Observatorio Galego de E-Learning

O Observatorio Galego de E-learning naceu no 2005 como proxecto para monitorizar e  analizar o  uso das Tecnoloxías da Información e a Comunicación no ámbito da educación e a formación en Galicia, mediante a identificación, catalogación e análise das prácticas existentes, servicios dispoñibles, axentes públicos e privados que desenvolven un labor no campo da investigación e innovación na área de e-learning en Galicia.

Neste proxecto configurouse un grupo de traballo interdisciplinar integrado por profesionais das tres universidades galegas e  do sector empresarial galego.

Como resultado deste traballo xurdíu unha base de datos en liña con información sobre os grupos de investigación e empresas proveedoras de servizos de e-learning galegas ou con sede en Galicia. Pode descargar dende esta páxina o informe completo (PDF en galego e castelán) da iniciativa, e o seu resumo executivo (PDF en galego e castelán).

Dende o ano 2012 a iniciativa está tamén vencellada á Rede TELGalicia, a Rede de E-learning en Galicia, liderada dende a Universidade de Vigo por Manuel Caeiro Rodríguez do grupo de investigación ET1-GIST, e na que participan grupos de investigación das 3 universidades e o propio CESGA.

O Observatorio Galego de E-learning pretende continuar o traballo de ofrecer un espacio común e ser un punto de encontro para o intercambio de información sobre experiencias innovadoras, acerca de metodoloxías de ensino-aprendizaxe con TIC, tecnoloxías de última xeración, etc. entre profesionais, docentes de todas as etapas educativas e investigadores en e-learning en Galicia, así como ofertar servizos á investigación neste eido na nosa comunidade.