Preguntas a las protagonistas del Día das Rapazas nas TIC 2020

La charla por videoconferencia de la pasada jornada de las Rapazas nas TIC 2020 nos dejó muchas preguntas de los asistentes que no pudieron ser contestadas en directo debido a la falta de tiempo.
Las ponentes han tenido la amabilidad de contestar a estas preguntas y enviárnoslas para responderos.

A continuación os dejamos la lista de todas estas respuestas.

Preguntas para Amparo Alonso Betanzos

  • Leo pregunta: Poderías explicar a importancia desta tecnoloxía nestes tempos de COVID-19?

Ola, Leo. A Intelixencia Artificial está detrás dos sistemas que se utilizan para por exemplo poder predecir cantas prazas de hospitalización en planta ou UCI podemos necesitar,
e así poder dimensionalas, e crear prazas extra, como se fixo en algunhas zonas, como Madrid ou Barcelona. En Galicia tamén se crearon, a pesar de que os modelos decían que seguramente
non sería necesario (pero máis vale prevenir que lamentar…). Tamén se usa para estudar as imaxes de radiografía e ver se se poden distinguir a os enfermos de CoVid de outros enfermos de neumonías,
axudar aos profesionais da mediciña a buscar recursos bibliográficos para loitar coa pandemia descubrindo novos fármacos por exemplo, a modelar a expansión da enfermidade ou a diseñar as medidas de saida do confinamento.
Tamén está detrás dos sistemas que puxo en marcha o Ministerio de Economía e Dixitalización para solucionar dúbidas da xente nunha páxina web, deseñar apps para poder saber os patróns de mobilidade da poboación,
etc.

  • Ceci pregunta: En que ámbitos ademáis da bioinformática se utiliza a IA?

Ola, Ceci. A Intelixencia Artificial está presente prácticamente en calquera área na que poidas pensar. Por exemplo, en Agricultura intelixente (disminuindo pesticidas e fertilizantes, estudando posibles síntomas de plagas para cortalas
antes de que sexan un problema-por exemplo nos viñedos, tamén cando recoller as colleitas, cousa que fan na denominación de orixen Rías Baixas, etc), en Saúde (diagnóstico médico), en Aprendizaxe (adaptando os contidos a os tipos de alumnos), en Turismo (recomendando rutas, visitas, restaurantes que che poden gustar, …),
en Comercio é Marketing (por exemplo, tendas que recomendan productos que comprar cando as visitas, ou en disminuir as colas nos probadores e nas caixas como podes ver en Inditex, por exemplo), en en propoñer novos sabores (en Estrella Galicia, por exemplo), nos Bancos recomendando productos ou sitios que che poden gustar
(en Abanca teis A tu lado), incluso en Arte (deseñando aplicacións que lle gusten as persoas, como por exemplo a forma de mostrar o camiño en apñlicacións como Google Maps, ou en mostrarche os iconos adaptados a tí en Facebook ou otras plataformas), no tecleado automático nas mensaxes do teu móbil, etc. É difícil pensar en un campo
donde non haxa Intelixencia Artificial.

  • Iker pregunta: AMPARO con CANTAS MULLERES TRABALLAS?

Ola, Iker. No grupo no que eu traballo agora mesmo somos 18, 10 mulleres e 8 homes. As cifras varían un pouco de cando en vez, porque as persoas que fan a tese a veces quedan na Universidade, e outras marchan a traballar en empresas ou crean unha propia. Máis ou menos, case sempre estamos perto do 50% homes/mulleres con variacións
ocasionais. Neste momento, temos máis mulleres ca homes, pero iso non é o común.

  • Martina pregunta: Algunha vez che dixo un home que non estaba ben que ti traballaras na tua profesion actual?

Ola, Martina. Algunha vez, xa fai tempo, pero mui escasamente pasa iso. A capacidade dunha persoa na súa profesión non se mide en función do seu sexo, e iso é normalmente aceptado na sociedade hoxe en día. No grupo de investigación non temos problemas entre mulleres e homes, e na Facultade e no mundo académico en xeral tampouco. Cando traballas con empresas ou organizacións, tampouco é un problema, cada vez somos todos máis conscientes de que homes e mulleres podemos facer este tipo de traballo.

  • Antón pregunta: Pode a IA destruirnos a todos?

Ola, Antón. Non o creo, esta visión apocalíptica da IA está en muitas películas, pero non é real. Para empezar, fálase dunha IA que os científicos chamamos xeneralista, é decir, unha IA que se comporte coa intelixencia amplia dunha persoa, e esa non existe hoxe en día. Temos muitas aplicacións de IA que se chaman específicas, ou de enfoque estreito, é decir que teñen un nivel de intelixencia mui alto, incluso superior ao dunha persoa, pero en un campo mui específico. Por exemplo, os sistemas de recomendación de calquera plataforma (poñamos Netflix, que é a que uso eu) son mui bós, muito mellores cás dunha persoa, porque ningunha persoa pode ter na cabeza todos os usuarios de Netflix e todos os contidos de Netflix, mentras que un sistema intelixente sí, pero ese sistema non sabe facer nada máis, é a súa única tarefa. Vou poñer outro exemplo, un dos sistemas máis disruptivos dos últimos anos chámase AlphaGo, e fíxose famoso por derrotar consistentemente (100 veces de 100) ao campeón do mundo de Go (un xogo oriental de estratexia, máis complexo ca o axedrez), e muito máis “intelixente” e fai extratexias mui novedosas que os humanos non son capaces de entender, pero só é máis intelixente nesa tarefa, non sabe facer nada máis. Se queres que unha máquina faga outra cousa, teis que reentrenala dende o principio (ainda que se está a traballar no que se llama transferabilidade da aprendizaxe), mentras que un humano pode adaptarse máis rápido, e adaptar cousas que aprende nun campo determinadopara usalas en ouro campo parecido. Alpha Go non sabe xogar a ningún outro xogo de estratexia, se queres facelo, ten que aprender de novo. Estamos mui, mui lonxe dunha IA xeneral.
Por outra parte, existen muitas organizacións que traballan en temas de IA ética, confiable e explicable, para asegurar que os sistemas intelixentes que construimos sigan uns principios éticos, e sempre sexan os humanos os que teñan o control da situación. Eu creo que temos muitas máis razóns para pensar en unha IA que nos empodere como humanos, que en unha que nos destrúa.

  • Laura pregunta: Por que decidiches facer este traballo para Amparo

Ola, Laura. Pois a verdade, cando era da túa idade a miña idea principal era traballar en investigación. Cando rematei Bacharelato, como me gustaba a Quimica, elexin Quimicas e especializeime en Enxeñaría Química, ainda que tamén me gustaba a Física. Non tiña mui claro qué
me gustaba máis, se a Química, a Física ou as Matemáticas. O que sí e que non me gustaría traballar a diario en algo demasiado abstracto, e tampouco en temas de rutina. Así que a investigación era o meu. Cando rematei a carreira na Facultade había un grupo que traballaba en aplicacións informáticas ao mundo da mediciña, en sistemas
expertos médicos. Gustoume e dende entón, traballo en Intelixencia Artificial, tanto en desenvolvementos teóricos (é decir, en algoritmos xenerales que teñan algunha características especial, como respetar a privacidade dos datos, ou aprender online, por exemplo, en calquer campo), como en aplicación dos algoritmos a distintso campos (saúde, deportes, enxeñería, socioloxía, etc)

  • Antia pregunta: algunha vez che puxeron menos traballo por ser muller?

Ola, Antía. Non, iso non creo que me pasara nunca. Unha vez que demostras que eres capaz de facelo, a xente confía en tí para que o fagas, e o normal é que che den máis traballo.

  • Antia pregunta: alguna vez te sentiste discriminada por tus compañeros, hombres?

Ola de novo. Ao principio da miña carreira, cando era nova algunha vez. Hoxe en día non. Como dixen, se demostras que eres capaz de facelo, é dificil que os comentarios machistas sexan creíbles, caen polo seu propio peso.

  • María pregunta: crees que a IA será fundamental para resolver calquer problema futuro?

Ola, María. Creo que é así, a Intelixencia Artificial é unha das tecnoloxías que máis están influindo no que se chama a Sociedade 4.0. Iso débese a que temos muitos datos en prácticamente calquer proceso no que poidas pensar (polo tema da dixitalización e a sensorización), e podemos automatizar parte das tarefas que son máis rutinarias e pesadas para as persoas. Ademáis todos estamos conectados a través de múltiples aplicacións en dispositivos móbiles, estamos inmersos en un inmenso cambio social tamén, na que a conectividade é imprescindible. Pensa mesmo neste evento, posible grazas a poder conectarnos (ainda que no meu caso, resultou dificil, cousas do directo). Todo iso fai que podamos desenvolver muitas ferramentas que nos poden axudar, e seguramente teremos un futuro no que muitos escenarios serán do tipo colaboración persoa-máquina.
Por exemplo, iso xa ocurre en temas de Mediciña, como por exemplo, que un radiólogo/a pasaría de erros medios do 6% se traballa só, a erros menores do 0,5% se é asistido por un sistema intelixente que rastrexa patróns e identifica situacións (usando datos de muitas radiografías a nivel mundial, que unha persoa non pode ter na cabeza). A IA está detrás de muitas ferramentas e aplicacions que usamos a diario, e cada vez estará máis presente. Por eso é tamén importante que as rapazas estén presentes no mundo TIC e no da Intelixencia Artificial, porque o futuro é como queremos que sexa e cousa de todos/as.

  • Isabel de Rauliño, Carla, Antía preguntan: por qué vos gusta este traballo?

Porque me permite traballar con xente de diversas áreas (médicos, sociológos, enxeñeiros, etc), de diversos países, e non é un traballo rutinario, podes elexir qué facer é con quén queres facelo. E tamén permite estar en contacto sempre con xente nova, que fai os seus proxectos fin de carreira, ou a súa tese. Iso é divertido e mui enriquecedor, porque sempre ves os puntos de vista de distinta xente, e estásn en contacto coas formas de pensar dos xóvenes.

  • Para todas de Carla: Algunha vez se vos pasou pola cabeza deixar o voso traballo???

A verdade é que non, disfuto muito con él.

  • Para todas de Leo: Canto tempo vos levou planificar e executar todo isto?

Non sei ao que te refires exactamente. No meu caso, cada proxecto ten o seu ritmo e a súa dificultade, pero é unha cuestión de equipo e normalmente todos os proxectos levan anos.

  • Para todas de Iker: que esperades que pase no futuro?

Con respecto a miñas profesión, que cada vez sexa máis recoñecida e valorada socialmente, porque é importante. Cada vez poderemos desenvolver mellores ferramentas, que nos permitan ser mellores en diversos campos.

  • Para todas de Sofía: Pensabades que por ser mulleres ibades a ser menos importantes que os homes?

A verdade e que nunca o pensei así. Non vexo que por ser muller os meus “logros” sexan menos importantes ca os de os homes.

  • Sofia pregunta: Algunha vez pensastedes que chegaríades tan lonxe?

Creo que era Confucio o que decía “elixe un traballo que te apasione, e non terás que traballar ningún día da tua vida”.
O certo e que o meu traballo encántame, e disfruto muito de él, tanto na parte de docencia como na de investigación. Creo ademáis no traballo en grupo, como xa dixen na charla, e nese caso, volvo a outro proverbio chino, “Camiña sólo e irás máis rápido, camiña acompañado e chegarás máis lonxe”.
Non considero que eu chegara lonxe, pero si estou aquí, claramente é grazas a todas as persoas coas que traballo ou traballei en equipo.

  • Para todas de Martina: Algunha vez vos dixeron que non o coseguiriais?

Poucas veces, pero algunha sí. Eu creo que tes que creer en que o podes conseguir, esforzarte e poñer todo da túa parte.
Con iso, sempre se consigue algo, ainda que sexa estar contenta contigo mesma. A veces, ainda que poñas todo da túa parte, non pode ser ou non saen as cousas ben.
Non teis que deixarte, esa cousa concreta pode non sair, pero outras aparecerán, e se consiguen.

  • Elia pregunta: como vos afecta a brecha salarial no campo das TICs?

Eu traballo na Universidade, na parte académica non temos diferencias, homes e mulleres temos os mesmos importes de becas ou de salario nas prazas de traballo.
Outra cousa é que na parte de responsabilidades, temos menos mulleres dirixindo grupos, ou catedráticas, reitoras, etc. E claro iso repercute na visibilidade do teu traballo, e no salario.
O mundo TIC é mui masculino, temos que facer un esforzo entre todas para que eso deixe de ser así. Este é un campo que ao principio era femenino, as primeiras programadoras eran mulleres.
Pero cando este traballo empezou a ter prestixio, os homes entraron no campo, e pouco a pouco as mulleres deixámolo. É algo que se está intentando solucionar, non pode ser que nas TIC se perda a metade do talento,
porque as mulleres non están presentes. E non pode ser que non teñamos que decir no mundo do futuro, no que claramente os profesionais TIC van a influir.

¡Gracias Amparo por todas tus respuestas!

Amparo Alonso Betanzos es Catedrática de C. Computación e Inteligencia Artificial de la Facultad de Informática de la UDC y presidenta de AEPIA (Asociación Española de Inteligencia Artificial). Dirige el grupo LIDIA (Laboratorio de I + D en Intel. Artif.) que ha obtenido reconocimiento y premios internacionales por su trabajo en Inteligencia Artificial aplicada a diferentes ámbitos.

Preguntas para María

  • De Iván: María, que software adoitades empregar para o deseño dos videoxogos e cal para a programación?

Guión:
-Papel y lápiz 😀
-Office (Word/Excel)

Ilustración / Diseño / Interfaz:
-Photoshop
-Papel y lápiz 😀

Modelado / Rigging / Animación:
-Maya
-3D Max
-Blender (gratis!)

Esculpido:
-ZBrush

Texturizado:
-Substance Painter
-Substance Designer

Iluminación / Efectos Especiales / Programación:
-Unreal (lenguaje C++)
-Unity (lenguaje C#)

¡Gracias María por tus respuestas!

María Fernández Hermida es una artista digital gallega de la industria de los videojuegos. Trabajó en el Estudio Gato Salvaje, trabajando en la creación de entornos 3D y guiones para juegos. Desde hace 3 años es “Women in Games Ambasssador” (embajadora de las mujeres en el videojuego), una organización que promueve los videojuegos como una carrera para mujeres, organiza charlas y paneles y apoya a las mujeres en esta industria.

Preguntas para Isabel

  • Isabel de Aldara: que vos inspirou a traballar disto???Para Isabel

Quería traballar nas TIC porque a tecnoloxía se pode aplicar en tódolos campos e permite solucionar problemas que melloran a vida da xente

  • Isabel de Rauliño, Carla, Antía: por qué che gusta este traballo.

Porque me deixa facer una morea de actividades desde traballo de ordenador, a montar cousas a sair fora facer medidas. Sempre hai cousas novas por aprender ou novas aplicación para cousas que xa sabes.

  • Para Isabel: Alejandro: QUE ESPECIALIDADES HAY DENTRO DO TELECO?

Hay 4 especialidades
o Sistemas de Telecomunicación o Sistemas Electrónicos
o Son e imaxe
o Telemática
Neste video de medio minuto pódese ver un pouco de que é cada unha: http://teleco.uvigo.es/index.php/es/estudios/ettst/2-uncategorised/414-video- especialidades

Preguntas para todas

  • Sofía: Pensabades que por ser mulleres ibades a ser menos importantes que os homes?

No ámbito das TICs somos menos en número pero non por iso debemos pensar que uns son mais importantes ca outros.

  • Sofia: Algunha vez pensastedes que chegaríades tan lonxe?

Facendo o que un quere, estando contento co que se fai, xa se chega ben lonxe.

  • Martina: Algunha vez vos dixeron que non o coseguiriais?

Pois pode ser, moitas veces seguramente eu mesma. Pero hai que seguir facendo e
pouco a pouco as cousas van saíndo.

  • Elia: como vos afecta a brecha salarial no campo das TICs?

Aínda que é certo que existe esa brecha, eu de momento tiven sorte de non tela experimentado, supoño que polo ámbito no que traballo.

  • Carla: Algunha vez se vos pasou pola cabeza deixar o voso traballo???

Non. Sempre hai algún día que as cousas non queres sair, e te enfadas, pero despois pasa, así que nunca me deu por pensar niso.

  • Leo: Canto tempo vos levou planificar e executar todo isto

Primeiro hay que formarse, estudiar, e despois ver que opcións tes e atopar algo que che guste. Eu quería seguir traballando na universidade pero cando acabei a carreira non tiven esa opción. Dous anos despois apareceu a oportunidade e agora xa levo dez anos traballando no laboratorio.

  • Lucía: Que é o que máis vos chama a atención do voso traballo?

Que sempre estas aprendendo cousas novas, coas que se poden solucionar problemas.
E tamén teño a sorte de traballar

  • Iker: Que esperades que pase no futuro?

As TICs viñeron para quedarse así que cada vez teremos mais tecnoloxía que nos axude no noso día a día, pero ten que haber moitas persoas detrás traballando con ela para que todo funcione.

Isabel Isabel Expósito Pérez é enxeñeira en Telecomunicacións da Universidade de Vigo, na especialidade de comunicaciones de radio. Traballa como técnica do laboratorio Antelia, que pertence ao grupo de investigación Sistemas Radio, recoñecido como grupo de referencia Competitiva pola Xunta de Galicia. O grupo Sistemas Radio é un de los grupos que conforman o centro AtlantTIC. O Centro AtlantTIC é un centro de referencia a nivel internacional de investigación en Telecomunicacións da Universidade de Vigo.

Graciñas por tus respuestas, Isabel!

Preguntas para Patricia

  • Sofía: Pensabades que por ser mulleres ibades a ser menos importantes que os homes?

Si, porque dende pequena dábame conta de que a min facíanme menos caso que os nenos… ou percibía que o que se dedicaban as mulleres en xeral era menos importante que o que facían os homes. Pero iso o que provocou foi que eu non estivera conforme con que se valorara así, vía que o traballo da miña nai, da miña avoa… era tan importante como o do meu pai, o meu avó… pero pola contra o delas estaba desprezado. Ou que eu xogaba ao fútbol tan ben como calquera ao meu redor, non era a mellor, pero dábaseme tan ben como a calquera outro… pero como era nena, quedaba en posicións menos activas ou incluso os nenos non me deixaban xogar. Ou enfadábanse se lles gañabas!!! O que me provocou é pensar que eu non me tiña que poñer límites e pensar que algo era propio de homes ou mulleres, sobre todo porque as veces o que máis me gustaba a min era o que se supoñían que tiñan que facer os homes e non as mulleres. Se che gusta, desfrutas e aínda por riba, es capaz de facelo ben, loita por elo!

  • Carla: Algunha vez se vos pasou pola cabeza deixar o voso traballo???

Si, porque a situación de precariedade tanto na investigación como na arqueoloxía son moi altas e moi continuas. É moi complicado chegar a unha estabilidade antes dos 30-40 anos, e é moi habitual que non se chegue incluso por moito que te vaias facendo maior ou adquirindo experiencia. Isto fai que teñas que reinventarte continuamente, buscar novas saídas ou negocios, e que moita xente ao final abandone.

  • Antia: cando empezaches a ter intriga por ser arqueologa? 

Cando estaba na escola, máis ou menos aos 11-12 anos. Foi grazas a que no cole fixemos un traballo sobre os castros, aproveitando que tiñamos un ao lado, o castro de Elviña na Coruña. Grazas a este castro, eu acabei descubrindo que na miña aldea en Carballo tamén había un castro, ese monte no que eu xogaba, e que esa montaña tan alta era en realidade a muralla do castro. Ese descubrimento foi moi emocionante e quedoume gravado.

  • Sofía: Seria o mesmo facer arqueoloxia sen a axuda da tecnoloxia? 

Non sería o mesmo, pero sería posible. A tecnoloxía é unha axuda fundamental na arqueoloxía para facer as cousas máis rápido, máis preciso, con máis detalle, para sacarlle máis partido ao noso traballo… pero o importante é usala con sentido e non porque si. É importante reflexionar sobre para que a queremos usar, que partido lle imos sacar, que non queda cuberto pola tecnoloxía e que máis precisamos… para así tamén desenvolver novas tecnoloxías, aproveitar o que se desenvolve noutros ámbitos científicos e tecnolóxicos.

  • Diego: que e o que mais che gusta da arqueloxía?

Co que máis desfruto é co traballo en campo cos compañeiros, prospectando para atopar os xacementos, escavando un xacemento… Tamén lendo o que fan outros, e descubrir os resultados de colegas por todo o mundo, que axudan a avanzar no traballo que unha pode desenvolver, aprender doutras experiencias, coñecer outros sitios arqueolóxicos que poden ser moi distintos do que podemos estar escavando aquí en Galicia.

  • Iker: Cal foi o fósil máis antigo que atopaches?

Pois creo que non atopei ningún fósil, porque a arqueoloxía non traballa con fósiles se non con restos da actividade humana. Os fósiles escávannos os paleontólogos, que teñen que estudar xeoloxía, bioloxía e así investigar sobre as plantas e animais moi antigos, de moito antes de que o ser humano empezara a andar sobre a terra.

  • Alejandro, María: Cal foi o descubrimento máis importante que atopaches? 

Non teño claro cal pode ser, porque as veces un descubrimento é importante para ti, ou para un grupo de especialistas e para outros non. Dos traballos que fixen ultimamente, creo que foi realmente importante toda a intervención que fixemos no illote do Guidoiro Areoso, na Illa de Arousa, onde escavamos unha mámoa de fai uns 6.000 anos e outros restos da prehistoria. Unha das cousas moi importantes que atopamos na escavación da mámoa, que é unha tumba do neolítico, foi un pequeno cacharro e mais varias ferramentas colocadas na cámara onde se enterraban os mortos, sen moverse desde que se colocaron nesta posición, foi moi emocionante para min e para todo e equipo que levamos a cabo esta escavación fai un par de anos. Aquí o contamos daquelas https://guidoirodixital.wordpress.com/2017/12/04/o-material-arqueoloxico-da-m-4-do-areoso/ Pero quizás o moi importante porque non existe outro igual en Galicia é achado dunha mandíbula humana que está datada na Idade de Ferro, na época dos castros, como contamos aquí https://guidoirodixital.wordpress.com/2018/03/23/pero-que-fai-un-esqueleto-da-idade-do-ferro-no-areoso/ no blog onde durante toda a intervención da Mámoa 4 fomos contando as novidades e avances do proxecto: https://guidoirodixital.wordpress.com/category/mamoa-4/

  • Carla: Para Patricia, cal foi a peza máis grande que atopastedes?

Pois non teño unha memoria moi clara de unha peza moi grande, a verdade. As máis complicadas de atopar son as pequenas  como as abaloiras dun colar de fai 6.000 anos que podes chegar a atopar nas mámoas… ou sementes… Grandes, por exemplo son as pezas dunha construción, que son moi rechamantes cando están decoradas. Ou grandes xacementos… que son tan grandes como cidades ou montañas que ata son difíciles de distinguir polo seu grande tamaño, e aí temos que apoialo coas novas tecnoloxías para velo dende unha perspectiva máis alonxada e poder aprecialo.

  • Leo: Cal foi o descubrimento da tecnoloxía e da arqueoloxía mais importante non para ti,senon para o mundo

Outra pregunta moi difícil. Vou a destacar unha tecnoloxía que está a revolucionar a arqueoloxía, porque permite identificar dende o aire sitios arqueolóxicos novos. É o LiDAR, como fan neste proxecto galego ROMAN ARMY http://romanarmy.eu/gl/ no que grazas a esta tecnoloxía, están a descubrir moitos campamentos de cando os romanos conquistaron o noroeste da península ibérica e pasou a chamarse esta zona a Gallaecia. Tendes aquí un vídeo no que Joao Fonte explica precisamente o traballo có LiDAR.

  • Darío: Cal foi a excavación máis impotante na que participaches?

Pode ser quizáis esta última escavación que realizamos no illote do Guidoiro Areoso, que podes coñecer máis neste blog:  https://guidoirodixital.wordpress.com/category/mamoa-4/

Participei en moitas escavacións, é complicado clasificar a importancia de xeito tan absoluto, por iso escollo a última, que foi moi destacada e creo que ofreceu resultados moi interesantes.

  • Bos días, chámome Laura, son alumna de 1º de Bacharelato do IES Brión. Para Patricia: Como conseguides sacar o obxecto sen que se defaga?

As veces atopamos restos moi fráxiles e temos que ir movendo a terra con coidado para non romper a peza ou obxecto. Pero as veces esto non é suficiente, e os arqueólogos precisamos de outros especialistas, as conservadoras – restauradoras que son especialistas en precisamente facer esta retirada con coidado e evitando no posible toda alteración. Deste traballo tan importante falamos neste post da intervención na mámoa 4 de Guidoiro Areoso, onde sen o traballo da nosa restauradora sería imposible ter rescatado cacharros, cunchas, metais… do mellor xeito posible e evitando que se estragaran no proceso de escavación ou despois na súa limpeza e acondicionamento para que non se estraguen unha vez gardadas as pezas https://guidoirodixital.wordpress.com/2017/12/04/o-material-arqueoloxico-da-m-4-do-areoso/

  • Iker: Por que se meten ahí as momias (nos sarcófagos)?

Os sarcófagos son os ataúdes da época do Exipto dos faraóns, ou sexa, a caixa onde se enterraban os corpos despois de todo un tratamento moi avanzando para que o corpo non se corrompera e chegara o máis enteiro posible a vida na que crían que existía despois da morte. Normalmente están moi decoradas, coa imaxe da persoa que está enterrada no seu interior, con textos escritos para asegurar que todo vaia ben no seu tránsito dende a morte ao mundo do máis alá…

  • Carla: Cal foi o último resto que atopaches??

Volvo a falar do proxecto do Illote de Guidoiro, no que traballamos fai un par de anos un equipo moi grande de arqueólogos, restauradoras, xeógrafos, biólogos, xeólogos, físicos,… que entre todos imos obtendo ainda agora nova información dos restos que rescatamos fai xa dous anos como contamos aquí https://guidoirodixital.wordpress.com/category/mamoa-4/ pero cós que aínda seguimos traballando con eles. Por exemplo, escavando no laboratorio os posibles restos de ósos que atopamos no interior da cámara no laboratorio de bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela, cun equipo de especialistas en ósos humanos, atopamos neses bloques evidencias de pequenos niños de avespas, pero eran avespas prehistóricas! algo totalmente inesperados e que coa axuda de especialistas, pódennos axudar a reconstruír como era a vexetación do entorno, a fauna,… e así reconstruír mellor a vida na prehistoria.

  • Iker: Onde é o sitio onde se atopaban máis obxectos antigos ou fósiles (no país)?

Non é unha pregunta moi sinxela en canto á arqueoloxía, onde traballamos cos restos da actividade humana. E se preguntas polos restos máis antigos que se relacionan coa humanidade, debemos ir a África, onde se atopan os restos máis antigos dos ancestros dos seres humanos. Por exemplo, unhas investigacións sitúan aos primeiros HOMO SAPIENS, a nosa especie, fai uns 200.000 anos en Botsuana, pero fai pouco atopáronse outros restos en Marruecos algo mais antigos, fai uns 315.000 anos. Pero podemos ir máis atrás se rastrexamos as especies previas á nosa: un caso moi famoso e moi destacado son os restos dun homínido moi antigo (Australopithecus afarensis, de 3,2 a 3,5 millóns de años de antigüedad) que se lle chamou Lucy e que foron atopados en Etiopía; a esta especie xa se lle asocia o uso de ferramentas, que é algo que nos pode distinguir de outro tipo de animais e facernos mais humanos. Pero tamén hai outras investigacións que din que realmente nos fai humanos é que nos axudamos entre nós e non só o uso de ferramentas, porque por exemplo hai monos e simios e monos actuais que usan ferramentas. Que significa isto dos coidados? é que se, por exemplo, un enferma ou rompe unha perna, o resto do grupo coidao e non o deixa abandonado e morrer. Así atopáronse en Atapuerca algún fósil de persoas que tiñan problemas físicos (ósos deformados, por exemplo) pero que viviron moitos anos fai uns 450.000 anos… ou en Georgia, un home que chegou a moi maior sen dentes e viviu fai 1,8 millóns de anos. Ou sexa, non é fácil de responder porque en arqueoloxía, cada vez que chegamos a unha resposta, temos moitas máis preguntas para responder, e así imos avanzando e afinando os coñecementos. Sempre aparecen novas pistas…

  • Sofía: A cantos países viaxaches para buscar restos arqueolóxicos?

A todos os que puiden grazas ao equipo de investigación no que traballaba que tiña proxectos por moitos sitios. Primeiro serviume para coñecer Galicia por moitos recunchos, que quizais sen este traballo era moi difícil chegar a estar neles; despois grazas a traballo puiden traballar bastante tempo en Portugal, Uruguai e Chile, que seguramente é o país máis lonxano de Galicia no que estiven traballando, en concreto no norte de Chile, no deserto de Atacama.

  • Sanela: cantos anos tiñas cando empezaches de arqueologa?

Cando estaba facendo a carreira de historia, desde os 18-19 anos, participaba nos veráns cando non había clases en escavacións arqueolóxica como estudante en prácticas. Neses veráns empecei a experimentar o traballo de campo de arqueoloxía. Unha vez que me graduei na universidade, cuns 22-23 anos empecei a facer prácticas nun laboratorio de arqueoloxía da Universidade de Santiago de Compostela… Quizás nese momento é cando xa podo empezar a pensar que empecei de arqueóloga, cando xa acabei a carreira empecei a a traballar ainda que fora en prácticas, primerido dende a base, cos traballos máis simples que se foron facendo máis completos e co tempo, fun collendo cada vez máis responsabilidade ou sendo parte de equipos máis especializados. É habitual en arqueoloxía, cando xa tes unha experiencia, que as veces toque ser xefa, e outras ser parte do equipo e estar ao que mande a xefa.
1. Laura: Para Patricia: en donde empezaches a estudar

Para ser arqueóloga estudei a Licenciatura de Historia na Universidade de Santiago de Compostela; logo fixen os cursos de doctorado en arqueoloxía e historia antiga na mesma universidade.

Patricia Patricia Mañana Borrazás es arqueóloga, coordinadora del proyecto DIMENSO y profesora de cursos sobre Tecnologías Digitales de Documentación Geométrica y Representación del Patrimonio en el CSIC. Tiene más de 20 años de experiencia en excavaciones arqueológicas, en las cuales ha estado aplicando durante 10 años nuevas tecnologías aplicadas a la documentación patrimonial, como fotogrametría y escáneres de múltiples tipos, 3D, estaciones totales, GPS, escáner de luz estructurada, láser de corto alcance y terrestre, etc.

Gracias por tus respuestas, Patricia!