{"id":1919,"date":"2020-04-27T10:42:41","date_gmt":"2020-04-27T08:42:41","guid":{"rendered":"https:\/\/e-learning.cesga.es\/ictgogirls\/?page_id=1919"},"modified":"2023-05-03T12:23:15","modified_gmt":"2023-05-03T10:23:15","slug":"qa-xornada-2020","status":"publish","type":"page","link":"https:\/\/e-learning.cesga.es\/ictgogirls\/qa-xornada-2020\/","title":{"rendered":"Preguntas \u00e1s protagonistas do D\u00eda das Rapazas nas TIC 2020"},"content":{"rendered":"<p>A charla da pasada xornada das <strong>Rapazas nas Tic<\/strong> deixonos moitas preguntas dos e das participantes que non puideron ser respostadas en vivo por mor da falta de tempo.<\/p>\n<p>As po\u00f1entes tiveron a amabilidade de respostar estas preguntas e enviarnolas para vos.<\/p>\n<p>A continuaci\u00f3n deix\u00e1mosvos a listaxe de todas estas respostas.<\/p>\n<h3><span style=\"color: #800080;\">Preguntas para Amparo Alonso Betanzos<\/span><\/h3>\n<ul>\n<li><strong>Leo pregunta: <em>Poder\u00edas explicar a importancia desta tecnolox\u00eda nestes tempos de COVID-19?<\/em><\/strong><\/li>\n<\/ul>\n<p>Ola, Leo. A Intelixencia Artificial est\u00e1 detr\u00e1s dos sistemas que se utilizan para por exemplo poder predecir cantas prazas de hospitalizaci\u00f3n en planta ou UCI podemos necesitar,<br \/>\ne as\u00ed poder dimensionalas, e crear prazas extra, como se fixo en algunhas zonas, como Madrid ou Barcelona. En Galicia tam\u00e9n se crearon, a pesar de que os modelos dec\u00edan que seguramente<br \/>\nnon ser\u00eda necesario (pero m\u00e1is vale prevenir que lamentar&#8230;). Tam\u00e9n se usa para estudar as imaxes de radiograf\u00eda e ver se se poden distinguir a os enfermos de CoVid de outros enfermos de neumon\u00edas,<br \/>\naxudar aos profesionais da medici\u00f1a a buscar recursos bibliogr\u00e1ficos para loitar coa pandemia descubrindo novos f\u00e1rmacos por exemplo, a modelar a expansi\u00f3n da enfermidade ou a dise\u00f1ar as medidas de saida do confinamento.<br \/>\nTam\u00e9n est\u00e1 detr\u00e1s dos sistemas que puxo en marcha o Ministerio de Econom\u00eda e Dixitalizaci\u00f3n para solucionar d\u00fabidas da xente nunha p\u00e1xina web, dese\u00f1ar apps para poder saber os patr\u00f3ns de mobilidade da poboaci\u00f3n,<br \/>\netc.<\/p>\n<ul>\n<li><strong>Ceci pregunta: En que \u00e1mbitos adem\u00e1is da bioinform\u00e1tica se utiliza a IA?<\/strong><\/li>\n<\/ul>\n<p>Ola, Ceci. A Intelixencia Artificial est\u00e1 presente pr\u00e1cticamente en calquera \u00e1rea na que poidas pensar. Por exemplo, en Agricultura intelixente (disminuindo pesticidas e fertilizantes, estudando posibles s\u00edntomas de plagas para cortalas<br \/>\nantes de que sexan un problema-por exemplo nos vi\u00f1edos, tam\u00e9n cando recoller as colleitas, cousa que fan na denominaci\u00f3n de orixen R\u00edas Baixas, etc), en Sa\u00fade (diagn\u00f3stico m\u00e9dico), en Aprendizaxe (adaptando os contidos a os tipos de alumnos), en Turismo (recomendando rutas, visitas, restaurantes que che poden gustar, &#8230;),<br \/>\nen Comercio \u00e9 Marketing (por exemplo, tendas que recomendan productos que comprar cando as visitas, ou en disminuir as colas nos probadores e nas caixas como podes ver en Inditex, por exemplo), en en propo\u00f1er novos sabores (en Estrella Galicia, por exemplo), nos Bancos recomendando productos ou sitios que che poden gustar<br \/>\n(en Abanca teis A tu lado), incluso en Arte (dese\u00f1ando aplicaci\u00f3ns que lle gusten as persoas, como por exemplo a forma de mostrar o cami\u00f1o en ap\u00f1licaci\u00f3ns como Google Maps, ou en mostrarche os iconos adaptados a t\u00ed en Facebook ou otras plataformas), no tecleado autom\u00e1tico nas mensaxes do teu m\u00f3bil, etc. \u00c9 dif\u00edcil pensar en un campo<br \/>\ndonde non haxa Intelixencia Artificial.<\/p>\n<ul>\n<li><strong>Iker pregunta: AMPARO con CANTAS MULLERES TRABALLAS?<\/strong><\/li>\n<\/ul>\n<p>Ola, Iker. No grupo no que eu traballo agora mesmo somos 18, 10 mulleres e 8 homes. As cifras var\u00edan un pouco de cando en vez, porque as persoas que fan a tese a veces quedan na Universidade, e outras marchan a traballar en empresas ou crean unha propia. M\u00e1is ou menos, case sempre estamos perto do 50% homes\/mulleres con variaci\u00f3ns<br \/>\nocasionais. Neste momento, temos m\u00e1is mulleres ca homes, pero iso non \u00e9 o com\u00fan.<\/p>\n<ul>\n<li><strong>Martina pregunta: Algunha vez che dixo un home que non estaba ben que ti traballaras na tua profesion actual?<\/strong><\/li>\n<\/ul>\n<p>Ola, Martina. Algunha vez, xa fai tempo, pero mui escasamente pasa iso. A capacidade dunha persoa na s\u00faa profesi\u00f3n non se mide en funci\u00f3n do seu sexo, e iso \u00e9 normalmente aceptado na sociedade hoxe en d\u00eda. No grupo de investigaci\u00f3n non temos problemas entre mulleres e homes, e na Facultade e no mundo acad\u00e9mico en xeral tampouco. Cando traballas con empresas ou organizaci\u00f3ns, tampouco \u00e9 un problema, cada vez somos todos m\u00e1is conscientes de que homes e mulleres podemos facer este tipo de traballo.<\/p>\n<ul>\n<li><strong>Ant\u00f3n pregunta: Pode a IA destruirnos a todos?<\/strong><\/li>\n<\/ul>\n<p>Ola, Ant\u00f3n. Non o creo, esta visi\u00f3n apocal\u00edptica da IA est\u00e1 en muitas pel\u00edculas, pero non \u00e9 real. Para empezar, f\u00e1lase dunha IA que os cient\u00edficos chamamos xeneralista, \u00e9 decir, unha IA que se comporte coa intelixencia amplia dunha persoa, e esa non existe hoxe en d\u00eda. Temos muitas aplicaci\u00f3ns de IA que se chaman espec\u00edficas, ou de enfoque estreito, \u00e9 decir que te\u00f1en un nivel de intelixencia mui alto, incluso superior ao dunha persoa, pero en un campo mui espec\u00edfico. Por exemplo, os sistemas de recomendaci\u00f3n de calquera plataforma (po\u00f1amos Netflix, que \u00e9 a que uso eu) son mui b\u00f3s, muito mellores c\u00e1s dunha persoa, porque ningunha persoa pode ter na cabeza todos os usuarios de Netflix e todos os contidos de Netflix, mentras que un sistema intelixente s\u00ed, pero ese sistema non sabe facer nada m\u00e1is, \u00e9 a s\u00faa \u00fanica tarefa. Vou po\u00f1er outro exemplo, un dos sistemas m\u00e1is disruptivos dos \u00faltimos anos ch\u00e1mase AlphaGo, e f\u00edxose famoso por derrotar consistentemente (100 veces de 100) ao campe\u00f3n do mundo de Go (un xogo oriental de estratexia, m\u00e1is complexo ca o axedrez), e muito m\u00e1is &#8220;intelixente&#8221; e fai extratexias mui novedosas que os humanos non son capaces de entender, pero s\u00f3 \u00e9 m\u00e1is intelixente nesa tarefa, non sabe facer nada m\u00e1is. Se queres que unha m\u00e1quina faga outra cousa, teis que reentrenala dende o principio (ainda que se est\u00e1 a traballar no que se llama transferabilidade da aprendizaxe), mentras que un humano pode adaptarse m\u00e1is r\u00e1pido, e adaptar cousas que aprende nun campo determinado<br \/>\npara usalas en ouro campo parecido. Alpha Go non sabe xogar a ning\u00fan outro xogo de estratexia, se queres facelo, ten que aprender de novo. Estamos mui, mui lonxe dunha IA xeneral.7 notas<br \/>\nPor outra parte, existen muitas organizaci\u00f3ns que traballan en temas de IA \u00e9tica, confiable e explicable, para asegurar que os sistemas intelixentes que construimos sigan uns principios \u00e9ticos, e sempre sexan os humanos os que te\u00f1an o control da situaci\u00f3n. Eu creo que temos muitas m\u00e1is raz\u00f3ns para pensar en unha IA que nos empodere como humanos, que en unha que nos destr\u00faa.<\/p>\n<ul>\n<li><strong>Laura pregunta: Por que decidiches facer este traballo para Amparo<\/strong><\/li>\n<\/ul>\n<p>Ola, Laura. Pois a verdade, cando era da t\u00faa idade a mi\u00f1a idea principal era traballar en investigaci\u00f3n. Cando rematei Bacharelato, como me gustaba a Quimica, elexin Quimicas e especializeime en Enxe\u00f1ar\u00eda Qu\u00edmica, ainda que tam\u00e9n me gustaba a F\u00edsica. Non ti\u00f1a mui claro qu\u00e9<br \/>\nme gustaba m\u00e1is, se a Qu\u00edmica, a F\u00edsica ou as Matem\u00e1ticas. O que s\u00ed e que non me gustar\u00eda traballar a diario en algo demasiado abstracto, e tampouco en temas de rutina. As\u00ed que a investigaci\u00f3n era o meu. Cando rematei a carreira na Facultade hab\u00eda un grupo que traballaba en aplicaci\u00f3ns inform\u00e1ticas ao mundo da medici\u00f1a, en sistemas<br \/>\nexpertos m\u00e9dicos. Gustoume e dende ent\u00f3n, traballo en Intelixencia Artificial, tanto en desenvolvementos te\u00f3ricos (\u00e9 decir, en algoritmos xenerales que te\u00f1an algunha caracter\u00edsticas especial, como respetar a privacidade dos datos, ou aprender online, por exemplo, en calquer campo), como en aplicaci\u00f3n dos algoritmos a distintso campos (sa\u00fade, deportes, enxe\u00f1er\u00eda, sociolox\u00eda, etc)<\/p>\n<ul>\n<li><strong>Antia pregunta: algunha vez che puxeron menos traballo por ser muller?<\/strong><\/li>\n<\/ul>\n<p>Ola, Ant\u00eda. Non, iso non creo que me pasara nunca. Unha vez que demostras que eres capaz de facelo, a xente conf\u00eda en t\u00ed para que o fagas, e o normal \u00e9 que che den m\u00e1is traballo.<\/p>\n<ul>\n<li><strong>Antia pregunta: alguna vez te sentiste discriminada por tus compa\u00f1eros, hombres?<\/strong><\/li>\n<\/ul>\n<p>Ola de novo. Ao principio da mi\u00f1a carreira, cando era nova algunha vez. Hoxe en d\u00eda non. Como dixen, se demostras que eres capaz de facelo, \u00e9 dificil que os comentarios machistas sexan cre\u00edbles, caen polo seu propio peso.7 notas<\/p>\n<ul>\n<li><strong>Mar\u00eda pregunta: crees que a IA ser\u00e1 fundamental para resolver calquer problema futuro?<\/strong><\/li>\n<\/ul>\n<p>Ola, Mar\u00eda. Creo que \u00e9 as\u00ed, a Intelixencia Artificial \u00e9 unha das tecnolox\u00edas que m\u00e1is est\u00e1n influindo no que se chama a Sociedade 4.0. Iso d\u00e9bese a que temos muitos datos en pr\u00e1cticamente calquer proceso no que poidas pensar (polo tema da dixitalizaci\u00f3n e a sensorizaci\u00f3n), e podemos automatizar parte das tarefas que son m\u00e1is rutinarias e pesadas para as persoas. Adem\u00e1is todos estamos conectados a trav\u00e9s de m\u00faltiples aplicaci\u00f3ns en dispositivos m\u00f3biles, estamos inmersos en un inmenso cambio social tam\u00e9n, na que a conectividade \u00e9 imprescindible. Pensa mesmo neste evento, posible grazas a poder conectarnos (ainda que no meu caso, resultou dificil, cousas do directo). Todo iso fai que podamos desenvolver muitas ferramentas que nos poden axudar, e seguramente teremos un futuro no que muitos escenarios ser\u00e1n do tipo colaboraci\u00f3n persoa-m\u00e1quina.<br \/>\nPor exemplo, iso xa ocurre en temas de Medici\u00f1a, como por exemplo, que un radi\u00f3logo\/a pasar\u00eda de erros medios do 6% se traballa s\u00f3, a erros menores do 0,5% se \u00e9 asistido por un sistema intelixente que rastrexa patr\u00f3ns e identifica situaci\u00f3ns (usando datos de muitas radiograf\u00edas a nivel mundial, que unha persoa non pode ter na cabeza). A IA est\u00e1 detr\u00e1s de muitas ferramentas e aplicacions que usamos a diario, e cada vez estar\u00e1 m\u00e1is presente. Por eso \u00e9 tam\u00e9n importante que as rapazas est\u00e9n presentes no mundo TIC e no da Intelixencia Artificial, porque o futuro \u00e9 como queremos que sexa e cousa de todos\/as.Rapazas nas Tic<\/p>\n<ul>\n<li><strong>Isabel de Rauli\u00f1o, Carla, Ant\u00eda preguntan: por qu\u00e9 vos gusta este traballo?<\/strong><\/li>\n<\/ul>\n<p>Porque me permite traballar con xente de diversas \u00e1reas (m\u00e9dicos, sociol\u00f3gos, enxe\u00f1eiros, etc), de diversos pa\u00edses, e non \u00e9 un traballo rutinario, podes elexir qu\u00e9 facer \u00e9 con qu\u00e9n queres facelo. E tam\u00e9n permite estar en contacto sempre con xente nova, que fai os seus proxectos fin de carreira, ou a s\u00faa tese. Iso \u00e9 divertido e mui enriquecedor, porque sempre ves os puntos de vista de distinta xente, e est\u00e1sn en contacto coas formas de pensar dos x\u00f3venes.<\/p>\n<ul>\n<li><strong>Para todas de Carla: Algunha vez se vos pasou pola cabeza deixar o voso traballo???<\/strong><\/li>\n<\/ul>\n<p>A verdade \u00e9 que non, disfuto muito con \u00e9l.<\/p>\n<ul>\n<li><strong>Para todas de Leo: Canto tempo vos levou planificar e executar todo isto?<\/strong><\/li>\n<\/ul>\n<p>Non sei ao que te refires exactamente. No meu caso, cada proxecto ten o seu ritmo e a s\u00faa dificultade, pero \u00e9 unha cuesti\u00f3n de equipo e normalmente todos os proxectos levan anos.<\/p>\n<ul>\n<li><strong>Para todas de Iker: que esperades que pase no futuro?<br \/>\n<\/strong><\/li>\n<\/ul>\n<p>Con respecto a mi\u00f1as profesi\u00f3n, que cada vez sexa m\u00e1is reco\u00f1ecida e valorada socialmente, porque \u00e9 importante. Cada vez poderemos desenvolver mellores ferramentas, que nos permitan ser mellores en diversos campos.<\/p>\n<ul>\n<li><strong>Para todas de Sof\u00eda: Pensabades que por ser mulleres ibades a ser menos importantes que os homes?<\/strong><\/li>\n<\/ul>\n<p>A verdade e que nunca o pensei as\u00ed. Non vexo que por ser muller os meus &#8220;logros&#8221; sexan menos importantes ca os de os homes.<\/p>\n<ul>\n<li><strong>Sofia pregunta: Algunha vez pensastedes que chegar\u00edades tan lonxe?<\/strong><\/li>\n<\/ul>\n<p>Creo que era Confucio o que dec\u00eda &#8220;elixe un traballo que te apasione, e non ter\u00e1s que traballar ning\u00fan d\u00eda da tua vida&#8221;.<br \/>\nO certo e que o meu traballo enc\u00e1ntame, e disfruto muito de \u00e9l, tanto na parte de docencia como na de investigaci\u00f3n. Creo adem\u00e1is no traballo en grupo, como xa dixen na charla, e nese caso, volvo a outro proverbio chino, &#8220;Cami\u00f1a s\u00f3lo e ir\u00e1s m\u00e1is r\u00e1pido, cami\u00f1a acompa\u00f1ado e chegar\u00e1s m\u00e1is lonxe&#8221;.<br \/>\nNon considero que eu chegara lonxe, pero si estou aqu\u00ed, claramente \u00e9 grazas a todas as persoas coas que traballo ou traballei en equipo.<\/p>\n<ul>\n<li><strong>Para todas de Martina: Algunha vez vos dixeron que non o coseguiriais?<\/strong><\/li>\n<\/ul>\n<p>Poucas veces, pero algunha s\u00ed. Eu creo que tes que creer en que o podes conseguir, esforzarte e po\u00f1er todo da t\u00faa parte.<br \/>\nCon iso, sempre se consigue algo, ainda que sexa estar contenta contigo mesma. A veces, ainda que po\u00f1as todo da t\u00faa parte, non pode ser ou non saen as cousas ben.<br \/>\nNon teis que deixarte, esa cousa concreta pode non sair, pero outras aparecer\u00e1n, e se consiguen.Rapazas nas Tic<\/p>\n<ul>\n<li><strong>Elia pregunta: como vos afecta a brecha salarial no campo das TICs?<\/strong><\/li>\n<\/ul>\n<p>Eu traballo na Universidade, na parte acad\u00e9mica non temos diferencias, homes e mulleres temos os mesmos importes de becas ou de salario nas prazas de traballo.<br \/>\nOutra cousa \u00e9 que na parte de responsabilidades, temos menos mulleres dirixindo grupos, ou catedr\u00e1ticas, reitoras, etc. E claro iso repercute na visibilidade do teu traballo, e no salario.<br \/>\nO mundo TIC \u00e9 mui masculino, temos que facer un esforzo entre todas para que eso deixe de ser as\u00ed. Este \u00e9 un campo que ao principio era femenino, as primeiras programadoras eran mulleres.<br \/>\nPero cando este traballo empezou a ter prestixio, os homes entraron no campo, e pouco a pouco as mulleres deix\u00e1molo. \u00c9 algo que se est\u00e1 intentando solucionar, non pode ser que nas TIC se perda a metade do talento,<br \/>\nporque as mulleres non est\u00e1n presentes. E non pode ser que non te\u00f1amos que decir no mundo do futuro, no que claramente os profesionais TIC van a influir.<\/p>\n<p><em>\u00a1Graci\u00f1as Amparo por todas as t\u00faas respostas!<\/em><\/p>\n<table style=\"width: 100%;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"width: 19.8448%;\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"wp-image-1887 size-thumbnail aligncenter\" src=\"https:\/\/e-learning.cesga.es\/ictgogirls\/wp-content\/uploads\/sites\/2\/2020\/04\/Amparo2-150x150.jpg\" alt=\"\" width=\"150\" height=\"150\" srcset=\"https:\/\/e-learning.cesga.es\/ictgogirls\/wp-content\/uploads\/sites\/2\/2020\/04\/Amparo2-150x150.jpg 150w, https:\/\/e-learning.cesga.es\/ictgogirls\/wp-content\/uploads\/sites\/2\/2020\/04\/Amparo2.jpg 200w\" sizes=\"(max-width: 150px) 100vw, 150px\" \/><\/td>\n<td style=\"width: 79.2683%;\"><span class=\"tlid-translation translation\" lang=\"es\"><strong>Amparo Alonso Betanzos<\/strong> es Catedr\u00e1tica de C. Computaci\u00f3n e Inteligencia Artificial de la Facultad de Inform\u00e1tica de la UDC y presideRapazas nas Tic nta de AEPIA (Asociaci\u00f3n Espa\u00f1ola de Inteligencia Artificial). Dirige el grupo LIDIA (Laboratorio de I + D en Intel. Artif.) que ha obtenido reconocimiento y premios internacionales por su trabajo en Inteligencia Artificial aplicada a diferentes \u00e1mbitos.<\/span><\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<h3><span style=\"color: #800080;\">Preguntas para Mar\u00eda Fern\u00e1ndez Hermida<\/span><\/h3>\n<ul>\n<li><strong>De Iv\u00e1n: Mar\u00eda, que software adoitades empregar para o dese\u00f1o dos videoxogos e cal para a programaci\u00f3n?<\/strong><\/li>\n<\/ul>\n<p>Gui\u00f3n:<br \/>\n-Papel y l\u00e1piz \ud83d\ude00<br \/>\n-Office (Word\/Excel)<\/p>\n<p>Ilustraci\u00f3n \/ Dise\u00f1o \/ Interfaz:<br \/>\n-Photoshop<br \/>\n-Papel y l\u00e1piz \ud83d\ude00<\/p>\n<p>Modelado \/ Rigging \/ Animaci\u00f3n:<br \/>\n-Maya<br \/>\n-3D Max<br \/>\n-Blender (gratis!)<\/p>\n<p>Esculpido:<br \/>\n-ZBrush<\/p>\n<p>Texturizado:<br \/>\n-Substance Painter<br \/>\n-Substance Designer<\/p>\n<p>Iluminaci\u00f3n \/ Efectos Especiales \/ Programaci\u00f3n:<br \/>\n-Unreal (lenguaje C++)<br \/>\n-Unity (lenguaje C#)<\/p>\n<p><em>\u00a1Graci\u00f1as Mar\u00eda!<\/em><\/p>\n<table style=\"width: 100%;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"width: 17.7383%;\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"wp-image-1877 size-thumbnail aligncenter\" src=\"https:\/\/e-learning.cesga.es\/ictgogirls\/wp-content\/uploads\/sites\/2\/2020\/04\/Maria-150x150.jpeg\" alt=\"\" width=\"150\" height=\"150\" srcset=\"https:\/\/e-learning.cesga.es\/ictgogirls\/wp-content\/uploads\/sites\/2\/2020\/04\/Maria-150x150.jpeg 150w, https:\/\/e-learning.cesga.es\/ictgogirls\/wp-content\/uploads\/sites\/2\/2020\/04\/Maria.jpeg 200w\" sizes=\"(max-width: 150px) 100vw, 150px\" \/><\/td>\n<td style=\"width: 81.3748%;\"><strong>Mar\u00eda Fern\u00e1ndez Hermida<\/strong> es una artista digital gallega de la industria de los videojuegos. Trabaj\u00f3 en el Estudio Gato Salvaje, trabajando en la creaci\u00f3n de entornos 3D y guiones para juegos. Desde hace 3 a\u00f1os es &#8220;Women in Games Ambasssador&#8221; (embajadora de las mujeres en el videojuego), una organizaci\u00f3n que promueve los videojuegos como una carrera para mujeres, organiza charlas y paneles y apoya a las mujeres en esta industria.<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<h3><span style=\"color: #800080;\">Preguntas para Isabel Exp\u00f3sito P\u00e9rez<\/span><\/h3>\n<ul>\n<li><strong>Isabel de Aldara: que vos inspirou a traballar disto???Para Isabel<\/strong><\/li>\n<\/ul>\n<p>Queri\u0301a traballar nas TIC porque a tecnoloxi\u0301a se pode aplicar en to\u0301dolos campos e permite solucionar problemas que melloran a vida da xente<\/p>\n<ul>\n<li><strong>Isabel de Raulin\u0303o, Carla, Anti\u0301a: por que\u0301 che gusta este traballo.<\/strong><\/li>\n<\/ul>\n<p>Porque me deixa facer una morea de actividades desde traballo de ordenador, a montar cousas a sair fora facer medidas. Sempre hai cousas novas por aprender ou novas aplicacio\u0301n para cousas que xa sabes.<\/p>\n<ul>\n<li><strong>Para Isabel: Alejandro: QUE ESPECIALIDADES HAY DENTRO DO TELECO?<\/strong><\/li>\n<\/ul>\n<p>Hay 4 especialidades<br \/>\no Sistemas de Telecomunicacio\u0301n o Sistemas Electro\u0301nicos<br \/>\no Son e imaxe<br \/>\no Telema\u0301tica<br \/>\nNeste video de medio minuto po\u0301dese ver un pouco de que e\u0301 cada unha: <a href=\"http:\/\/teleco.uvigo.es\/index.php\/es\/estudios\/ettst\/2-uncategorised\/414-video- especialidades\" target=\"_blank\" rel=\"noopener noreferrer\">http:\/\/teleco.uvigo.es\/index.php\/es\/estudios\/ettst\/2-uncategorised\/414-video- especialidades<\/a><\/p>\n<p><strong>Preguntas para todas<\/strong><\/p>\n<ul>\n<li><strong>Sofi\u0301a: Pensabades que por ser mulleres ibades a ser menos importantes que os homes?<\/strong><\/li>\n<\/ul>\n<p>No a\u0301mbito das TICs somos menos en nu\u0301mero pero non por iso debemos pensar que uns son mais importantes ca outros.<\/p>\n<ul>\n<li><strong>Sofia: Algunha vez pensastedes que chegari\u0301ades tan lonxe?<\/strong><\/li>\n<\/ul>\n<p>Facendo o que un quere, estando contento co que se fai, xa se chega ben lonxe.<\/p>\n<ul>\n<li><strong>Martina: Algunha vez vos dixeron que non o coseguiriais?<\/strong><\/li>\n<\/ul>\n<p>Pois pode ser, moitas veces seguramente eu mesma. Pero hai que seguir facendo e<br \/>\npouco a pouco as cousas van sai\u0301ndo.<\/p>\n<ul>\n<li><strong>Elia: como vos afecta a brecha salarial no campo das TICs?<\/strong><\/li>\n<\/ul>\n<p>Ai\u0301nda que e\u0301 certo que existe esa brecha, eu de momento tiven sorte de non tela experimentado, supon\u0303o que polo a\u0301mbito no que traballo.<\/p>\n<ul>\n<li><strong>Carla: Algunha vez se vos pasou pola cabeza deixar o voso traballo???<\/strong><\/li>\n<\/ul>\n<p>Non. Sempre hai algu\u0301n di\u0301a que as cousas non queres sair, e te enfadas, pero despois pasa, asi\u0301 que nunca me deu por pensar niso.<\/p>\n<ul>\n<li><strong>Leo: Canto tempo vos levou planificar e executar todo isto<\/strong><\/li>\n<\/ul>\n<p>Primeiro hay que formarse, estudiar, e despois ver que opcio\u0301ns tes e atopar algo que che guste. Eu queri\u0301a seguir traballando na universidade pero cando acabei a carreira non tiven esa opcio\u0301n. Dous anos despois apareceu a oportunidade e agora xa levo dez anos traballando no laboratorio.<\/p>\n<ul>\n<li><strong>Luci\u0301a: Que e\u0301 o que ma\u0301is vos chama a atencio\u0301n do voso traballo?<\/strong><\/li>\n<\/ul>\n<p>Que sempre estas aprendendo cousas novas, coas que se poden solucionar problemas.<br \/>\nE tame\u0301n ten\u0303o a sorte de traballar<\/p>\n<ul>\n<li><strong>Iker: Que esperades que pase no futuro?<\/strong><\/li>\n<\/ul>\n<p>As TICs vin\u0303eron para quedarse asi\u0301 que cada vez teremos mais tecnoloxi\u0301a que nos axude no noso di\u0301a a di\u0301a, pero ten que haber moitas persoas detra\u0301s traballando con ela para que todo funcione.<\/p>\n<table style=\"width: 100%;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"width: 16.8707%;\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"wp-image-1888 size-thumbnail aligncenter\" src=\"https:\/\/e-learning.cesga.es\/ictgogirls\/wp-content\/uploads\/sites\/2\/2020\/04\/Isabel2-150x150.jpg\" alt=\"Isabel\" width=\"150\" height=\"150\" srcset=\"https:\/\/e-learning.cesga.es\/ictgogirls\/wp-content\/uploads\/sites\/2\/2020\/04\/Isabel2-150x150.jpg 150w, https:\/\/e-learning.cesga.es\/ictgogirls\/wp-content\/uploads\/sites\/2\/2020\/04\/Isabel2.jpg 200w\" sizes=\"(max-width: 150px) 100vw, 150px\" \/><\/td>\n<td style=\"width: 82.43%;\"><strong>Isabel Exp\u00f3sito P\u00e9rez<\/strong>\u00a0es ingeniera en Telecomunicaciones de la Universidad de Vigo, en la especialidad de comunicaciones de radio. Trabaja como t\u00e9cnica del laboratorio Antelia, que pertenece al grupo de investigaci\u00f3n Sistemas Radio, reconocido como grupo de referencia Competitiva por la Xunta de Galicia. El grupo Sistemas Radio es uno de los grupos que conforman el centro AtlantTIC. El Centro AtlantTIC es un centro de referencia a nivel internacional de investigaci\u00f3n en Telecomunicaciones de la Universidad de Vigo.<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p><em>Graci\u00f1as polas t\u00faas respostas, Isabel!\u00a0<\/em><\/p>\n<h3><span style=\"color: #800080;\">Preguntas para Patricia Ma\u00f1ana Borraz\u00e1s<\/span><\/h3>\n<ul>\n<li><strong>Sof\u00eda: Pensabades que por ser mulleres ibades a ser menos importantes que os homes?<\/strong><\/li>\n<\/ul>\n<p>Si, porque dende pequena d\u00e1bame conta de que a min fac\u00edanme menos caso que os nenos&#8230; ou percib\u00eda que o que se dedicaban as mulleres en xeral era menos importante que o que fac\u00edan os homes. Pero iso o que provocou foi que eu non estivera conforme con que se valorara as\u00ed, v\u00eda que o traballo da mi\u00f1a nai, da mi\u00f1a avoa&#8230; era tan importante como o do meu pai, o meu av\u00f3&#8230; pero pola contra o delas estaba desprezado. Ou que eu xogaba ao f\u00fatbol tan ben como calquera ao meu redor, non era a mellor, pero d\u00e1baseme tan ben como a calquera outro&#8230; pero como era nena, quedaba en posici\u00f3ns menos activas ou incluso os nenos non me deixaban xogar. Ou enfad\u00e1banse se lles ga\u00f1abas!!! O que me provocou \u00e9 pensar que eu non me ti\u00f1a que po\u00f1er l\u00edmites e pensar que algo era propio de homes ou mulleres, sobre todo porque as veces o que m\u00e1is me gustaba a min era o que se supo\u00f1\u00edan que ti\u00f1an que facer os homes e non as mulleres. Se che gusta, desfrutas e a\u00ednda por riba, es capaz de facelo ben, loita por elo!<\/p>\n<ul>\n<li><strong>Carla: Algunha vez se vos pasou pola cabeza deixar o voso traballo???<\/strong><\/li>\n<\/ul>\n<p>Si, porque a situaci\u00f3n de precariedade tanto na investigaci\u00f3n como na arqueolox\u00eda son moi altas e moi continuas. \u00c9 moi complicado chegar a unha estabilidade antes dos 30-40 anos, e \u00e9 moi habitual que non se chegue incluso por moito que te vaias facendo maior ou adquirindo experiencia. Isto fai que te\u00f1as que reinventarte continuamente, buscar novas sa\u00eddas ou negocios, e que moita xente ao final abandone.<\/p>\n<ul>\n<li><strong>Antia: cando empezaches a ter intriga por ser arqueologa?\u00a0<\/strong><\/li>\n<\/ul>\n<p>Cando estaba na escola, m\u00e1is ou menos aos 11-12 anos. Foi grazas a que no cole fixemos un traballo sobre os castros, aproveitando que ti\u00f1amos un ao lado, o castro de Elvi\u00f1a na Coru\u00f1a. Grazas a este castro, eu acabei descubrindo que na mi\u00f1a aldea en Carballo tam\u00e9n hab\u00eda un castro, ese monte no que eu xogaba, e que esa monta\u00f1a tan alta era en realidade a muralla do castro. Ese descubrimento foi moi emocionante e quedoume gravado.<\/p>\n<ul>\n<li><strong>Sof\u00eda: Seria o mesmo facer arqueoloxia sen a axuda da tecnoloxia?\u00a0<\/strong><\/li>\n<\/ul>\n<p>Non ser\u00eda o mesmo, pero ser\u00eda posible. A tecnolox\u00eda \u00e9 unha axuda fundamental na arqueolox\u00eda para facer as cousas m\u00e1is r\u00e1pido, m\u00e1is preciso, con m\u00e1is detalle, para sacarlle m\u00e1is partido ao noso traballo&#8230; pero o importante \u00e9 usala con sentido e non porque si. \u00c9 importante reflexionar sobre para que a queremos usar, que partido lle imos sacar, que non queda cuberto pola tecnolox\u00eda e que m\u00e1is precisamos&#8230; para as\u00ed tam\u00e9n desenvolver novas tecnolox\u00edas, aproveitar o que se desenvolve noutros \u00e1mbitos cient\u00edficos e tecnol\u00f3xicos.<\/p>\n<ul>\n<li><strong>Diego: que e o que mais che gusta da arquelox\u00eda?<\/strong><\/li>\n<\/ul>\n<p>Co que m\u00e1is desfruto \u00e9 co traballo en campo cos compa\u00f1eiros, prospectando para atopar os xacementos, escavando un xacemento&#8230; Tam\u00e9n lendo o que fan outros, e descubrir os resultados de colegas por todo o mundo, que axudan a avanzar no traballo que unha pode desenvolver, aprender doutras experiencias, co\u00f1ecer outros sitios arqueol\u00f3xicos que poden ser moi distintos do que podemos estar escavando aqu\u00ed en Galicia.<\/p>\n<ul>\n<li><strong>Iker: Cal foi o f\u00f3sil m\u00e1is antigo que atopaches?<\/strong><\/li>\n<\/ul>\n<p>Pois creo que non atopei ning\u00fan f\u00f3sil, porque a arqueolox\u00eda non traballa con f\u00f3siles se non con restos da actividade humana. Os f\u00f3siles esc\u00e1vannos os paleont\u00f3logos, que te\u00f1en que estudar xeolox\u00eda, biolox\u00eda e as\u00ed investigar sobre as plantas e animais moi antigos, de moito antes de que o ser humano empezara a andar sobre a terra.<\/p>\n<ul>\n<li><strong>Alejandro, Mar\u00eda: Cal foi o descubrimento m\u00e1is importante que atopaches?\u00a0<\/strong><\/li>\n<\/ul>\n<p>Non te\u00f1o claro cal pode ser, porque as veces un descubrimento \u00e9 importante para ti, ou para un grupo de especialistas e para outros non. Dos traballos que fixen ultimamente, creo que foi realmente importante toda a intervenci\u00f3n que fixemos no illote do Guidoiro Areoso, na Illa de Arousa, onde escavamos unha m\u00e1moa de fai uns 6.000 anos e outros restos da prehistoria. Unha das cousas moi importantes que atopamos na escavaci\u00f3n da m\u00e1moa, que \u00e9 unha tumba do neol\u00edtico, foi un pequeno cacharro e mais varias ferramentas colocadas na c\u00e1mara onde se enterraban os mortos, sen moverse desde que se colocaron nesta posici\u00f3n, foi moi emocionante para min e para todo e equipo que levamos a cabo esta escavaci\u00f3n fai un par de anos. Aqu\u00ed o contamos daquelas\u00a0<a href=\"https:\/\/guidoirodixital.wordpress.com\/2017\/12\/04\/o-material-arqueoloxico-da-m-4-do-areoso\/\">https:\/\/guidoirodixital.wordpress.com\/2017\/12\/04\/o-material-arqueoloxico-da-m-4-do-areoso\/<\/a>\u00a0Pero quiz\u00e1s o moi importante porque non existe outro igual en Galicia \u00e9 achado dunha mand\u00edbula humana que est\u00e1 datada na Idade de Ferro, na \u00e9poca dos castros, como contamos aqu\u00ed\u00a0<a href=\"https:\/\/guidoirodixital.wordpress.com\/2018\/03\/23\/pero-que-fai-un-esqueleto-da-idade-do-ferro-no-areoso\/\">https:\/\/guidoirodixital.wordpress.com\/2018\/03\/23\/pero-que-fai-un-esqueleto-da-idade-do-ferro-no-areoso\/<\/a>\u00a0no blog onde durante toda a intervenci\u00f3n da M\u00e1moa 4 fomos contando as novidades e avances do proxecto:\u00a0<a href=\"https:\/\/guidoirodixital.wordpress.com\/category\/mamoa-4\/\">https:\/\/guidoirodixital.wordpress.com\/category\/mamoa-4\/<\/a><\/p>\n<ul>\n<li><strong>Carla: Para Patricia, cal foi a peza m\u00e1is grande que atopastedes?<\/strong><\/li>\n<\/ul>\n<p>Pois non te\u00f1o unha memoria moi clara de unha peza moi grande, a verdade. As m\u00e1is complicadas de atopar son as pequenas\u00a0 como as abaloiras dun colar de fai 6.000 anos que podes chegar a atopar nas m\u00e1moas&#8230; ou sementes&#8230; Grandes, por exemplo son as pezas dunha construci\u00f3n, que son moi rechamantes cando est\u00e1n decoradas. Ou grandes xacementos&#8230; que son tan grandes como cidades ou monta\u00f1as que ata son dif\u00edciles de distinguir polo seu grande tama\u00f1o, e a\u00ed temos que apoialo coas novas tecnolox\u00edas para velo dende unha perspectiva m\u00e1is alonxada e poder aprecialo.<\/p>\n<ul>\n<li><strong>Leo: Cal foi o descubrimento da tecnolox\u00eda e da arqueolox\u00eda mais importante non para ti,senon para o mundo<\/strong><\/li>\n<\/ul>\n<p>Outra pregunta moi dif\u00edcil. Vou a destacar unha tecnolox\u00eda que est\u00e1 a revolucionar a arqueolox\u00eda, porque permite identificar dende o aire sitios arqueol\u00f3xicos novos. \u00c9 o LiDAR, como fan neste proxecto galego ROMAN ARMY\u00a0<a href=\"http:\/\/romanarmy.eu\/gl\/\">http:\/\/romanarmy.eu\/gl\/<\/a>\u00a0no que grazas a esta tecnolox\u00eda, est\u00e1n a descubrir moitos campamentos de cando os romanos conquistaron o noroeste da pen\u00ednsula ib\u00e9rica e pasou a chamarse esta zona a Gallaecia. Tendes aqu\u00ed un v\u00eddeo no que Joao Fonte explica precisamente o traballo c\u00f3 LiDAR.<\/p>\n<ul>\n<li><strong>Dar\u00edo: Cal foi a excavaci\u00f3n m\u00e1is impotante na que participaches?<\/strong><\/li>\n<\/ul>\n<p>Pode ser quiz\u00e1is esta \u00faltima escavaci\u00f3n que realizamos no illote do Guidoiro Areoso, que podes co\u00f1ecer m\u00e1is neste blog:\u00a0\u00a0<a href=\"https:\/\/guidoirodixital.wordpress.com\/category\/mamoa-4\/\">https:\/\/guidoirodixital.wordpress.com\/category\/mamoa-4\/<\/a><\/p>\n<p>Participei en moitas escavaci\u00f3ns, \u00e9 complicado clasificar a importancia de xeito tan absoluto, por iso escollo a \u00faltima, que foi moi destacada e creo que ofreceu resultados moi interesantes.<\/p>\n<ul>\n<li><strong>Bos d\u00edas, ch\u00e1mome Laura, son alumna de 1\u00ba de Bacharelato do IES Bri\u00f3n. Para Patricia: Como conseguides sacar o obxecto sen que se defaga?<\/strong><\/li>\n<\/ul>\n<p>As veces atopamos restos moi fr\u00e1xiles e temos que ir movendo a terra con coidado para non romper a peza ou obxecto. Pero as veces esto non \u00e9 suficiente, e os arque\u00f3logos precisamos de outros especialistas, as conservadoras &#8211; restauradoras que son especialistas en precisamente facer esta retirada con coidado e evitando no posible toda alteraci\u00f3n. Deste traballo tan importante falamos neste post da intervenci\u00f3n na m\u00e1moa 4 de Guidoiro Areoso, onde sen o traballo da nosa restauradora ser\u00eda imposible ter rescatado cacharros, cunchas, metais&#8230; do mellor xeito posible e evitando que se estragaran no proceso de escavaci\u00f3n ou despois na s\u00faa limpeza e acondicionamento para que non se estraguen unha vez gardadas as pezas\u00a0<a href=\"https:\/\/guidoirodixital.wordpress.com\/2017\/12\/04\/o-material-arqueoloxico-da-m-4-do-areoso\/\">https:\/\/guidoirodixital.wordpress.com\/2017\/12\/04\/o-material-arqueoloxico-da-m-4-do-areoso\/<\/a><\/p>\n<ul>\n<li><strong>Iker: Por que se meten ah\u00ed as momias (nos sarc\u00f3fagos)?<\/strong><\/li>\n<\/ul>\n<p>Os sarc\u00f3fagos son os ata\u00fades da \u00e9poca do Exipto dos fara\u00f3ns, ou sexa, a caixa onde se enterraban os corpos despois de todo un tratamento moi avanzando para que o corpo non se corrompera e chegara o m\u00e1is enteiro posible a vida na que cr\u00edan que exist\u00eda despois da morte. Normalmente est\u00e1n moi decoradas, coa imaxe da persoa que est\u00e1 enterrada no seu interior, con textos escritos para asegurar que todo vaia ben no seu tr\u00e1nsito dende a morte ao mundo do m\u00e1is al\u00e1&#8230;<\/p>\n<ul>\n<li><strong>Carla: Cal foi o \u00faltimo resto que atopaches??<\/strong><\/li>\n<\/ul>\n<p>Volvo a falar do proxecto do Illote de Guidoiro, no que traballamos fai un par de anos un equipo moi grande de arque\u00f3logos, restauradoras, xe\u00f3grafos, bi\u00f3logos, xe\u00f3logos, f\u00edsicos,&#8230; que entre todos imos obtendo ainda agora nova informaci\u00f3n dos restos que rescatamos fai xa dous anos como contamos aqu\u00ed\u00a0<a href=\"https:\/\/guidoirodixital.wordpress.com\/category\/mamoa-4\/\">https:\/\/guidoirodixital.wordpress.com\/category\/mamoa-4\/<\/a>\u00a0pero c\u00f3s que a\u00ednda seguimos traballando con eles. Por exemplo, escavando no laboratorio os posibles restos de \u00f3sos que atopamos no interior da c\u00e1mara no laboratorio de biolox\u00eda da Universidade de Santiago de Compostela, cun equipo de especialistas en \u00f3sos humanos, atopamos neses bloques evidencias de pequenos ni\u00f1os de avespas, pero eran avespas prehist\u00f3ricas! algo totalmente inesperados e que coa axuda de especialistas, p\u00f3dennos axudar a reconstru\u00edr como era a vexetaci\u00f3n do entorno, a fauna,&#8230; e as\u00ed reconstru\u00edr mellor a vida na prehistoria.<\/p>\n<ul>\n<li><strong>Iker: Onde \u00e9 o sitio onde se atopaban m\u00e1is obxectos antigos ou f\u00f3siles (no pa\u00eds)?<\/strong><\/li>\n<\/ul>\n<p>Non \u00e9 unha pregunta moi sinxela en canto \u00e1 arqueolox\u00eda, onde traballamos cos restos da actividade humana. E se preguntas polos restos m\u00e1is antigos que se relacionan coa humanidade, debemos ir a \u00c1frica, onde se atopan os restos m\u00e1is antigos dos ancestros dos seres humanos. Por exemplo, unhas investigaci\u00f3ns sit\u00faan aos primeiros HOMO SAPIENS, a nosa especie, fai uns 200.000 anos en Botsuana, pero fai pouco atop\u00e1ronse outros restos en Marruecos algo mais antigos, fai uns 315.000 anos. Pero podemos ir m\u00e1is atr\u00e1s se rastrexamos as especies previas \u00e1 nosa: un caso moi famoso e moi destacado son os restos dun hom\u00ednido moi antigo (Australopithecus afarensis, de 3,2 a 3,5 mill\u00f3ns de a\u00f1os de antig\u00fcedad) que se lle chamou Lucy e que foron atopados en Etiop\u00eda; a esta especie xa se lle asocia o uso de ferramentas, que \u00e9 algo que nos pode distinguir de outro tipo de animais e facernos mais humanos. Pero tam\u00e9n hai outras investigaci\u00f3ns que din que realmente nos fai humanos \u00e9 que nos axudamos entre n\u00f3s e non s\u00f3 o uso de ferramentas, porque por exemplo hai monos e simios e monos actuais que usan ferramentas. Que significa isto dos coidados? \u00e9 que se, por exemplo, un enferma ou rompe unha perna, o resto do grupo coidao e non o deixa abandonado e morrer. As\u00ed atop\u00e1ronse en Atapuerca alg\u00fan f\u00f3sil de persoas que ti\u00f1an problemas f\u00edsicos (\u00f3sos deformados, por exemplo) pero que viviron moitos anos fai uns 450.000 anos&#8230; ou en Georgia, un home que chegou a moi maior sen dentes e viviu fai 1,8 mill\u00f3ns de anos. Ou sexa, non \u00e9 f\u00e1cil de responder porque en arqueolox\u00eda, cada vez que chegamos a unha resposta, temos moitas m\u00e1is preguntas para responder, e as\u00ed imos avanzando e afinando os co\u00f1ecementos. Sempre aparecen novas pistas&#8230;<\/p>\n<ul>\n<li><strong>Sof\u00eda: A cantos pa\u00edses viaxaches para buscar restos arqueol\u00f3xicos?<\/strong><\/li>\n<\/ul>\n<p>A todos os que puiden grazas ao equipo de investigaci\u00f3n no que traballaba que ti\u00f1a proxectos por moitos sitios. Primeiro serviume para co\u00f1ecer Galicia por moitos recunchos, que quizais sen este traballo era moi dif\u00edcil chegar a estar neles; despois grazas a traballo puiden traballar bastante tempo en Portugal, Uruguai e Chile, que seguramente \u00e9 o pa\u00eds m\u00e1is lonxano de Galicia no que estiven traballando, en concreto no norte de Chile, no deserto de Atacama.<\/p>\n<ul>\n<li><strong>Sanela: cantos anos ti\u00f1as cando empezaches de arqueologa?<\/strong><\/li>\n<\/ul>\n<p>Cando estaba facendo a carreira de historia, desde os 18-19 anos, participaba nos ver\u00e1ns cando non hab\u00eda clases en escavaci\u00f3ns arqueol\u00f3xica como estudante en pr\u00e1cticas. Neses ver\u00e1ns empecei a experimentar o traballo de campo de arqueolox\u00eda. Unha vez que me graduei na universidade, cuns 22-23 anos empecei a facer pr\u00e1cticas nun laboratorio de arqueolox\u00eda da Universidade de Santiago de Compostela&#8230; Quiz\u00e1s nese momento \u00e9 cando xa podo empezar a pensar que empecei de arque\u00f3loga, cando xa acabei a carreira empecei a a traballar ainda que fora en pr\u00e1cticas, primerido dende a base, cos traballos m\u00e1is simples que se foron facendo m\u00e1is completos e co tempo, fun collendo cada vez m\u00e1is responsabilidade ou sendo parte de equipos m\u00e1is especializados. \u00c9 habitual en arqueolox\u00eda, cando xa tes unha experiencia, que as veces toque ser xefa, e outras ser parte do equipo e estar ao que mande a xefa.<br \/>\n1. Laura: Para Patricia: en donde empezaches a estudar<\/p>\n<p>Para ser arque\u00f3loga estudei a Licenciatura de Historia na Universidade de Santiago de Compostela; logo fixen os cursos de doctorado en arqueolox\u00eda e historia antiga na mesma universidade.<\/p>\n<table style=\"width: 100%;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"width: 16.8707%;\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"alignright size-thumbnail wp-image-1886\" src=\"https:\/\/e-learning.cesga.es\/ictgogirls\/wp-content\/uploads\/sites\/2\/2020\/04\/Patricia2-150x150.jpg\" alt=\"Patricia\" width=\"150\" height=\"150\" srcset=\"https:\/\/e-learning.cesga.es\/ictgogirls\/wp-content\/uploads\/sites\/2\/2020\/04\/Patricia2-150x150.jpg 150w, https:\/\/e-learning.cesga.es\/ictgogirls\/wp-content\/uploads\/sites\/2\/2020\/04\/Patricia2.jpg 200w\" sizes=\"(max-width: 150px) 100vw, 150px\" \/><\/td>\n<td style=\"width: 82.43%;\"><strong>Patricia Ma\u00f1ana Borraz\u00e1s<\/strong>\u00a0es arque\u00f3loga, coordinadora del proyecto DIMENSO y profesora de cursos sobre Tecnolog\u00edas Digitales de Documentaci\u00f3n Geom\u00e9trica y Representaci\u00f3n del Patrimonio en el CSIC. Tiene m\u00e1s de 20 a\u00f1os de experiencia en excavaciones arqueol\u00f3gicas, en las cuales ha estado aplicando durante 10 a\u00f1os nuevas tecnolog\u00edas aplicadas a la documentaci\u00f3n patrimonial, como fotogrametr\u00eda y esc\u00e1neres de m\u00faltiples tipos, 3D, estaciones totales, GPS, esc\u00e1ner de luz estructurada, l\u00e1ser de corto alcance y terrestre, etc.<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p><em>Graci\u00f1as polas t\u00faas respostas, Patricia!<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A charla da pasada xornada das Rapazas nas Tic deixonos moitas preguntas dos e das participantes que non puideron ser respostadas en vivo por mor da falta de tempo. As po\u00f1entes tiveron a amabilidade de respostar estas preguntas e enviarnolas para vos. A continuaci\u00f3n deix\u00e1mosvos a listaxe de todas estas respostas. Preguntas para Amparo Alonso Betanzos Leo pregunta: Poder\u00edas explicar [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":5,"featured_media":0,"parent":0,"menu_order":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","template":"","meta":{"_mi_skip_tracking":false},"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/e-learning.cesga.es\/ictgogirls\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/1919"}],"collection":[{"href":"https:\/\/e-learning.cesga.es\/ictgogirls\/wp-json\/wp\/v2\/pages"}],"about":[{"href":"https:\/\/e-learning.cesga.es\/ictgogirls\/wp-json\/wp\/v2\/types\/page"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/e-learning.cesga.es\/ictgogirls\/wp-json\/wp\/v2\/users\/5"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/e-learning.cesga.es\/ictgogirls\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1919"}],"version-history":[{"count":23,"href":"https:\/\/e-learning.cesga.es\/ictgogirls\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/1919\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":2915,"href":"https:\/\/e-learning.cesga.es\/ictgogirls\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/1919\/revisions\/2915"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/e-learning.cesga.es\/ictgogirls\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1919"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}