Bases concurso RapazasNasTIC

Ganador@s
Obxeto do concurso
Categorías
Formato
Envío
Requisitos
Premios
Organización

Ganador@s

O xurado do concurso  resolveu o día 25 de abril de 2019 as seguintes propostas como as gañadoras do  1er concurso #ApuntasTech? 2019. Parabéns a tod@s e grazas a tod@s @s alumn@s e docentes por participar neste concurso!

Nos vindeiros días publicaremos as propostas participantes para a súa consulta e descarga dende esta web e contactaremos con tod@s @s participantes e gañador@s.

PRIMARIA:
1ero Premio (300 PFLOPs): “Unha nova impresión para a nosa viaxe”

Presentado por:  Alicia Ayude Santas, Xiana Gañete, Sara Neo Rodríguez
Leo Nodar Boo, Hugo Vascuas Neira e Vanesa Iglesias, alumn@s de 6º de primaria do CPI Plurilingüe de Vedra (Vedra).

SECUNDARIA:
1ero Premio (500 PFLOPs): “+Tinkering Apuntastech”

Presentado por:  Lucía Cuenca Martínez, Laura Sánchez Viqueira, Sara Sanz Fonta, Rebeca Vila Villar de 3º ESO D do IES Monte das Moas ( A Coruña).

Accesit (100 PFLOPs): “Recoñéceas”

Presentado por:  alumn@s de 3º ESO do IES de Brión (Brión).

CENTROS EDUCATIVOS:
1er Premio (1.000 PFLOPs): “Girls & STEM”

Presentado por:  IES Otigueira. Ortigueira (Profesora: Patricia Hermida)

*2º premio especial do xurado (500 PFLOPs): “Tócala otra vez, Ada”

Presentado por:  IES Monte das Moas. A Coruña (Profesora: Conchi Fernández).

Accesit (300 PFLOPs): “Pequenos códigos para as nosas pequenas”

Presentado por:  CPI Pecalama. Tordoia (Profesor: Jorge Rascado).

Accesit (300 PFLOPs): “Coñecendo as Vedresas”

Presentado por:  CPI Plurilingüe de Vedra. Vedra (Profesora: Yolanda Neira).

Mención Especial (100 PFLOPs):

Centro educativo que máis propostas enviou en diferentes categorías: CPI O Cruce. Cerceda (Profesora: Milagros Trigo).

LIBRE:
1er Premio (1.000 PFLOPs): “Escape Room Tecnológico. Tu clave es Telegal”

Presentado por:  Telemática Galicia. A Coruña  (representa: Ana Armada)

Accesit (300 PFLOPs): “Geometría Fractal. Arte con matemáticas”

Presentado por:  Proyecto FractalFun. Madrid  (Creador: Sergio Cepeda)

XURADO:

O Xurado da 1ª Edición do Concurso #ApuntasTech? foi formado por:

– Aurora Patiño. Subdirectora de Promoción da Igualdade. Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia.
– Edita de Lorenzo, Profesora da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da UVigo. Secretaria Xeral da asociación .Gal.
– Lorena Otero. Profesora da Escola Superior de Enxeñaría Informática da UVigo e vicetesoureira do Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia.
– Susana Ladra. Directora del campus innova e profesora da facultade de Informática da UDC. Membro da Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas – Galicia.
– Lorena Casal. Profesora da Fac. de Ccas de la Educación e investigadora do grupo Tecnoloxía Educativa da USC.
– Cecilia Grela. Enxeñeira informática, docente e técnica do proxecto ICT-Go-Girls.
– Eva López, economista, coordinadora do programa Woman Emprende da USC.

BASES DO I CONCURSO #APUNTASTECH?

ObXeCtivo:

O obxectivo principal do concurso #ApuntasTech? é xerar un catálogo de propostas concretas que alenten as vocacións tecnolóxicas tempranas, principalmente entre as nenas entre 10 a 15 anos. Xa que logo trátase de escoitar e recoller as ideas das e os protagonistas para gozar as TIC no aula de forma transversal, variada e inclusiva. Búscanse propostas divertidas, apaixonantes, innovadoras, que fagan uso das TIC de forma creativa e transversal, tanto con software como hardware, onde o uso da tecnoloxía non sexa únicamente o seu obxectivo final, senón un medio.

Ese catálogo de ideas será un recurso de gran utilidade para poder traballar as tecnoloxías de forma amena, principalmente no aula, pero tamén fóra dela, en actividades extraescolares, en familia, etc. Posteriormente, realizarase unha recopilación das mellores propostas e publicarase con licenza aberta para a súa descarga na web do concurso, así como en diferentes repositorios de materiais educativos online.

Categorías

Haberá 4 categorías no concurso:

  • Primaria: Poderán participar nenas e nenos que cursen 5º ou 6º de primaria
  • Secundaria: Poderán participar rapazas e rapaces que cursen 1º 2º 3º 4º da ESO
  • Centro educativo: Calquera docente, pode participar a título individual ou en grupo, representando a un centro educativo oficial (de Galicia / España…)
  • Libre: Calquera persoa ou colectivo (asociación, etc.) non vinculada a un centro educativo oficial.

Formato

Cada proposta será descrita en español ou galego nun documento que deberá conter os apartados indicados máis abaixo.

Categorías Primaria e Secundaria:
  • Título da proposta
  • Obxectivo principal: (que se pretende facer, construír, lograr…)
  • Que materiais farían falta: (incluír os principais, por suposto os tecnolóxicos: programa/s, aplicacion/é, elemento/s hardware, pero non só os tecnolóxicos …).
  • Unha pequena explicación que xustifique por que crees que pode ser divertido para as nenas
  • A que curso iría dirixido
  • Opcionalmente: fotos/ debuxos / vídeo ou enlaces aos mesmos da proposta presentada
  • Nome, curso e centro escolar ao que pertence. Correo electrónico do centro escolar para contacto.
Categoría Centro Educativo:
  • Título da proposta
  • Obxectivo principal: (que se pretende facer, construír, lograr…)
  • Que materiais farían falta: (incluír os principais, por suposto os tecnolóxicos: programa/s, aplicacion/é, elemento/s hardware, pero non só os tecnolóxicos …).
  • Nivel/é: Para que curso/s sería adecuada esta idea? 5º, 6º, 1ºISO, 2º ISO
  • Temporalización: Canto tempo estimas que faría falta para desenvolver esta proposta no aula / como actividade extraescolar?)
  • Unha pequena reflexión: Por que crees que pode ser unha idea que apaixone na aula (en especial ás nenas)?
  • Esta proposta foi xa realizada no centro ou é una proposta nova? Se é o primeiro, cal foi a resposta que tivo entre as alumnas?
  • Opcionalmente: fotos/ debuxos / vídeo (ou enlaces aos mesmos) da proposta presentada
  • Persoa de contacto e centro escolar. Correo electrónico de contacto.
Categoría Libre:
  • Título da proposta
  • Obxectivo principal: (que se pretende facer, construír, lograr…)
  • Que materiais farían falta: (incluír os principais, por suposto os tecnolóxicos: programa/s, aplicacion/é, elemento/s hardware, pero non só os tecnolóxicos …).
  • Nivel/é: Para que curso/s sería adecuada esta idea? 5º, 6º, 1ºISO, 2º ISO
  • Temporalización: Canto tempo estimas que faría falta para desenvolver esta proposta no aula / como actividade extraescolar?)
  • Unha pequena reflexión: Por que crees que pode ser unha idea que apaixone na aula, (en especial, ás nenas)?
  • Opcionalmente: fotos/ debuxos / vídeo (ou enlaces aos mesmos) da proposta presentada
  • Nome (e institución á que representa, si corresponde). Correo electrónico de contacto.

Envío e pRazos

Enviarase cada proposta, incluíndo toda a información solicitada no apartado anterior, nun correo electrónico a concurso.apuntastech@cesga.gal antes das 24:00h. do día 23 de abril de 2019.

El día 25 de abril de 2019, Día Internacional das Rapazas nas TIC, durante a celebración del “Día das Rapazas nas TIC” del CESGA, anunciarase os nomes das persoas e centros gañadores en cada categoría.

Requisitos

  • As e os participantes deberán residir en España.
  • Cada participante (ou centro educativo, na categoría 3) poderá presentar un máximo de 2 propostas.
  • Todas as propostas recibidas aceptarán ter unha licenza de cultura libre Creative Commons (Recoñecemento – Compartir Igual 4.0 Internacional).

Premios

  • Categoría 1. (Escolares 5º-6º primaria) Un primeiro premio de 500 Petaflops*
    • 2 Accésits. Premio de 100 Petaflops
  • Categoría 2. (Escolares 1º-2º ISO) 600 Petaflops*
    • 2 Accésits. Premio de 100 Petaflops*
  • Categoría 3.(Centro Educativo):1.000 PFLOPs e 2 accesits de 300 PFLOPs* Ademáis cada centro premiado nesta categoría obterá un dominio .GAL de balde.
  • Categoría 4. (Libre): 1.000 PFLOPs y 2 accesits de 300 PFLOPs*

Tod@s l@s premiade@s ademais serán invitad@s a realizar unha visita guiada ao CESGA e ao corazón do Superordenador Finis Terrae II.

(*1 PFLOP = 1 PETAFLOP, medida de rendemento de computación, equivale aproximadamente a 1 billón de operacións por segundo). Para o noso concurso, 1 PETAFLOP é equivalente a 1 Euro. 😉 Os premios serán canxeables na tenda online www.bricogeek.com , que tamén colabora co concurso, para a compra do material que escolla cada ganador/a  (kits o xogos tecnolóxicos, material informático…). 

ORGANIZA

Centro de Supercomputación de Galicia – Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia – Colexio Oficial de Enxeñaría Informática de Galicia –  Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas (nodo Galicia) – Asociación .GAL

COLABORAN

Axencia Galega de Innovación, Consellería de Educación y Formación Profesional, Axencia Galega de Modernización Tecnolóxica (Xunta de Galicia), Facultad de Ciencias de la Educación y Unidad Woman Emprende USC, Escola de Enxeñaría de Telecomunicación de la UVIGO, Facultad de Informática de la UDC, GalsTech, Hello Sisters! MujeresTech

Queres sumarte as nosas institucións colaboradoras? escríbenos a concurso.apuntastech@cesga.gal e axúdanos a difundir esta iniciativa!