Día das rapazas nas TIC

Día das rapazas nas TIC

-O día 25 de abril de 2024 celebrarase o Día Internacional das rapazas nas TIC, e como dende o 2013 celebrarémolo dende o Centro de Supercomputación de Galicia!

Ese día teremos moitas actividades! 

Pola mañá teremos un coloquio mediante multiconferencia web na que participarán 4 profesionais galegas que traballan a diario coas tecnoloxías, que contarán, dun xeito ameno e polo miúdo oa súa traxectoria, no que traballan, e o que a tecnoloxía pode aportar en diversos campos para mellorar a vida de tod@s. Dende os centros escolares de primaria e secundaria, rapazas e rapaces poderán enviarlles  as súas preguntas e inquedanzas en directo para poder ter ese diálogo directo con elas.

Pola tarde, teremos varios obradoiros tecnolóxicos dirixidos a rapazas e rapaces de entre 10 a 16 anos no CESGA, ademáis de xogos e visitas ao noso superordenador FinisTerrae III. As plazas serán limitadas, así que non deixedes a inscripción para o último día.

Non sabedes o que é o Día Internacional das Rapazas nas TIC? É unha celebración a nivel internacional, orientada a motivar ás novas xeracións de mozas para que consideren o ámbito das TIC para o seu desenvolvemento académico, investigador e profesional.  Aquí está toda a información do movemento a nivel internacional.

Para saber máis o que é o CESGA (Centro de Supercomputación de Galicia) e a supercomputación, mira este vídeo.

Participantes do coloquio do Día das Rapazas nas TIC 2024

Nesta XII edición temos a honra de contar con:

Antía Fernández López. Antía é Enxeñeira de Telecomunicacións, Máster en Enxeñaría Telemática, ambas pola Universidade de Vigo e MBA pola UIE. Dende o ano 2008 traballa en proxectos de I+D para distintos sectores en GRADIANT (Centro Tecnolóxico das Telecomunicacións de Galicia). A súa traxectoria vai dende a ideación, a execución, a xestión de proxectos; así como a dirección dunha área tecnolóxica ao desenvolvemento empresarial. Ten experiencia en tecnoloxías arredor dos datos: con énfase na Intelixencia Artificial, a conectividade e a ciberseguridade. Ademais, traballa para a Comisión Europea como avaliadora e revisora ​​de proxectos e é profesora de tecnoloxías aplicadas á empresa en diferentes escolas de negocios e másteres universitarios.

Lorena Fernández Fernández. Lorena estudou o Grado de Matemáticas pola USC e completou seus estudos co Máster de Mátemática Industrial por UVigo. Estivo traballando no Grupo Integrado de Inxeniería da UDC e despois no Centro Nacional de Enerxías Renovables (en Pamplona) en proxectos de investigación co obxetivo de resolver con sistemas de computación de altas prestacións problemas de interese académico e industrial da área de dinámica de fluidos. Actualmente traballa no CESGA como técnica superior de investigación na liña de aplicación da Intelixencia Artificial á producción industrial.

Olalla Rama García. Olalla é graduada en Enxeñería Informática pola Universidade da Coruña, cun Máster en Ciberseguridade. A súa traxectoria profesional comezou ligada ao ámbito da ciberseguridade, concretamente orientada ao pentesting aínda que actualmente exerce funcións relacionadas coa análise e a xestión de vulnerabilidades nun proxecto da Amtega destinado a mellorar a ciberseguridade das entidades locais de Galicia. Ademais, participa activamente en competicións CTF (Capture The Flag) nas que se poñen a proba os coñecementos e habilidades como hacker.

Noemí Basanta Cheda. Noemí estudou Arquitectura porque é unha carreira que abrangue todo tipo de disciplinas, dende técnicas ata artísticas e escolleu como preferencial a rama do urbanismo pola súa clara influencia na sociedade. Despois de traballar en diversos estudos de arquitectura e deseño, traballa en https://galopinplaygrounds.com/ deseñando parques infantís, cunha vocación de respeto hacia os dereitos individuais e evitando os clichés de xénero.

Podes seguir e difundir toda a información do evento e as nosas actividades nesta web ou en:

Axenda:

Volta nuns días…aínda estamos rematando as actividades deste evento.

Organiza

Centro de Supercomputación de Galicia (dependente de GAIN e CSIC), Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e Colexio Profesional de Enxeñaría Informática (CPEIG).

Imaxe da cabeceira creada por pikisuperstar – www.freepik.es