Día Internacional das Rapazas nas TIC

O día 23 de abril de 2020 foi o Día Internacional das rapazas nas TIC.

Este ano fixémolo un pouco diferente, mediante  multiconferencia web, debido á situación derivada da pandemia por COVID-19. Tivemos a oportunidade de coñecer a 4  protagonistas que nos contaron o que a tecnoloxía pode aportar en diversos campos para mellorar a vida de todos, e moitas rapazas e rapaces poideron fixerlles múltiples preguntas en directo. Participaron máis de 170 persoas na sesión, das que 140 foron rapazas e rapaces de centros galegos.

Quedaron moitas preguntas sen respostar porque o tempo fíxose moi curto! responder, por falta de tiempo, pero elas prestáronse a respostalas para tod@s aquí. Non tas perdas! press

Non sabedes o que é o día das Rapazas nas TIC? É unha celebración a nivel internacional, orientada a motivar ás novas xeracións de mozas para que consideren o ámbito das TIC para o seu desenvolvemento académico, investigador e profesional.  Aquí está toda a información do movemento a nivel internacional.

Hora de celebración: 11:00 am, ata as 12:30 aproximadamente

Teremos a ledicia de contar coa participación de 4 mulleres galegas excepcionais que traballan e investigan en ámbitos relacionados coas Novas Tecnoloxías, dende perspectivas moi distintas. Aquí volas presentamos:

Amparo Alonso Betanzos é catedrática de C. Computación e Intelixencia Artificial da Facultade de Informática daUDC e presidenta de AEPIA (Asoc. Española para la Inteligencia Artificial). Dirixe o grupo LIDIA (Laboratorio I+D en Intel. Artif.) que ten obtido premios aos seus traballos en Intelixencia Artificial aplicada.
Isabel Isabel Expósito Pérez é enxeñeira en Telecomunicacións da Universidade de Vigo, na especialidade de comunicacións radio. Traballa como técnica do laboratorio Antelia, que pertence ao grupo de investigación Sistemas Radio, recoñecido como grupo de referencia Competitiva pola Xunta de Galicia. O grupo Sistemas Radio é un dos grupos que conforman o centro AtlantTIC. O Centro AtlantTIC é un centro de referencia a nivel internacional de investigación en Telecomunicaciones da Universidade de Vigo.
María Fernández Hermida é unha artista dixital galega da industria dos videoxogos. Traballou no Estudio Gato Salvaje traballando na creación de contornas 3D e guións para xogos. Dende hay 3 anos é una “Women in Games Ambassador”, unha organización que promociona os videoxogos como carreira para as mulleres, organizando charlas e paneles e apoiando ás mulleres na industria.
Patricia Patricia Mañana Borrazás é arqueóloga, coordinadora de proxectos en DIMENSO e profesora de cursos sobre Tecnoloxías Dixitais de Documentación Xeométrica y Representación do Patrimonio no CSIC. Ten máis de 20 anos de experiencia en excavaciones arqueolóxicas, nas que leva dende hai 10 anos aplicando Novas tecnoloxías aplicadas á documentación do patrimonio, como fotogrametría e escáneres de múltiples tipos, 3D, EstaciónsTotais, GPS, Escáner de Luz Estructurada, Láseres de rango corto e terrestre, etc.

 

Participantes

Participaron máis de 170 persoas na sesión, das que 140 foron rapazas e rapaces de centros galegos. De feito non houbo tempo para respostar todas, así que amablemente se prestaron a respostalas aquí. 

Consulta o mapa de centros inscritos nesta edición.

Podes seguir e difundir toda a información do evento e as nosas actividades nesta web ou en: