Contacto

A Rede Galega de E-learning plantéxase como unha aposta cara ó futuro, para que dentro do seu seno poidan xurdir proxectos e iniciativas conxuntas e así poder servir como plataforma dinámica que contribúa o desenvolvemento do sector en Galicia.

Esta rede conta inicialmente coas seguintes ferramentas:

  • Lista de distribución sobre e-learning en Galicia: trátase dunha lista de distribución moderada á que calquera persoa se pode subscribir para poder acceder á información que se xenere.
  • Conta de Facebook e Twitter

O Observatorio Galego de E-Learning é un servizo proporcionado polo Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA). Pode poñerse en contacto con nós a través de correo electrónico (e-learning@cesga.es).