XIII día das Rapazas nas TIC

XIII día das Rapazas nas TIC

O día 24 de abril de 2025 ten lugar o Día Internacional das Rapazas nas TIC, e como dende o 2013 celebrámolo dende o Centro de Supercomputación de Galicia!

Ese día teremos moitas actividades! 

Pola mañá celebraremos un coloquio mediante multiconferencia web no que participan 4 profesionais galegas que traballan a diario coas tecnoloxías, e que compartirán, dun xeito ameno e polo miúdo, a súa traxectoria, no que traballan, e o que a tecnoloxía pode aportar en diversos campos para mellorar a vida de tod@s. Dende os centros escolares de primaria e secundaria, as rapazas e rapaces poderán enviar as súas preguntas e inquedanzas en directo en diálogo directo con elas.

Non sabedes o que é o Día Internacional das Rapazas nas TIC? É unha celebración a nivel internacional, orientada a motivar ás novas xeracións de mozas para que consideren o ámbito das TIC para o seu desenvolvemento académico, investigador e profesional.  Aquí está toda a información do movemento a nivel internacional.

Para saber máis o que é o CESGA (Centro de Supercomputación de Galicia) e a supercomputación, mira este vídeo.

Participantes do XIII coloquio do Día das Rapazas nas TIC 2025

Nesta XIII edición teremos a honra de contar con:

Marta Losada Estévez: Graduada en Física pola USC e compañeira nosa no CESGA. En terceiro de carreira fixo prácticas no CESGA, onde entra en contacto por primeira vez co concepto de “computación cuántica”. Dente entonces, continúa formándose no campo co seu TFG e no Máster en Ciencia e Tecnoloxías da Información Cuántica da USC. Actualmente forma parte dun grupo no que están a desenvolver un simulador de computación cuántica distribuida, traballo co cal compatibiliza os estudos de máster. Co seu TFM pretende estudar a implementación da computación cuántica distribuida para circuitos variacionais e agarda seguir investigando no futuro nesta liña.

Yolanda Blanco Fernández: doutora en Enxeñería de Telecomunicación e profesora titular no Departamento de Enxeñaría Telemática da Universidade de Vigo (UVigo). Traballa como investigadora en atlanTTic, o Centro de Tecnoloxías de Telecomunicación da UVigo, onde ocupou a subdirección ata asumir o seu actual cargo como directora da Área de Dixitalización desta universidade. A súa actividade investigadora inclúe sistemas de personalización e recomendación (técnicas de modelado de usuarios e estratexias de filtrado), Web Semántica, desenvolvemento de servizos e aplicacións para redes móbiles ad-hoc e, máis recentemente, no eido da Intelixencia Artificial, está centrada no emprego de modelos de Deep Learning baseados en arquitecturas Transformer para o procesado de linguaxe natural en diferentes dominios de aplicación.

Nadezhda Lucía Techera Salvador: Estudante do grao en Enxeñería Aeroespacial na Universidade de Vigo e forma parte do departamento de Aerodinámica na asociación UVigo Motorsport, o único equipo galego na “Fórmula Student”, unha competición automobilística entre estudantes de universidades de todo o mundo que promove a excelencia na enxeñaría a través dun concurso de automóbiles onde cada equipo universitario deseña e constrúe un vehículo monopraza co que posteriormente compite.

Alejandra Lugilde (Simbeli en RRSS), é enxeñeira informática de 29 anos especializada en intelixencia artificial, graduada pola Universidade Politécnica de Madrid en 2017. Conta cunha ampla experiencia no desenvolvemento de software, arquitectura de solucións e liderado de proxectos tecnolóxicos, destacando na modernización de plataformas na nube e na optimización de equipos técnicos. Actualmente, desempeña dous roles clave: como Global GSC Practice Lead, dirixe no seu departamento a nivel global a estratexia e mellora dos procesos de traballo dos equipos, impulsando a eficiencia e a resolución de desafíos técnicos e organizativos; e como Technical Architect, lidera proxectos cloud de gran complexidade.

Fóra do ámbito tecnolóxico, Alejandra tamén é coñecida en redes sociais como Simbeli_, onde suma máis de 3 millóns de seguidores en TikTok, Instagram e YouTube. Nestos canles Alejandra emprega a creatividade y as dotes de comunicación para facer contido de humor, pero tamén as usa no seu día a día no enfoque profesional, buscando innovación e eficiencia en cada proxecto que lidera.

Centros participantes

Axenda

Por determinar

Podes seguir e difundir toda a información do evento e as nosas actividades nesta web ou en:

Organizan

Centro de Supercomputación de Galicia (dependente de GAIN e CSIC), Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Colexio Profesional de Enxeñaría Informática (CPEIG) e coa colaboración do CITIUS (Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes).

Colaboran

Xunta de Galicia: (Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP e a AMTEGA); Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas, sección Galicia (AMIT-Gal); Asociación .GAL; USC (Facultade de Ciencias da Educación, Woman Emprende e Oficina de Igualdade); Facultade de Informática da UDC; Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da UVigo; Colectivos Hello Sisters! e GalsTech

Imaxe da cabeceira creada por pikisuperstar – www.freepik.es