A nosa nube

Benvidos á nosa nube! Este espazo é a nosa ventá para compartir con todos a innovadora experiencia educativa e tecnolóxica que estamos a levar nunhas escolas rurais de Galicia.

O noso proxecto pretende analizar e deseñar unha contorna e servizos baseados en computación na nube (cloud computing) para que sirvan como soporte de unha metodoloxía de traballo colaborativa, comunicativa e apoiada nas TIC para mellorar a educación e colaboración nas escolas rurais dispersas de Galicia.

Este proxecto nace da experiencia acadada noutro proxecto de investigación, “Rural Schools & Cloud Computing“, que foi un proxecto piloto onde se comezóu a deseñar a “nube” baseada en software aberto e sobre infraestructura cloud para un colexio rural.

A nosa nube é a contorna de traballo (un sistema operativo virtual) que se emprega nos colexios para acceder aos recursos, ferramentas e arquivos que compartimos.

Neste vídeo podese ver as súas características principais: