Recursos Día das Rapazas nas TIC

Nesta páxina reunimos algúns dos materias e recursos que utilizamos nos nosos talleres do CESGA para traballar coas tecnoloxías de forma divertida e diversa. Coidamos que vos gusten!

Se tedes dúbidas ou comentarios, enviadenos un correo a e-learning@cesga.es

Visita Finisterrae II

FinisTerrae II é o superordenador do CESGA. É o segundo máis potente do país, e unha ferramenta fundamental para investigadoras/es galegos e do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), ademáis de outros centros españois e europeos que fan uso dos seus recursos participando en proxectos conxuntos.

O voso centro pode vir velo en directo, estaremos encantadas/os de recibirvos.

CPD del CESGA. FinisTerrae II

Se non podes vir en persona, invitámosche a que fagas esta visita virtual ao CESGA.

Para aproveitar a visita, os/as máis peques, poden descargar esta  Ficha sobre o CESGA para nen@s

Taller pixel art/perlas de plástico

Para este taller utilizamos un programa que nos permite crear os nosos diseños con píxeles (debuxo en 8 bits, como os ordenadores antiguos). É éste: Deseñador pixel art/hama beads

Podemos comezar a debuxar directamente, ou cargar unha imaxe para que a “converta” a debuxo en píxeles. Aquí tes unhas imaxes de exemplo se queres probar a facelo. Unha vez teñamos o noso debuxo, podemos imprimilo, descargalo, etc.

¡Agora chega a parte analóxica! Utilizaremos unhas pezas que se venden en moitas papelerías, tendas de xoguetes, etc. Se coñecen

como perlas de plástico, perlas de planchar, perler, hama beads… Aquí tendes, por exemplo, a tabla de cores oficial de Hama Beads.

Estas pieciñas de cores as colocamos nunha plantilla de plástico con pinchiños de acordo ao diseño que fixemos. Unha vez terminado o diseño, só nos queda poñer un papel de forno enriba da nosa figura, e pasarlle a prancha (¡ollo, peques facédeo coa axuda dun/dunha adult@!). E listo ¡xa temos o noso estupendo diseño pixel-art en plástico resistente!

Taller Scratch

Scratch é unha linguaxe de programación moi sencillo para que todos poidamos comezar a crear as nosas animacións, xogos, música…¡o que se te ocurra!

O programa podes instalalo nun ordenador ou tablet, ou incluso usalo dende cualqueira navegador web. No seu sitio web oficial podemos atopar diferentes contribucións da comunidade, que poderemos probar en vivo dende la propia páxina.

Aquí tes unhas fichas de actividades moi divertidas e fáciles para comezar. Podes descargalas e imprimilas.

Taller robótica

Neste taller ensinamos as posibilidades da robótica a través duns sencillos robots que creamos no noso departamento.

Estos robots son capaces de seguir líneas no chan de forma autónoma, e evitar obstáculos que atopen no camiño. Ademáis, se poden controlar a través dunha app para móbiles android.

Podedes fácilmente construir estos robots nas vosas casas seguindo os manuais e indicacións que poderedes atopar a continuación.

As pezas necesarias para construir estos robots foron impresas na nosa impresora 3D e pódense atopar para a súa descarga no seguinte enlace:
http://www.thingiverse.com/thing:1011890

A electrónica, basada nun microcontrolador Arduino, é moi simple. No seguinte esquema ensinámoste como podes ensamblar todos os compoñentes.

[Ligazón externa]