Recursos Día das Rapazas nas TIC

Nesta páxina reunimos algúns dos materiais e recursos que utilizamos nos nosos talleres do CESGA para traballar coas tecnoloxías de forma divertida e diversa. ¡Esperamos que vos gusten!

Se tendes dúbidas ou comentarios, enviádenos un correo a e-learning@cesga.es

Taller pixel art/perlas de plástico

Para este taller utilizamos un programa que nos permite crear os nosos diseños con píxeles (debuxo en 8 bits, como os ordenadores antiguos). É éste: Deseñador pixel art/hama beads

Podemos comezar a debuxar directamente, ou cargar unha imaxe para que a “converta” a debuxo en píxeles. Aquí tes unhas imaxes de exemplo se queres probar a facelo. Unha vez teñamos o noso debuxo, podemos imprimilo, descargalo, etc.

¡Agora chega a parte analóxica! Utilizaremos unhas pezas que se venden en moitas papelerías, tendas de xoguetes, etc. Se coñecen

como perlas de plástico, perlas de planchar, perler, hama beads… Aquí tendes, por exemplo, a tabla de cores oficial de Hama Beads.

Estas pieciñas de cores as colocamos nunha plantilla de plástico con pinchiños de acordo ao diseño que fixemos. Unha vez terminado o diseño, só nos queda poñer un papel de forno enriba da nosa figura, e pasarlle a prancha (¡ollo, peques facédeo coa axuda dun/dunha adult@!). E listo ¡xa temos o noso estupendo diseño pixel-art en plástico resistente!

Taller booktrailers

Un BookTrailer é un vídeo no que contamos ou resumimos o tema principal dun libro que nos gustou moito, ¡pero sen contar cómo acaba!

Neste taller, veremos qué elementos necesitaremos para elaborar o noso BookTrailer. No noso caso faremos un BookTrailer sobre o libro “Star Wars – Vehículos”, grabando e protagonizando as secuencias de vídeo ante un “chroma key” ou fondo verde.

Despois, veremos cómo facer a montaxe final empregando a aplicación gratuita Filmora, que nos permitirá engadir moitos efectos para facer que o noso BookTrailer teña unha apariencia prácticamente profesional.

A continuación deixámosvos un documento con todos os datos sobre o taller, no que ademáis poderéis atopar os enlaces aos tutoriais de creación que fixemos.

Por último animámosvos a participar no Concurso creación de BookTrailers do CPI O Cruce.

Taller Scratch

Scratch é unha linguaxe de programación moi sencillo para que todos poidamos comezar a crear as nosas animacións, xogos, música…¡o que se te ocurra!

O programa podes instalalo nun ordenador ou tablet, ou incluso usalo dende cualqueira navegador web. No seu sitio web oficial podemos atopar diferentes contribucións da comunidade, que poderemos probar en vivo dende la propia páxina.

Aquí tes unhas fichas de actividades moi divertidas e fáciles para comezar. Podes descargalas e imprimilas.

Taller robótica

Neste taller ensinaremosvos as posibilidades da robótica a través duns sencillos robots que creamos no noso departamento.

Estos robots son capaces de seguir líneas no chan de forma autónoma, e evitar obstáculos que atopen no camiño. Ademáis, se poden controlar a través dunha app para móviles android.

Podedes fácilmente construir estos robots nas vosas casas seguindo os manuais e indicacións que poderedes atopar a continuación.

As pezas necesarias para construir estos robots foron impresas na nosa impresora 3D e pódense atopar para a súa descarga no seguinte enlace:
http://www.thingiverse.com/thing:1011890

A electrónica, basada nun microcontrolador Arduino, é moi simple. No seguinte esquema ensinámoste como podes ensamblar todos os compoñentes.

[Esquema proximamente]

Visita Finisterrae II

Visita virtual ao CESGA

Ficha sobre o CESGA para nen@s