Edicións pasadas Girls in ICT Day

Edicións pasadas Girls in ICT Day

Aquí temos o listado das nosas “Rapazas nas TIC” invitadas que xenerosamente compartiron a súa experiencia nas anteriores edicións do Día das Rapazas nas TIC / Día de las Chicas en las TIC / Girls in ICT Day.

ANO 2023

Mariamo Mussa Juane di que estudiou física por preguntona e doutoruse en física de sistemas complexos por curiosa. Ambas teimas vencéllrona a Santiago de Compostela. A palabra complexidade significa cualidade do enteiramente enredado. Unha formiga, unha papoula, un terremoto, unha nube, ou mesmo unha computadora, todos eles, son sistemas complexos. Na actualidade, traballa no CESGA. Coordina un grupo de computación cuántica, un paradigma novo da computación baseado na mecánica cuántica. Adicáse a crear algoritmos cuánticos que esixen novas maneiras de ollar. Que terá que ver a física dos sistemas complexos coa computación cuántica?

Esther Medina é xefa de Innovación na Contorna Dixital da Corporación RTVG. Estudiou Enxeñaría de Telecomunicacións, fixo un máster en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións orientado a Internet na USC. También é MBA e Doutora pola U. Vigo no Programa de Doutoramento en Análisis Económico e Estratexia Empresarial.

Alba Meijide, nada na Coruña, é licenciada en Intelixencia Artificial pola Universidade de Manchester, onde posteriormente completou os seus estudos co Máster of Engineering en IA. A súa actividade laboral comezou coa coordinación e xestión no congreso internacional “Mundos Digitales”, e desenvolve a súa actividade profesional como consultora e deseñadora de proxectos baseados en Intelixencia Artificial, para empresas tanto nacionais como internacionais en sectores moi variados. Estes proxectos foron compaxinados recentemente co cargo de Comisaria da exposición “AI: More than Human” na Coruña, unha exposición sen precedentes dos desenvolvementos creativos e científicos da Intelixencia Artificial, onde tamén se encargou do deseño do único desenvolvemento nacional incluído na mostra.

Carmela Troncoso é unha enxeñeira de telecomunicacións galega que, tras estudiar na Universidade de Vigo, doutorouse na universidade KU Leuven en Bélxica en Enxeñaría de Telecomunicacións. Actualmente é profesora na Escola Politécnica Federal de Lausana, Suiza, e dirixe o Laboratorio SPRING, especializado en privacidade e seguridade, na mesma universidade. Ten recibido múltiples galardóns e recoñecementos ao longo da súa carreira, como  o de Mellor docente de ciencias da computación do EPFL (2022) e a Revista Fortune incluíuna no 2020 no prestixioso grupo das 40 líderes emerxentes   polo seu papel principal na construción do sistema de rastrexo de proximidade descentralizado para preservar a privacidade ou DP-3T, que foi é a unha aplicación de rastrexo que serve para frear a propagación da enfermidade en Suíza.

Retransmisión da charla: https://www.youtube.com/watch?v=Wq9JwROWl6w

ANO 2022

Laura

Laura Martínez Calvo é unha licenciada en Farmacia pola USC, Máster en Investigación Biomédica e Doutora en Medicina Molecular cun traballo sobre técnicas xeoestadísticas no estudo de enfermidades complexas, en colaboración coa Harvard Medical School (Boston). Investigadora da Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (FIDIS) no eido da xenética en cancro e enfermidades raras, incorporouse como Técnica Superior de Proxecto á iniciativa ‘EuroCC: National Competence Centres in the Framework of EuroHPC’ no Centro Supercomputación de Galicia (CESGA).

Edita de Lorenzo. Profesora Titular do Departamento de Teoría do Sinal e Comunicacións de UVigo. Foi a primeira directora dunha escola de enxeñaría de Galicia, a de Telecomunicación da Uvigo. Ademais é Vicedecana do Colexio de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG) e Vicepresidenta da Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG) , Secretaria da Xunta Directiva da Asociación PuntoGal, participa na Unidade de Muller e Ciencia de Galicia, e no Comité de Sabias da Cátedra de Feminismos 4.0 da Uvigo. Tamén é cofundadora da sección española do WIE (Women in Engineering), que forma parte do IEEE.

Dhaunae

Dhaunae de Vir é oriúnda dos Ancares, pero actualmente reside en Bruxelas traballando como desenvolvedora de negocio de proxectos transmedia para unha empresa de videoxogos. É especialista en esports e conta cun Máster en Xestión e Marketing de Esports pola Universidade Europeia de Lisboa. É deseñadora de futuros certificada polo Institute for the Future de Palo Alto. Está titulada en Intelixencia Artificial pola Universidade de Oxford e en Transformación Dixital polo MIT. Amais de ser embaixadora das asociacións WomenTech Network e Women in Games, está a preparar a súa tese de Intelixencia Artificial para o Máster de Xestión Tecnolóxica da Open University.

Lucía

Lucía Ardao Rodríguez é Licenciada en Informática e Máster en Telemática pola Universidade da Coruña, programa de Alta Dirección AMP da IE Business e programa Executiva da Xunta de Galicia. A súa traxectoria profesional está vinculada a empresas do sector das Tecnoloxías da Información e as Telecomunicacións, desde spin-offs a empresas de software e consultoras, ocupando distintos postos de Dirección Rexional e Corporativa, de Unidades de Negocio e Operacións. Actualmente é Directora de Galicia e Directora de Operacións do Mercado Global de Industria e Consumo en Minsait (Indra). Premiada polo Colexio Oficial de Enxeñaría Informática de Galicia (CPEIG) pola súa traxectoria profesional.

Retransmisión da charla: https://www.youtube.com/watch?v=8fPtE8u2HNo

ANO 2021

Beatriz Paz Santalla. Enxeñeira de telecomunicacións pola Universidade de Vigo, Máster en seguridade da información e Administración de Empresas. Co-fundadora da empresa GDI, empresa galega pioneira en ofrecer solucións de videoconferencia, telepresencia e movilidade.

Ana Freire é enxeñeira e doutora en informática pola UDC. Actualmente é investigadora e docente na Universitat Pompeu Fabra (Barcelona), onde traballa aplicando a Intelixencia Artificial a diversas necesidades sociais como a saúde mental.
É directora do Centro de Estudos de Sostibilidade UPF e e lidera Wisibilízalas, un concurso internacional para romper estereotipos de xénero asociados a estudos científico-tecnolóxicos. Recibiu numerosos recoñecementos polo impacto social da súa investigación, entre os que destaca o Premio ao Talento Xove Feminino Investigador, outorgado pola Fundación Real Academia das Ciencias e o premio Ada Byron, outorgado pola Universidad de Deusto.

Úrsula Martínez Álvarez. Graduada en Enxeñaría Aeroespacial, finalizando o máster en Enxeñaría Areonáutica, especializada en vehículos espaciais. O seu traballo céntrase en proxectos sobre deseño, fabricación e ensayo de sistemas y experimentos no espazo. Dende fai 11 anos forma parte do proxecto de educación ambiental Climántica.

Verónica

Verónica Bolón Canedo. Doutora en Informática da UDC. Investigadora centrada en Intelixencia Artificial, especialmente en Aprendizaxe Automática para Big Data. Responsable do nodo INSPIRA STEAM en A Coruña.

Aquí puedes ver el coloquio en Youtube

ANO 2020

Este ano contamos con:

Amparo Alonso Betanzos é catedrática de C. Computación e Intelixencia Artificial da Facultade de Informática daUDC e presidenta de AEPIA (Asoc. Española para la Inteligencia Artificial). Dirixe o grupo LIDIA (Laboratorio I+D en Intel. Artif.) que ten obtido premios aos seus traballos en Intelixencia Artificial aplicada.

Isabel

Isabel Expósito Pérez é enxeñeira en Telecomunicacións da Universidade de Vigo, na especialidade de comunicacións radio. Traballa como técnica do laboratorio Antelia, que pertence ao grupo de investigación Sistemas Radio, recoñecido como grupo de referencia Competitiva pola Xunta de Galicia. O grupo Sistemas Radio é un dos grupos que conforman o centro AtlantTIC. O Centro AtlantTIC é un centro de referencia a nivel internacional de investigación en Telecomunicaciones da Universidade de Vigo.

María Fernández Hermida é unha artista dixital galega da industria dos videoxogos. Traballou no Estudio Gato Salvaje traballando na creación de contornas 3D e guións para xogos. Dende hay 3 anos é una “Women in Games Ambassador”, unha organización que promociona os videoxogos como carreira para as mulleres, organizando charlas e paneles e apoiando ás mulleres na industria.

Patricia

Patricia Mañana Borrazás é arqueóloga, coordinadora de proxectos en DIMENSO e profesora de cursos sobre Tecnoloxías Dixitais de Documentación Xeométrica y Representación do Patrimonio no CSIC. Ten máis de 20 anos de experiencia en excavaciones arqueolóxicas, nas que leva dende hai 10 anos aplicando Novas tecnoloxías aplicadas á documentación do patrimonio, como fotogrametría e escáneres de múltiples tipos, 3D, EstaciónsTotais, GPS, Escáner de Luz Estructurada, Láseres de rango corto e terrestre, etc.

ANO 2019

As participantes do coloquio cos centros foron:

Pilar Vila Avendaño. Enxeñeira informática, analista forense e perito xudicial informático. É CEO da empresa forensic-security.com, experta en ciberseguridade e forma parte da directiva do Colexio Oficial de Enxeñaría Informática de Galicia (CPEIG).

Sonia Valladares Rodríguez. Enxeñeira en telecomunicacións, investigadora en biotecnoloxía, especialmente na aplicación de Machine Learning, TICs e técnicas de ludificación na detección precoz do deterioro cognitivo.

Mercedes García Rodríguez. Traductora, desenvolvedora de software, co-organizadora de GalsTech. R&D Manager en 1Millionbot, empresa de desenvolvemento de chatbots conversacionais. https://1millionbot.com/ É unha das tres Google Developer Experts de Galicia e a primeira muller.

Berta Caro.
Licenciada en Publicidad e Relacións Públicas pola Universidade Complutense de Madrid. Directora de Desenvolvemento Corporativo e Responsabilidade Social Corporativa de Tecalis, empresa TIC localizada en Ames. Alí fomenta a cultura empresarial socialmente responsable, colaborativa, onde as persoas son o eixe que sustenta o crecimento da empresa. Neste posto  ten recibido diferentes premios e reconoñecementos.

Aquí tedes o vídeo da sesión no noso canle de Youtube

ANO 2018

As participantes do coloquio cos centros foron:

AnaCidre

Ana Cidre é unha Women Techmaker Lead de Google, organizadora da GDG Vigo e fundadora do grupo GalsTech. Desarrolladora de software especializada en Angular.

MJ Durán

María José Durán é enxeñeira informática e fundadora da tenda online Potingues Verdes (http://potinguesverdes.com/)

Cecilia Grela

Cecilia Grela é enxeñeira informática, máster en Consultoría en Software Libre e desarrolladora de software en proxectos de I+D+i (entre outros ICT-Go-Girls!) e formadora en TIC.

SusanaRey

Susana Rey é enxeñeira en telecomunicacións, máster en Seguridad de la Información. É Delegada de Protección de Datos do Grupo Euskaltel (Euskaltel, Telecable, R)

Aquí tedes o vídeo da sesión no noso canle de Youtube

ANO 2017

Carmen Cotelo Queijo. Licenciada en Física pola Universidade de Santiago de Compostela. Traballa dende 1999 no Centro de Supercomputación de Galicia, onde é analista informática senior e coordina a participación do CESGA no proxecto europeo Fortissimo 2. Ten unha longa experiencia en proxectos de I+D en diferentes ámbitos como: comercio electrónico, computación de altas prestacións e grid, aplicacións científicas e soporte a empresas para a incorporación de HPC aos seus procesos.

Nieves R. Brisaboa. Doutora en Computación e Psicoloxía. Catedrática da área de Linguaxes e Sistemas Informáticos, creou en 1996 o Laboratorio de Bases de Datos (LBD,) declarado grupo de investigación de excelencia pola Xunta de Galicia. Foi xestora do Plan Nacional de investigación en Informática entre 2010 e 2014. Recibiu no 2016, do Colexio de Enxeñaría de Informática, o premio Ada Byron, pola promoción da Informática entre as mulleres. Impulsa tanto a investigación de excelencia como a transferencia  de tecnoloxía.

Alba Alonso, doutora en filoloxía inglesa e mestra, emprendedora e fundadora da empresa  RealKiddys.com, unha plataforma que promove un proxecto educativo de igualdade de xénero e coeducación sen estereotipos, elaborando material e actividades para traballar neste eido. Entre outras iniciativas, relatora no TEDxGalicia 2015.

María Jesús Taboada, doutora en Ciencias Físicas pola USC. Investigadora en intelixencia artificial e as súas aplicacións na medicina dende o departamento de Electrónica e Computación da USC. Dirixe o grupo de investigación KEAM (Knowledge Engineering Applied to Medicine), referente a nivel internacional no seu eido.

Vídeo da sesión en http://videocenter.cesga.es/videos/video/3674/

ANO 2016

As participantes no coloquio por videoconferencia foron:

Natalia Costas Lago, enxeñeira en telecomunicaciones e máster en seguridade da información, xestiona a Rede de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia (RECETGA) e os servizos de rede do Centro de Supercomputación de Galicia (http://www.cesga.es), ademáis de participar en proxectos innovadores baseados nas TIC

Susana Gómez Carnero, Doutora en Enxeñaría Informática, CEO en Origami Soluciones, (http://www.origamisoluciones.com) empresa de consultoría e desenvolvemento de solucións TIC, Directora Executiva BNI Galicia.

Rebeca García Fandiño, doutora en Química, investigadora da Universidade de Santiago de Compostela e CSO en MD.USE Innovative Solutions (http://www.mduse.com), empresa adicada ó desenvolvemento de software científico e aplicacións educativas para Química a través da Realidade Virtual.

Lorena Otero Cerdeira é doutora en informática pola Universidad de Vigo. docente e Investigadora do LIA2 (Laboratorio de Informática Aplicada) da Universidade de Vigo (http://www.uvigo.es). Membro da Xunta de Goberno del Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, na que tamén preside a sua comisión de Igualdade.

Esther Robles Vázquez é Enxeñeira en Informática pola Universidade de Valladolid e Máster en Tecnoloxía ATM e Reserva Avanzada de Recursos pola Universidade Técnica de Dresden (Alemania). Responsable da xestión e operación da infraestructura de comunicacións da Rede Nacional Académica e de Investigación Española, RedIRIS (http://www.rediris.es)

Aquí podes ver o vídeo da sesión: http://videocenter.cesga.es/videos/video/3345/in/channel/4/

Pola tarde celebramos para nen@s de 10 a 14 anos unha xornada de portas abertas con un obradoiro de programación con Scratch (organizado pola empresa Tech Academy), visitas guiadas ao Superordenador Finisterrae 2, e demostracións de impresión 3D, robótica, realidade virtual…

No noso facebook temos máis fotos do evento.

ANO 2015

Este ano contamos coas seguintes participantes na charla por videoconferencia cos centros:

  • Verónica Ramallal, socia fundadora Pekecha.com, (empresa de social media management).
  • Mª Rosa Vázquez Rogel. Enxeñeira informática, co-fundadora e CFO Appentra (Empresa de software de computación de altas prestacións e spinoff da UDC).
  • Mariel Martínez Estévez, ‎CFO e cofundadora de Ameiga. (Empresa desenvolvedora de xogos para móbiles).

Aquí podes ver o vídeo coas súas intervencións: http://videocenter.cesga.es/videos/video/3031/in/channel/4/

ANO 2014

Este ano contamos coas seguintes participantes na charla por videoconferencia cos centros:

  • Alba Souto e Yola, deseñadoras gráficas e co-fundadoras de BAMPIFU (http://bampifu.com/) y Pica y Wafu (http://pikaywafu.com/)
  • Ángeles Pariente, periodista e fundadora de A2, Laboratorio de Ideas http://www.a2laboratoriodeideas.com
  • Cristina Gamallo, Socia Fundadora SITUM (www.situm.es) empresa tecnolóxica que desarrolla aplicacións para a xeolocalización en interiores.
  • Susana Ladra, Vicedecana de Organización Académica na Facultade de Informática de la UDC e investigadora. Premio Ada Byron del CPEIG no 2013.

Aquí podes ver a sesión completa por videoconferencia:
http://videocenter.cesga.es/videos/video/2391/in/channel/4/

ANO 2013

O primeiro ano que celebramos o #GirlsinICT Day tivemos o pracer de contar con:

Aquí podes ver a sesión completa por videoconferencia:
http://videocenter.cesga.es/videos/video/1609/in/channel/4/