Home

O área

¿Que fai o área de e-Learning do CESGA?

O área de e-learning do CESGA ten como funcións promover e xestionar proxectos de I+D+I na área de e-Learning e e-Colaboración, promover a integración das TIC en institucións educativas e participar en iniciativas e proxectos coa industria, universidade e outras institucións.

Servizos

Que servizos ofrecemos?
Aula Cesga é a plataforma de colaboración e e-learning do CESGA
Ir a Aula Cesga
Cúmulo é un servizo de almacenamento de ficheiros na nube ofrecido polo CESGA
Ir a Cúmulo
Seminar é un servizo de multiconferencia ofrecido polo CESGA
Ir a webminar
Este é un servizo que permite xerar contidos interactivos en HTML5 baseado na ferramenta H5P
Ir a Contidos Interactivos

Proxectos

Proxectos nos que participamos ultimamente
logoOceans_square

Últimas publicacións

schools21c logo

Concurso de radio escolar Schools21C

O proxecto europeo Schools21C, no que participamos dende o CESGA, que busca a mellora da competencia en medios audiviosuais do profesorado e alumnado, convoca un concurso escolar de radio para escolas de infantil, primaria e secundaria (obligatoria, bacharelato e FP). O concurso consiste na elaboración dun programa de radio (en formato podcast ou Youtube) de duración libre, e temática aberta...

Webinar para escolares: A supercomputación na túa vida

O Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), en colaboración coa G-Night (noite galega das persoas investigadoras https://gnight.gal/) organiza un webinar dirixido á rapaces e rapazas de 4º, 5º, e 6º de educación primaria, para introducir que son e como se aplican a Intelixencia Artificial e o Big Data, e como estas tecnoloxías impactan no noso día a día. O webinar...

Mergullando en 360º co proxecto Ocean Connections

No marco do proxecto europeo Ocean Connections onte participamos na instalación dun biohut (unha especie de niño para protexer ás crías de especies mariñas da zona costeira) no piscinarium do acuario Finisterrae, en colaboración co acuario e co CPI O Cruce, ambos tamén socios do proxecto europeo.  O biohut compónse dun sistema de xaulas e un núcleo de pedra volcánica...