alba Alonso, doutora en filoloxía inglesa e mestra, emprendedora e fundadora da empresa  RealKiddys.com, unha plataforma que promove un proxecto educativo de igualdade de xénero e coeducación sen estereotipos, elaborando material e actividades para traballar neste eido. Entre outras iniciativas, relatora no TEDxGalicia 2015.
  • María Jesús Taboada, doutora en Ciencias Físicas pola USC. Investigadora en intelixencia artificial e as súas aplicacións na medicina dende o departamento de Electrónica e Computación da USC. Dirixe o grupo de investigación KEAM (Knowledge Engineering Applied to Medicine), referente a nivel internacional no seu eido.

Para participar no evento da mañá dende o vosos centros educativos, por favor, por favor poñédevos en contacto con nos neste formulario para que vos digamos as instruccións para conectar con nos ese día. O evento terá unha duración aproximada de 1:30 horas, dende ás 11 ata as 12:30.

Pola tarde (de 5:00 a 7:00 PM), celebraremos unha xornada de portas abertas con actividades para rapazas (e rapaces!) de entre 10 a 14 anos. Ao comezo da mesma, presentarase o Movemento Code Girls Galicia, en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia e a Tech Academy.

Haberá:

Obradoiros prácticos sobre:

    • Programación básica con Scratch, LEGO, Minecraft…
    • Creación de booktrailers (trailers en vídeo sobre libros, no marco do concurso educativo de creación de Booktrailers organizado polo CPI O Cruce)
    • Creación de arte píxel-dixital
  • Demostraciones prácticas de impresión 3D, robótica, realidade aumentada, Makey-makey, etc…
  • Visitas guiadas al corazón del Superordenador Finis Terrae 2

 

Non volo perdades! As prazas son limitadas. Para inscribirse por favor cubride este formulario para darnos o nome e confirmar a praza antes do día 25 de abril. Podedes seguir toda a información do evento e das nosas actividades nesta web ou en: