Tecnoloxía

O proxecto basease no aproveitamento do potencial da computación cloud no ámbito educativo, nas súas características máis destacadas:
Software como servizo (SaaS), onde o software educativo non está instalado nos PCs de forma individual, senón accesible desde a Rede para todos os membros da comunidade educativa.
Plataforma como servizo (PaaS), facilitando a escalabilidade necesaria e a administración remota
Infraestructura como servizo (IaaS) onde se ofrece unha solución baseada na vitualización na que se paga por consumo de recursos: espazo en disco utilizado, tempo de CPU, espacio en base de datos, transferencia de datos, etc.
Trátase da aplicación da computación cloud sen fixarnos exclusivamente na optimización da provisión de servizos, senón que proporciona ao usuario final un acceso a unha plataforma sinxela que dea acceso e control sobre contidos e servizos “en nube”.
Esta baseada en desenvolvementos de código aberto, como oneye, Openmeetings, Xen, Nuba, etc. flexible e que permitirá incorporar desenvolvementos externos segundo sexa necesario.