Ferramenta de Realidade Virtual do CESGA
O departamento de e-learning do CESGA desenvolveu unha plataforma que permite a creación de contornas virtuais con elementos en 360º.
O editor de escenas permite crear dun xeito moi sinxelo experiencias interactivas aproveitando o potencial de inmersión que ofrecen os dispositivos de realidade virtual.
Esta ferramenta funciona tanto en computadores de escritorio, como en dispositivos móbiles ou visores de realidade virtual.
Se desexa máis información sobre a mesma, póñase en contacto con nos en e-learning@cesga.es